Simboloxía do franquismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Escudo de España durante o franquismo, que incorpora a cartela co lema «Unha Grande Libre», xunto con outros motivos heráldicos que engaden aos do escudo tradicional de España (armas de Castela, León, Aragón, Navarra e Granada, e as Columnas de Hércules coa cartela Plus ultra) outros tomados do escudo dos Reis Católicos: a aguia de San Xoán e o xugo e as frechas que tamén adoptou a Falanxe.

A simboloxía do franquismo é o conxunto de símbolos que se utilizaron como referente icónico para identificar visualmente o réxime franquista e as persoas e institucións que se identificaban con el, e marcar a apropiación simbólica de lugares emblemáticos, moitos deles utilizados como espazos da memoria. Utilizouse masivamente, seguindo as técnicas modernas de propaganda para conseguir unha presenza abafadora en todos os ámbitos públicos e privados: bandeiras, escudos, efixies, monumentos, selos, medallas, insignias, uniformes e distintivos de todas as clases. Incluso os asentos dos transportes públicos eran obxecto de apropiación simbólica para perpetuar o recordo da Gloriosa Cruzada: un cartel que indicaba Reservado para caballeros mutilados ("Reservado para cabaleiros mutilados").[1][2]

A ausencia de lexitimidade democrática do réxime de Franco impulsou a procura de lexitimidades alternativas de corte carismático, en consonancia co fascismo italiano ou o nazismo alemán. A ausencia de crítica interna, coa prohibición da oposición e coa xestión por parte de Franco dos contrapesos entre as distintas familias do réxime, produciu desde moi cedo un verdadeiro culto á personalidade do Caudillo.[3]

O aparato simbólico do franquismo orixinouse durante a guerra civil (1936-1939), tras a súa "exaltación" á xefatura do Estado, adoptando en boa medida a desenvolvida nos anos anteriores pola Falange Española de las JONS, á que se sumou a dos tradicionalistas ou carlistas, e a propia do Exército, sobre todo dalgúns corpos particularmente vinculados a Franco, como a Lexión. De feito, o partido único creado pola fusión de falanxistas e tradicionalistas, a Falanxe Española Tradicionalista e das Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (FET y de las JONS), máis coñecida como Movemento Nacional, foi dotado cun uniforme que sumaba á camisa azul falanxista, a boina vermella carlista e as correaxes militares (que xa se utilizaban con anterioridade, marcando o carácter paramilitar da Falanxe) e que tamén incluía unha gravata negra como loito por José Antonio.[4] Este uniforme continuou utilizándose durante todo o período da ditadura de Franco.[5]

A pesar da retirada dalgúns destes símbolos nos primeiros anos da Transición, como os grandes emblemas de xugo e frechas da emblemática Casa Sindical (torre de ladrillos construída en estilo racionalista fronte ao Museo do Prado) e da sede central do Movemento na rúa de Alcalá de Madrid[6] ou a recuperación ou cambio do nome de rúas (por exemplo, en Madrid a avenida de José Antonio converteuse na Gran Vía e a avenida do Xeneralísimo no Paseo de la Castellana), moitos dos símbolos permaneceron, e en parte a simboloxía franquista segue presente hoxe en día.[7] A Lei da memoria histórica, aprobada polo Congreso dos Deputados o 31 de outubro de 2007, estableceu a retirada destes símbolos, obrigando a facelo ás institucións públicas, e privando de axudas públicas ás institucións privadas que non as retiren. Foi obxecto de particular redacción o referente aos símbolos que poidan afectar á Igrexa católica, introducíndose unha salvagarda por razóns relixiosas, xunto á que exceptúa os monumentos con valor artístico.[8]

Heráldica e símbolos[editar | editar a fonte]

Bandeira[editar | editar a fonte]

Billete do bando nacional con data de outubro de 1937 que mostra o escudo do reinado de Afonso XIII.

Durante o golpe de estado de xullo de 1936, a maioría das forzas militares sublevadas usaron a bandeira da República co escudo de armas vixente, é dicir, a bandeira «tricolor» co escudo da coroa mural, que eran os aprobados pola Constitución española de 1931. Con todo, dentro da heteroxeneidade de familias políticas do bando sublevado, os tradicionalistas e requetés en Navarra demandaron ir ás frontes con bandeiras «vermellas e amarelas» ou ben, con brancas nas que bordaban aspas vermellas, chamadas de Borgoña ou de Santo André, incluíndo unha diversidade de emblemas entre os que había unha mestura de simboloxía monárquica e relixiosa, esta última particularmente dirixida cara ao culto do Sagrado Corazón.[9][10]

O goberno da Xunta de Defensa Nacional resolveu esta situación en canto ao capítulo de bandeiras, mediante o Decreto de 29 de agosto de 1936, asinado polo xeneral Miguel Cabanellas Ferrer, que restablecía a bandeira vermella e amarela. Curiosamente, non se fixo referencia nin ás dimensións nin ao escudo, de maneira que as forzas sublevadas empregaron multitude de escudos distintos.[11] Para resolver esta situación, a Xunta completou o Decreto coa Orde de 13 de setembro de 1936, asinada polo coronel Federico Montaner, pola que se establecía que as formas e dimensións das bandeiras das unidades do Exército fosen as mesmas de antes da proclamación da República e que o escudo fose o republicano. Finalmente, e tras considerar as pretensións da entón influente Falanxe, foi descrito formalmente un novo deseño para o escudo, regulado polo Decreto nº 470 de 2 de febreiro de 1938 asinado polo xeneral Franco.[9][10]

Escudo[editar | editar a fonte]

Versión abreviada do escudo franquista.

O escudo entón representativo do bando sublevado e da súa ideoloxía, popularizado como o «escudo da aguia», foi imposto ao termo do conflito como escudo nacional de España. Por expresa vontade do goberno franquista, o deseño do escudo supuxo unha novidade con respecto á tradicional configuración para o escudo nacional desde 1868, momento a partir do cal, as armas de España como Estado deixaron estar asociadas ás da dinastía reinante, sen prexuízo de empregar os elementos básicos desta como era o cuartelado cos brasóns de Castela, León, Aragón e Navarra e «entado» en punta co de Granada, coa inclusión doutros elementos heráldicos históricos aos que se conferiu unha distinta simboloxía, segundo o propio Decreto de promulgación:[12]

O feixe e o xugo dos Reis Católicos, cuxa adopción como distintivo constitúe un dos grande acertos da nosa Falanxe, debe figurar nas armas oficiais para indicar cal ha ser a tónica do Novo Estado. A aguia que nel figura non é a do Imperio xermánico, á fin exótico en España, senón a do evanxelista San Xoán, que, ao acubillar as súas ás as armas españolas, simboliza a adhesión do noso Imperio á verdade católica, defendida tantas veces co sangue de España; nel figuran adeamis o feixe das frechas e o xugo, entón, como agora, emblemas de unidade e disciplina.[13]

A aguia presente no escudo franquista non é un símbolo orixinal do réxime, senón que era xa utilizado nas armas dos Reis Católicos. Esta era a aguia de san Xoán que Isabel a Católica incorporara como soporte ao escudo pola devoción ao evanxelista coa que a soberana engadiu a lema sub umbra alarum tuarum protexe nos («protéxenos baixo a sombra das túas ás»).[14] Utilizouse unha heráldica semellante á empregada polos Reis Católicos, substituíndo as armas de Aragón-Sicilia polas de Navarra e o lema Tanto monta por Unha, Grande e Libre. Engadíronse ademais as Columnas de Hércules, colocáronse as frechas cara arriba e unha aureola á aguia. O escudo mantívose non só durante o período do réxime franquista propiamente, senón tamén durante o período da Transición democrática até 1981, tras algúns lixeiros retoques técnicos aprobados en 1945 e certas modificacións de valor simbólico en 1977.[15][16]

Empregouse tamén un modelo de escudo chamado «abreviado». Tratábase dunha versión simplificada do escudo de armas oficialmente aprobado en 1938 para facilitar as impresións con fins burocráticos, converténdose pola súa difusión en selos, billetes de lotaría, documentos de identidade e ornamentación arquitectónica, nunha das versións máis popularizadas do chamado «escudo da Aguia».[17]

O xugo, as frechas e o nó gordiano[editar | editar a fonte]

Escudo de armas dos Reis Católicos a partir de 1492, coa Aguia de San Juan, o Xugo, o Feixe de frechas e o nó gordiano.

Orixe[editar | editar a fonte]

Emblemas dos Reis Católicos na fachada da igrexa de Santiago, de Losar de la Vera (Cáceres), c. 1500.

Na tradición heráldica española, o xugo, o feixe de frechas e o nó gordiano foron elementos que, xunto co ramo de granadas e o lema Tanto Monta conformaban a divisa persoal propia máis difundida dos Reis Católicos, tal e como foi plasmada no cancionero de Pedro Marcuello.[18][19] Esta divisa foi incorporada á combinación das armas familiares de ambos os esposos a partir de 1475, segundo se pactou nas capitulacións da chamada Concordia de Segovia e da cal unha representación gráfica do escudo que identificaría a reunión dos dous reinos máis importantes da península, é a imaxe do escudo máis antiga conservada.[18][20] A significación da divisa era por entón de carácter galante, formando un xogo mutuo simbólico fundado nas iniciais dos nomes de ambos os esposos, seguindo un costume da época pola que cada cónxuxe empregaba as iniciais do seu correspondente na firma de documentos. Así foi declarado polos propios reis na pragmática expedida no ano 1497, para levar a cabo a súa reforma monetaria onde pretendían unificar o sistema monetario ademais de regular o funcionamento das casas de moeda e moedeiros. Nas moedas introduciron o xugo, o feixe e o nó gordiano.[12][14][21]

O emblema foi atribuído no seu conxunto erroneamente a Antonio de Nebrija, a quen segundo Menéndez Pidal só lle corresponde a creación do lema Tanto Monta, a súa interpretación foi obxecto de diversas conxecturas por distintos autores moitos dos cales se refiren a explicacións fantásticas ou lendas. Contouse que o xugo fora proposto por Nebrija a Fernando como emblema da súa esposa Ysabel, que anteriormente lle pedira que o emblema comezase por Y; o humanista proporíalle o xugo porque era o obxecto ao que estaba atada unha corda co «nó gordiano», un nó que era imposible de desatar menos para quen estivese destinado a ser o conquistador do mundo. Alexandre Magno sacara a súa espada e cortárao exclamando «Tanto monta» ("Dá o mesmo"), para que o rei tomase a acción directa para facer valer a súa posición.[22] Porén, o nó gordiano era unha divisa propia do rei, con arraigamento na coroa de Aragón, e que se dispuña perpendicularmente ao xugo, como así aparece no cancionero de Marcuello ou nos armazóns do Palacio da Aljafería de Zaragoza, pero que en Castela causou confusión e foi asociado coas corneiras do xugo. As frechas pola súa banda foron representadas nun número variable, pero sempre apuntando cara abaixo. Co tempo esta divisa propia dos Reis Católicos como esposos difundiuse a outras composicións heráldicas, sendo adoptada nalgunha das súas variantes como parte dos emblemas de vilas e cidades como Ronda, Marbella ou Málaga, e do estado de Porto Rico.[23]

Emblema da Falanxe[editar | editar a fonte]

Bandeira de FE-JONS (durante o franquismo, FET-JONS), co xugo e o feixe de frechas. A cor negra fai referencia á pólvora e o vermello ao sangue.

A adopción deste símbolo produciuse por mor dunha explicación dun profesor da Universidade de Granada, Fernando de los Ríos, de inclinacións socialistas, que nunha clase de Dereito Político instruíndo sobre o Estado Fascista e os seus símbolos, fixo un apuntamento no encerado cun ramallete de frechas entroncadas cun xugo, indicando que ese sería o símbolo do fascismo se nacera ou xurdira en España. Un alumno asistente a esa clase, Juan Aparicio López, foi o que insinuou a adopción deste símbolo para as Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (JONS) de Onésimo Redondo e Ramiro Ledesma. Tamén propuxo a bandeira vermella e negra e o lema «España, unha, grande e libre».[24]

Emblema en vivendas de protección oficial construídas durante o réxime de Franco (Madrid, 2007). O partido único utilizaba a maquinaria sindical do Movemento Nacional, e con ela a da FET-JONS, para tentar levar a cabo medidas nacionalsindicalistas, aínda que estas sempre eran moi tímidas. Un exemplo diso son as VPO da etapa do franquismo; unha forma de satisfacer as reivindicacións de Serrano Suñer.

Quen deseñou a xustaposición coa que foi adoptado o símbolo da JONS foi o burgalés Escribano Ortega, asinante do manifesto dos galos de marzo no que converxían a súa calidade de debuxante coa súa personalidade tradicionalista. Nunha cuartilla raiou a verticalidade oblicua das frechas e a horizontalidade maciza do xugo e dispúxose a unilos pola súa converxencia e así foi como renaceu o emblema que Ramiro Ledesma adoptou como representativo das novas JONS e que máis tarde perduraría e sería adoptado pola Falanxe no momento mesmo da fusión o 13 de febreiro de 1934 representada por Ramiro e José Antonio Primo de Rivera nun ático da Gran Vía madrileña. José Antonio, o 19 de outubro do mesmo ano, nunha comunicación entre outras cousas dicía:[25]

Oído o parecer do Consello Nacional, esta Xefatura aocrdou o seguinte: sobre o peto esquerdo, na mesma camisa ou nun anaco intercambiable de tea da mesma cor, irá bordado o emblema das cinco frechas e o xugo.[26]
Xugo e frechas.

O poeta e militante falanxista Rafael Sánchez Mazas evocou no único número da revista El Fascio (1933) as motivacións para a adopción por parte da Falange Española dalgúns dos elementos da divisa dos Reis Católicos, chegando a atribuír a súa orixe a varias das obras do poeta romano Virxilio (70 a. C. a.[27] C.-19 a. C.), o simbolismo das frechas, como expresión da guerra evocada na súa obra Eneida, e o xugo, para os labores agrarios, baseado en Georgica, co que se pretendía conferir á divisa un significado propio ao ideario falanxista:

(..) Repoñamos no escudo o xugo e o feixe. Se o xugo sen as frechas resulta pesado, as frechas sen o xugo corren perigo de volverse demasiado voadoras. Tornemos, máis que a unha política, a unha disciplina, a unha conduta, a un estilo, a un modo de ser, a unha educación.[28]
Sánchez Mazas, El Fascio, Haz y Yugo, 1927, Madrid, 16 de marzo de 1933.

Para os responsables do ideario falanxista, como José Antonio Primo de Rivera, Juan Aparicio, Ernesto Giménez Caballero, Ramiro Ledesma ou Orbegozo, que tamén deixaron as súas reflexións na revista El Fascio, o emblema escollido tamén se aproximaba ao do fascismo[29] italiano, este á súa vez inspirado no fascio ou símbolo dos lictores romanos, mediante a asociación polisémica en español da palabra "feixe", tamén do latín fasces, que se entende como feixe de frechas ou de trigo, ou como o imperativo do verbo facer, adecuándose ao espírito revolucionario que se quería dar á Falanxe e á grave cuestión da reforma agraria, tema da actualidade política dos primeiros anos da Segunda República.[30] Sánchez Mazas volvía lembrar a intencionalidade simbólica asociando o feixe de frechas a un vocábulo propio do campesiñado, que mesmo inspirou un conto tradicional: o do pai que ao morrer manda aos seus fillos maiores partir un feixe, cousa imposible, mentres que o fillo pequeno conségueo facilmente crebando as espigas dunha nunha. A ensinanza é que, permanecendo unidos como o feixe, serán invencibles. O xugo e o feixe de frechas querían simbolizar unha forma de vida e unha forma de gobernar, prudente e á vez emprendedora.

O decreto de 1938, que especificaba o novo escudo de armas do réxime, incluíu estes elementos segundo a disposición usada no século XIV, é dicir, co feixe de frechas apuntando cara abaixo, pero a partir de 1945, o novo deseño variou esa posición e desde entón, o feixe apuntaría cara arriba, aproximándoa á interpretación falanxista. Este símbolo foi adoptado polo franquismo como símbolo do novo e único partido do réxime, Falanxe Española Tradicionalista das JONS (FET JONS), froito da unión de Falanxe Española das JONS e Comuñón Tradicionalista (carlistas) no que tamén se integraron membros do resto dos partidos e grupos dereitistas que apoiaban a sublevación e que quedaran disoltos tras o inicio da guerra: a Confederación Española de Dereitas Autónomas (CEDA), monárquicos afonsinos e outros partidos de significación dereitista, agrarios etc.

O VICTOR[editar | editar a fonte]

Detalle do VICTOR. Contén cada unha das súas letras no símbolo.

O anagrama VICTOR foi un símbolo escollido para o desfile da vitoria celebrado en Madrid o 19 de maio de 1939[31] e, a partir de entón, durante toda a ditadura franquista, estableceuse como emblema propio de Franco. Pénsase erroneamente que foi deseñado polo ocultista Corintio Haza, que incorporaría ao emblema símbolos astrolóxicos para protexer simbolicamente o caudillo.[32][33]

Placa de inauguración do ferrocarril de Madrid a Burgos pintada coas cores da bandeira da II República.

Porén, o victor é un símbolo acuñado no Antigo Imperio Romano e que derivou do crismón. A partir do Edicto de Milán (313), o crismón apareceu en moedas e estandartes e co tempo pasou a formar parte tamén dos escudos dos lexionarios romanos.[34] Segundo a lenda, a noite anterior á batalla da Ponte Milvio, aparecéuselle o crismón ao emperador Constantino nos seus soños, xunto ás palabras «In hoc signo vinces» («Con este signo vencerás»). Ao día seguinte substituíu a aguia imperial polo crismón ou labarum e gañou a batalla. Co tempo, o crismón foi transformándose nos escudos romanos até adoptar outra forma moi diferente, converténdose noutro símbolo, o victor, "Escudo da Vitoria" ou "Vitorioso".[32]

O símbolo foi adoptado por algunhas universidades españolas como as de Salamanca e Alcalá de Henares desde o século XIV, como emblema para os doutores: ao obteren este grao, pintábase o victor, xunto ao nome do doutor nos muros da cidade, con pintura vermella ou negra. Algúns dos antigos consérvanse hoxe en día, e a Universidade de Salamanca continúa a tradición inscribindo os nomes dos doutores nos muros da facultade correspondente, xunto ao símbolo do victor.[35][36]

Estandarte, guión e escudo de Franco[editar | editar a fonte]

O emblema persoal de Francisco Franco.
Escudo persoal de Franco.

No ano 1940 creouse o estandarte e guión que foron empregados até a súa defunción polo ditador. Consistía nunha insignia cadrada que tiña por base a Banda Real de Castela, unha banda persoal dos reis de Castela que posteriormente foi usada polos Habsburgo.[37] Ademais da propia banda con dous dragantes contiña as columnas de Hércules con fuste en prata, base e capitel corintio en ouro. A columna próxima á beira do mastro, no bordo inferior, estaba timbrada cunha coroa imperial e a máis afastada, no bordo superior, cunha coroa real aberta na máis afastada.[38] No decreto de creación do estandarte a coroa real era nomeada como coroa nacional.[39]

A Banda de Castela e as Columnas de Hércules tamén formaron parte do escudo persoal que empregou Franco como Xefe de Estado. Neste escudo figuraba así mesmo acolada a Cruz Laureada de San Fernando e unha coroa aberta, sen diademas, denominada coroa militar de caudillaxe e creada para o propio Franco.[39][40] O escudo de Franco está representado nunha vidreira da catedral de Baeza.[41]

Uniformes[editar | editar a fonte]

José Antonio Primo de Rivera coa camisa azul da Falanxe.

As fotografías tomadas na cerimonia de outubro de 1933 na que se fundou a Falange Española de las JONS non amosan ninguén que leve uniforme, mais unha imaxe dunha reuníon da "Xunta Política" uns anos despois mostra algúns dos seus membros (mais non todos) co uniforme oficial. Este consistía nunha camisa azul escura con ombreiras e pantalóns longos negros. O peto esquerdo da camisa levaba o emblema da Falanxe.[42] As mulleres levaban a camisa azul e unha saia negra ata os xeonllos, cun cinto de coiro co símbolo da Falanxe na fibela.[43]

Nunha xuntanza no Teatro Calderón de Valladolid en marzo de 1934 o salón encheuse de bandeiras e insignias, e moitos dos asistentes levaban camisas azuis, semellantes ás que José Antonio Primo de Rivera definiu como o "espírito de servizo e sacrificio, o concepto da vida ascético e militar".[44] Máis tarde, as mulleres de clase alta empregaron a insignia falanxista nas súas roupas e accesorios. Cando Carmen Primo de Rivera, irmá de José Antonio, casou en decembro de 1938 levaba o xugo e as frechas bordadas no seu vestido de noiva.[45] Trala morte de José Antonio, engadiuse un lazo negro na súa memoria.[46]

Trala unión cos carlistas, o uniforme orixinal da Falanxe tornouse importante para identificar os falanxistas xenuínos.[43] A boina vermella convertérase no símbolo do carlismo na década de 1860[47] e o novo partido, coñecido como Movimiento Nacional tivo como uniforme a camisa azul, a boina vermella carlista e cintos militares, realizados no curtidoiro de Estella.[4]

Un retrato de Franco pintado por Ignacio Zuloaga na década de 1940 móstrao levando a camisa azul, botas militares, pantalóns de montar e a boina vermella.[48]

Toponimia[editar | editar a fonte]

Alberche del Caudillo na provincia Toledo (España).

Na actualidade cinco localidades creadas polo Instituto Nacional de Conservación conservan o recordo de Francisco Franco nas súas denominacións oficiais:[49] Llanos del Caudillo[50] (Cidade Real), Alberche del Caudillo[51] (Toledo), Villafranco del Guadalhorce (Málaga), e Guadiana del Caudillo[52] e Villafranco del Guadiana, ambas as dúas en Badaxoz.[53]

Outras localidades que mantiveron nomes semellantes durante décadas en honra ao ditador foron El Ferrol del Caudillo desde 1938 a 1982 (Ferrol), Barbate de Franco desde 1940 a 1998 (agora Barbate, en Cádiz), Bardena do Caudillo desde 1959 a 2008 (agora Bardenas, pertencente ao municipio de Ejea de los Caballeros, en Zaragoza), Gévora del Caudillo (Gévora) ata 2011[54] e Villafranco del Delta –desde 1956 até 2003– (agora Poblenou del Delta, pedanía de Amposta en Tarragona), aínda que os retiraron tras a recuperación da democracia.[55][56] Alagón del Caudillo tivo ese nome entre 1957 e 1983 en que pasou a denominarse Alagón, mais antes da súa independencia como municipio no 2009 foi bautizado como Alagón del Río.[57] En 2016 a pedanía de Águeda del Caudillo, en Salamanca modificou o seu nome a Águeda[58][59] e Bembézar del Caudillo (Córdoba) a Bembézar.[60][61]

Franco tamén quixo honrar os seus xenerais do bando nacional durante a guerra pondo os seus nomes a diversas localidades que aínda os conservan, como Alcocero de Mola[62] (antes Alcocero, na provincia de Burgos, onde se estrelou en 1937 o avión do xeneral Mola), Quintanilla de Onésimo (antes Quintanilla de Abajo, na provincia de Valladolid, en honra ao fundador das JONS, Onésimo Redondo) e San Leonardo de Yagüe (provincia de Soria), lugar de nacemento do capitán xeneral Juan Yagüe, chamado ata 1952 San Leonardo.[63] O poboado denominado Queipo de Llano, pertencente ao termo municipal de La Puebla del Río, na provincia de Sevilla, foi unha colonia creada polo tenente xeral Gonzalo Queipo de Llano durante a guerra civil para o cultivo do arroz nas marismas do Guadalquivir. Actualmente está despoboada, polo que o concello consideraba que non existía o lugar dese nome.[64] Non obstante, en 2016 modificou o nome por Los Cinco de La Riuela, en homenaxe a un grupo de xornaleiros fusilados en 1936.[61][65]

O caso de Numancia de la Sagra (Toledo) é moi particular. Esta localidade denominouse desde a Idade Media como Azaña (vocábulo árabe-mozárabe que significa nora), pero decidiuse substituílo durante a guerra civil por coincidir co primeiro apelido do entón presidente do Goberno español, Manuel Azaña. Dende 1936 chámase Numancia polo rexemento que o tomou e «La Sagra» pola comarca á que pertence.[66][67]

Nomenclátor do rueiro[editar | editar a fonte]

Placa da Avenida do Generalísimo en Puerto de la Cruz.

Ademais de localidades, moitas rúas, avenidas e prazas en cidades e vilas de España foron bautizadas ou rebautizadas cos nomes de xenerais do bando nacional durante a guerra civil, altos mandos militares como Mola, Sanjurjo, Moscardó, Yagüe, Millán Astray etc. Foron utilizados así mesmo como iconas franquistas as efixies e nomes de personaxes como José Antonio Primo de Rivera, Ramiro Ledesma, Onésimo Redondo, José Calvo Sotelo etc., aínda que a súa relación co réxime de Franco non puido ser persoal, xa que morreron antes ou durante a guerra; o mesmo José Antonio, que estaba encarcerado, opúxose ao Alzamento Nacional e a formar parte da conspiración previa.[68][69]

Deste xeito, a Gran Vía de Madrid, inicialmente dividida en tres tramos (Conde de Peñalver, Pi i Margall e Eduardo Dato) foi unificada como "Avenida de José Antonio";[70] a actual Gran Via de les Corts Catalanes, en Barcelona, orixinariamente chamada Avinguda de les Corts Catalanes foi renomeada como "Avenida de José Antonio Primo de Rivera";[71] en Santiago de Compostela as rúas do Hórreo, a Senra e a Fonte de San Antonio convertéronse en "Generalísimo Franco", "General Mola" e "Antonio Aranda Mata";[72] na Coruña os Cantóns foron os "Cantones de José Antonio"[73] e a rúa do Socorro a de "Juan Canalejo".[74]

A pesar de moitos cambios no rueiro, o recordo de Franco segue presente nos nomes de rúas, prazas e avenidas de diversas localidades.[75]

Monumentos[editar | editar a fonte]

Estatuas de Franco[editar | editar a fonte]

Última estatua ecuestre de Franco, retirada polo concello de Santander o 18 de decembro de 2008.

Durante o franquismo erguéronse representacións escultóricas do ditador de todo tipo (bustos, estatuas ecuestres...). Habitualmente colocábanse nas prazas ou lugares emblemáticos das cidades.

En canto ao número e significación destas estatuas en cada un dos períodos do franquismo, propúxose unha interpretación segundo a cal até o ano 1959 (sobre todo nos anos corenta) pretendíase lexitimar o réxime e «perpetuar a memoria da vitoria»; nos anos sesenta rendíase «homenaxe particular a Franco e á súa obra» (nun espírito coincidente co da conmemoración dos "XXV Anos de Paz" en 1964); e no último período (prolongado tras a morte de Franco até 1978) preténdese «fixar a memoria» cun «obxectivo inmobilista».[76]

Estatuas ecuestres[editar | editar a fonte]

As estatuas ecuestres máis significativas emprazáronse en lugares destacados de varias cidades. O escultor José Capuz deseñou en 1959 unha para a Universidade Complutense de Madrid, trasladada logo aos Novos Ministerios. En Valencia e Santander colocáronse réplicas da mesma estatua.[77] Outros modelos de estatuas ecuestres situáronse en Barcelona, Zaragoza (1948), Melilla, Ferrol e o Instituto Ramiro de Maeztu de Madrid (1942, de tamaño menor ao natural e trasladada nos anos oitenta á Academia de Infantaría de Toledo).[78][79][80][81] Ningunha destas estatuas atópase na actualidade nas rúas:

  • Toledo: a estatua que se atopaba nun lateral da fachada principal da Academia de Infantería de Toledo foi trasladada ao Museo do Exército.[82]
  • Unha estatua de Franco que se achaba no patio da Academia Xeral Militar de Zaragoza foi retirada en agosto de 2006.[83]
  • A estatua dos Novos Ministerios, en Madrid, foi retirada en 2005.[84][85]
  • A estatua de Barcelona, inaugurada en 1963 e que en 2001 pasou ao interior do castelo de Montjuïc, foi retirada en 2008.[86]
  • A estatua de Santander foi retirada o 18 de decembro de 2008.[87]
  • Valencia: a estatua ecuestre do ditador que presidía a praza do concello dende 1963 retirouse en 1983. Tras ser colocada no patio da Capitanía Xeneral, foi trasladada a un almacén en 2010.[88][89][90]
  • Ferrol: na vila natal de Franco existiu unha estatua de máis de seis metros de altura que durante anos presidiu a Praza de España. Retirouse o ano 2002 e foi colocada como depósito no patio do Arsenal Militar. En 2010 o Ministerio de Defensa ordenou a súa retirada e foi trasladada a un almacén.[91][92]
  • A última estatua ecuestre de Franco exposta en lugar público estaba no cuartel Millán Astray de Melilla e foi retirada en 2010.[93]

Outros monumentos[editar | editar a fonte]

En toda España construíronse monumentos dedicados a Franco. Algúns deles desapareceron pola aplicación da Lei da memoria histórica:

  • Tenerife: existiu un monólito no municipio de El Rosario, que lembraba que en xuño de 1936 o entón comandante xeral xefe de Canarias reuniuse nese lugar con oficiais da guarnición para preparar a sublevación e que foi derrubado en novembro de 2015.[94] O monumento a Franco da cidade de Santa Cruz, obra de Juan de Ávalos inaugurada en 1970, foi rebautizado en 2007 como Monumento ao Anxo Caído.[95][96]
  • A Coruña: existiron placas de Franco en diversos puntos da cidade, como a imaxe do ditador dacabalo rodeado pola garda moura nun baixorrelevo do Palacio de María Pita que foi retirada.[97][98]
  • Salamanca: na Praza Maior hai un medallón de pedra co seu busto.[99]
  • Oviedo: xunto ao Parque San Francisco e dentro do complexo de edificios pertencentes ao Goberno Civil de Asturias, álzase un monumento que nun lateral levaba un medallón de bronce orientado cara ao parque coa efixie de Franco. O medallón foi retirado en 2015.[100]
  • Até febreiro de 2010, en Ceuta atopábase un monumento denominado Os pés de Franco, onde estaban as súas pegadas xunto á única ermida da cidade.[101]
  • Un busto que permanecía situado nun lugar público da Comunidade Valenciana retirouse en setembro de 2005, en La Pobla de Vallbona.[102]
  • En Guadalaxara acordouse o mes de marzo de 2005 retirar a escultura do xeneral Franco da praza Beladíez e o busto de José Antonio Primo de Rivera do parque da Concordia.[103][104]
  • O 17 de marzo de 2005 retirouse a estatua situada nos Novos Ministerios xunto ao Paseo de la Castellana de Madrid.[105]
  • Melilla: conserva a única estatua de Franco que pode contemplarse nunha vía pública[106] e que, despois de ser retirada en 2005 debido a unhas obras que se ían a realizar, se volveu colocar a uns 50 metros da súa anterior localización. Esta estatua foi realizada antes de ser Xefe do Estado e débese aos seus logros na guerra de África.[107]

Monumentos e placas aos «Caídos por Deus e por España»[editar | editar a fonte]

Os monumentos e placas polos «Caídos por Deus e por España» colocáronse en moitas poboacións, a maior parte no exterior das igrexas, e contiñan unha lista de nomes dos mortos dese pobo pertencentes ao bando nacional e seguida do berro de «Presentes!» similar ao de José Antonio Primo de Rivera. As placas adoitaban estar feitas de mármore e rematadas con bronce ou con algún outro tipo de metal, aínda que as había de moitos tipos. En ocasións as placas colocábanse nas paredes das igrexas ou lugar do falecemento das vítimas que aparecían nestas se había algunha parede preto; se non adoitaba tamén facerse un monumento en forma de cruz ou en obelisco de baixa altura e alí gravaban os nomes ou ben encostaban a placa ao monumento. En moitos municipios optouse por trasladar este tipo de monumentos aos cemiterios, e nalgún caso reconvertéronse en homenaxes aos «caídos» de ambos os bandos.[108]

Houbo outro tipo de placas de inauguración de institucións e infraestruturas, tales como liñas de ferrocarril, estacións, pantanos etc., que aínda perduran na actualidade.

Moitas destas placas e monumentos nin se manteñen nin se retiran. Deste xeito, quedan expostas ao público que poida acceder a estes monumentos e placas que se atopan invadidos pola deterioración ou son obxecto de vandalismo. A cruz dos caídos de Vigo consérvase tras retirárense en 1981 os símbolos e inscricións fascistas.[109]

Monumento aos caídos en Pamplona[editar | editar a fonte]

Monumento aos Caídos en Pamplona (España).

O popularmente coñecido como Monumento aos caídos, realmente Navarra aos seus Mortos na Cruzada, como figura na súa fachada, é un edificio en memoria dos navarros falecidos pertencentes ao bando nacional durante a guerra civil, que se atopa en pleno centro da cidade de Pamplona, capital da Comunidade Foral de Navarra. Hoxe en día denomínase «Sala de Exposicións Conde Rodezno» e acolle pequenas exposicións municipais dende que fora decido ao concello pola igrexa en 1998. Na súa cripta atópanse dende 1961 os restos dos xenerais Sanjurjo e Mola.[110] O 31 de agosto de 2016 o concello de Pamplona iniciou o proceso para a súa exhumación,[111] que tivo lugar semanas despois.[112][113]

Segundo cifras oficiais morreron en combate 4540 navarros. Deles 1766 eran soldados, 1700 requetés e 1074 falanxistas.[114]

Monumentos militares[editar | editar a fonte]

Franco tras a guerra mandou construír monumentos en forma de cruz, de monólito, altar, etc., para lembrar acontecementos importantes que sucederon durante a contenda e durante algunhas batallas ou feitos sinalados como a batalla de Belchite, a batalla do Ebro, as matanzas de Paracuellos, entre outros.

Arco da Vitoria[editar | editar a fonte]

Arco da Vitoria (Madrid).

O «Arco de la Victoria» (Arco da Vitoria) de Madrid, coñecido popularmente ás veces como «Porta da Moncloa»[115] por ter certa similitude coas portas de Alcalá e Toledo, é un monumento construído entre 1953 e 1956 por orde de Francisco Franco como conmemoración da súa vitoria na guerra civil. Está situado no distrito de Moncloa-Aravaca e ten case 40 metros de altura. No seu interior acolleu diversos planos e unha maqueta da Cidade Universitaria de Madrid,[115] á que administrativamente pertence. Na súa fachada mantén insignias e frases conmemorativas da batalla da Cidade Universitaria.[116]

O edificio-monumento situado tralo arco foi construído como homenaxe aos caídos na batalla de Madrid durante as décadas de 1950 e 1960. Despois de anos sen ter ningún uso, na década de 1980 estableceuse nel a Xunta Municipal do Distrito de Moncloa-Aravaca.[117]

Cuartel de la Montaña[editar | editar a fonte]

Placa conmemorativa.

O Cuartel de la Montaña,[118] construído en 1863, era unha edificación militar de Madrid que alcanzou gran notoriedade por tratarse do lugar no que se iniciou na capital a sublevación militar de xullo de 1936. O día 19 de xullo, o xeneral Fanjul, militar sen mando de tropas en Madrid, pero encargado da sublevación da cidade, entrou vestido de civil no cuartel. Con todo, en lugar de saír coas tropas para tomar os puntos vitais da capital, proclamou simplemente o estado de guerra e fíxose forte xunto con 1500 dos seus homes (dos que había uns 140 oficiais) e uns 180 falanxistas.[119][120]

Esa tarde, o cuartel foi rodeado por tropas leais ao goberno da República, gardas de Asalto, civís e milicias populares pobremente armadas. Ao amencer do día 20, iniciouse o canoneo do cuartel e os sublevados só resistiron algunhas horas. As diferenzas de opinión entre os propios sublevados levaron a uns a enarborar a bandeira branca mentres outros seguían disparando sobre os asaltantes. Cando se utilizou a aviación contra eles, o cuartel caeu, sendo practicamente destruído. A entrada das forzas asaltantes traduciuse no asasinato e no suicido da maior parte da oficialidade e dos falanxistas. Contabilizáronse entre 150 e 300 mortos.[119][120]

O edificio, que xa quedara parcialmente destruído durante o asedio, recibiu durante a guerra o impacto de numerosos proxectís de artillaría debido á súa proximidade coa liña da fronte, practicamente estabilizada desde inicios de 1937. Cara ao final da contenda era xa tan só un conxunto de ruínas irrecuperables, algunhas das cales podían aínda verse a principios dos anos sesenta. A pesar de que existiron varios proxectos de construción, como a Casa do Partido,[121] finalmente o 20 de xullo de 1972 inaugurouse o "parque de la Montaña", con Carlos Arias Navarro, futuro presidente do goberno, como alcalde de Madrid. O parque inclúe un monumento realizado por Joaquín Vaqueiro Turcios en recordo dos que morreron no seu defensa, composto por unha figura de bronce que representa o corpo dun home mutilado, colocada no centro dun paredón construído en forma de sacos terreros. Sobre o soar do cuartel sitúase o templo de Debod.[120]

Ruínas de Belchite[editar | editar a fonte]

Ruínas de Belchite.

A batalla de Belchite foi unha importante batalla durante a guerra civil española que transcorreu desde o 24 de agosto até o 6 de setembro de 1937 neste municipio da provincia de Zaragoza e nos seus arredores. Tiña como obxectivo desviar a atención do bando nacional do norte (que xa tomara Santander) e ocupar a cidade de Zaragoza, xa que se estendeu entre os altos mandos militares da República a opinión de que era máis importante ter cidades en posesión que grandes territorios despoboados.[122]

A batalla saldouse cunha derrota do bando nacional logrando o bando republicano tomar Belchite pero sen conseguir tomar Zaragoza. Un terzo dos edificios da localidade quedou en ruínas, e tras a guerra Franco ordenou deixar a vila sen reconstruír como símbolo do acontecido no lugar e levantar unha inscrición cun fragmento dun discurso respecto do heroísmo da poboación e do sacrificio entre outros do alcalde e de moitos habitantes da vila, falecidos en combate.[123]

Monumentos da batalla do Ebro[editar | editar a fonte]

Ruínas de Corbera d'Ebre.

Na marxe esquerda do río Ebro é onde se librou a batalla máis sanguenta da guerra civil:

  • A vila de Corbera d'Ebre foi destruída e abandonada tras a batalla. Na actualidade quedan no Poble Vell só algúns muros da antiga localidade.[124][125]
  • Na cota 427 de Quatre Camins eríxese unha cruz de pedra en memoria do Terzo de Requetés da nosa Señora de Montserrat, unidade carlista do bando nacional formada por voluntarios cataláns que sufriu numerosas baixas neste escenario. No pedestal está representada a cruz de San Andrés de cor vermella.[126]
  • Na cota 481 álzase un monumento en Punta Targa pola irmandade do Terzo de Requetés da nosa Señora de Montserrat. A base do monumento é un osario onde repousan os restos de combatentes de ambos os bandos.[126][127]
  • No cruzamento entre a estrada de La Fatarella a Vilalba dels Arcs hai un monólito levantado en memoria dos soldados da 4ª División de Navarra mortos na fronte do Ebro.[128]
  • En Coll del Moro, nos arredores de Gandesa, un monólito franquista do ano 1953, para conmemorar a posición desde a cal Franco en persoa dirixiu a ofensiva final da batalla. O monumento foi vandalizado con pintadas a favor e en contra do réxime franquista.[129]
  • Nunha das cristas do Puig de l'Àliga, nas proximidades de Gandesa, existe outro monumento que perdeu a inscrición orixinal co paso do tempo.
  • En Prat de Compte hai unha cruz en fronte do colexio en memoria dos Caídos por Deus e por España.

Monumento ás Matanzas de Paracuellos[editar | editar a fonte]

Vista do cemiterio de Paracuellos de Jarama. Ao fondo a cruz branca debuxada no chan do outeiro.

Coñécense como matanzas de Paracuellos os episodios organizados de asasinato masivo de varios miles de prisioneiros, considerados opostos ao bando republicano, ocorridos durante a guerra civil española polo traslado do goberno dende Madrid a Valencia. Os fusilamentos tiveron lugar nas paraxes do arroio de San José, no municipio de Paracuellos de Jarama, e en Soto de Aldovea, no termo municipal de Torrejón de Ardoz.[130]

O monumento é unha cruz branca de grandes dimensións próximo ao río Jarama na ladeira do cerro de San Miguel, que é visible desde o Aeroporto de Madrid-Barajas. Foi un dos lugares onde ocorreron estes episodios de represión da guerra civil e foi erixido en recordo e memoria dos asasinados.[131] O lugar converteuse nun lugar de exaltación do franquismo.[132][133]

O Alcázar de Toledo[editar | editar a fonte]

Alcázar de Toledo.

O Alcázar de Toledo é unha fortificación sobre rochas, situada na parte máis alta da cidade de Toledo, e que domina toda a cidade. Durante a guerra civil foi utilizado polo entón coronel José Moscardó, que lideraba a sublevación en Toledo, como punto defensivo e de resistencia e foi destruído case totalmente polas tropas leais á II República Española durante o asedio, que durou setenta días, do 22 de xullo ao 28 de setembro de 1936.[134][135] Este asedio e a posterior liberación foron habilmente utilizados por Francisco Franco para asegurar o seu predominio entre as súas propias filas e deu nome ao máis emblemático xornal ultra, El Alcázar (1936-1988).

O edificio foi reconstruído trala guerra e desde 1998 alberga a Biblioteca de Castela-A Mancha. En 2010 estableceuse no alcázar o Museo do Exército.[136]

Monumento ao cruceiro Baleares[editar | editar a fonte]

Monumento aos caídos do cruceiro Baleares en 2006.

O monumento ao cruceiro Baleares atópase no parque de sa Feixina en Palma de Mallorca. En 2010 foi reformado para eliminar os elementos de glorificación do franquismo.[137] En decembro de 2015 o Consell de Mallorca aprobou a súa demolición.[138]

Monumentos relixiosos[editar | editar a fonte]

Ao ser a defensa do catolicismo unha das principais xustificacións da Guerra Civil (cualificada de Cruzada polo clero) e da propia lexitimidade de Franco (cualificado de home providencial[139]), resultaba extraordinariamente útil e de gran repercusión social a apropiación da simboloxía cristiá polo réxime franquista. O Caudillo entraba nas igrexas baixo palio en actos solemnes e reclamou o brazo incorrupto de Tareixa de Ávila para o seu dormitorio conxugal.[140][141] Realizouse ademais un amplo programa de reconstrucións de edificios relixiosos, e de construcións de nova planta. A toma de Vinaròs o 15 de abril de 1938 (Venres Santo), coa que se partía en dúas a zona republicana, conmemorouse cunha cruz doada por monseñor Antoniutti no nome do papa.[142]

Valle de los Caídos[editar | editar a fonte]

O Val dos Caídos.

A construción do mausoleo do Valle de los Caídos (Val dos Caídos) foi ordenada por Franco. Segundo o decreto fundacional de 1 de abril de 1940, o monumento e a basílica construíronse para "perpetuar a memoria dos caídos da nosa gloriosa Cruzada".[143] Ademais de 33 872 combatentes de ambos os bandos da guerra civil, enterrouse alí en 1959[144] a José Antonio Primo de Rivera, como representación dos mortos durante a contenda,[145] despois dun traslado aos ombreiros vinte anos antes desde Alacant a San Lorenzo de El Escorial. Franco á súa morte tamén foi enterrado alí.[144]

O 12 de maio de 2017 o pleno do Congreso dos Deputados aprobou a proposta de exhumar os restos de Franco e trasladar os de José Antonio Primo de Rivera a un lugar menos destacado.[146]

Cerro de los Ángeles[editar | editar a fonte]

Monumento ao Sagrado Corazón de Xesús no Cerro de Los Ángeles, Xetafe, España.

No cerro de los Ángeles, considerado o centro xeográfico da península Ibérica, existía un monumento ao Sagrado Corazón de Xesús inaugurado en 1919. No verán de 1936, milicianos republicanos fusilaron a imaxe de Jesús e dinamitaron o monumento.[147] Despois da guerra civil, o Goberno franquista deu orde de construír un novo monumento, réplica do anterior aínda que de maior tamaño. Comezou a edificarse en 1944 e foi inaugurado no ano 1965. O monumento mostra a Cristo, cos brazos abertos, convidando a todos os homes a ir cara a El e está rematado coa lenda Reino en España. Os grupos escultóricos representan a "España misioneira" e a "España defensora da fe. En 1975 inaugurouse unha cripta que non existía no proxecto anterior.[148]

Consérvanse os restos do monumento anterior (a base e o arranque do pedestal). O novo monumento levantouse a unhas decenas de metros do anterior, formando unha chaira entre ambos os monumentos.

Datas simbólicas[editar | editar a fonte]

O réxime franquista estableceu numerosas conmemoracións anuais co propósito de perpetuar os mitos fundacionais do novo Estado e a división entre vencedores e vencidos.[149] Na orde do 9 de marzo de 1940 declaráronse festas oficiais o 2 de maio ("Día da independencia") e o 20 de novembro ("Día da dor") e festas nacionais o 19 de abril ("Día da unificación"),[150] o 18 de xullo (Día do «Glorioso Alzamento Nacional», "día do valor", "día dos mártires" e "festa de exaltación do traballo"), o 1 de outubro ("Día do caudillo") e o 12 de outubro ("Día da raza").[151]

Houbo ademais outras datas que se conmemoraban de xeito cotián: 9 de febreiro ("Día do estudante caído"), 1 de abril ("Día da vitoria" e da canción), 30 de maio ("Día da xuventude"), 3 de agosto ("Día do amencer"), 15 de outubro ("Día da sección feminina"), 29 de outubro ("Día da fe" e "día da fundación da Falanxe")[151] e 21 de novembro ("Día da fundación do SEU"). O "día da liberación" era específico para cada localidade.

1 de abril: Día da Vitoria[editar | editar a fonte]

Vista actual do paseo de Recoletos desde a praza de Cibeles (Madrid), escenario dos «Desfiles da Vitoria» durante o franquismo. O lugar era marcadamente representativo por acoller as sedes de institucións oficiais (Ministerio do Exército –hoxe Cuartel Xeral do Exército–, Ministerio de Mariña –hoxe Cuartel Xeral da Armada–, Banco de España, Palacio de Comunicacións) e dos bancos máis importantes.

O 1 de abril, "Día da vitoria", conmemorábase o final da guerra civil. Ese día tiña lugar como acto principal o Desfile da Vitoria, nun trazado fixado no paseo de Recoletos e Paseo de la Castellana de Madrid (o tramo final rebautizárase como avenida do Xeneralísimo), conmemorativo do primeiro, que fora o 19 de maio de 1939, aos poucos meses de terminar a guerra. Desde 1976, xa coa monarquía de Xoán Carlos I, cambiouse a data ao 30 de maio e a denominación pasou a ser Día das Forzas Armadas.[152][153]

18 de xullo: Día do «Glorioso Alzamento Nacional»[editar | editar a fonte]

As referencias á data da sublevación militar que deu orixe á guerra civil (18 de xullo de 1936) eran constantes, e designábase ao propio sistema político co nome de «réxime do 18 de xullo» e o «espírito do 18 de xullo» facía referencia á súa ideoloxía, plasmada nos «Principios Fundamentais do Movemento Nacional», parte inamovible das Leis Fundamentais, cuxa xura era obrigatoria para exercer calquera función pública. Os homes do 18 de xullo eran aqueles que interviñeran no chamado «Alzamento Nacional», que se distinguían así dos militares ou políticos das seguintes xeracións.

O 18 de xullo foi declarado festa nacional en 1938, manténdose ata 1977. Ese día celebrábanse recepcións ao corpo diplomático.[154] Para propiciar a adhesión ou polo menos a satisfacción popular estableceuse unha «paga extraordinaria do 18 de xullo» como gratificación obrigatoria a engadir a todos os salarios. Durante a Transición mantívose, pero desprazada ao mes de xuño, coa escusa de conmemorar a onomástica do rei (San Xoán).[155]

20 de novembro: Día da Dor[editar | editar a fonte]

Vista da Praza de Oriente de Madrid co Teatro Real ao fondo, lugar de manifestacións de vindicación do réxime franquista.

O simbolismo da data comezou co fusilamento de José Antonio (20 de novembro de 1936), que pasou a chamarse «Día da dor». Para o outro bando na guerra fora tamén o día da morte do dirixente anarquista Buenaventura Durruti. Curiosamente (aínda que se especula coa posibilidade de que os médicos prolongasen artificialmente a súa vida con ese propósito) coincidiu coa data da morte de Franco (20 de novembro de 1975) e a partir de entón coas convocatorias anuais de manifestacións dos grupos ultradereitistas (Fuerza Nueva, Confederación Nacional de Excombatientes) que reivindican a herdanza do franquismo, baixo esa lema. A elección para iso da praza de Oriente de Madrid fíxose para marcar a continuidade co espazo privilexiado que acollera manifestacións multitudinarias en vida de Franco, sendo famosa a que se convocou para recibir a Eva Perón (1947) ou as que pretendían demostrar a adhesión popular ao Caudillo con motivo dos principais episodios de illamento internacional, a última, tras os fusilamentos do 27 de setembro de 1975, o 1 de outubro do mesmo ano.[156]

En anos posteriores, elixiuse esta data para realizar atentados mortais contra Santiago Brouard (1984) e posteriormente contra Josu Muguruza (1989), destacados membros de Herri Batasuna, a vertente política do grupo terrorista ETA. No primeiro caso foi obra do GAL, no segundo caso non se puido demostrar dita conexión. Desde entón viñéronse atribuíndo, e utilizando no debate político e dos medios, a terrorismo de Estado, a elementos dalgunha maneira conectados co Ministerio de Interior (naquel momento con gobernos do PSOE) ou a grupos ou elementos de extrema dereita.

1 de outubro: Día do Caudillo[editar | editar a fonte]

O primeiro de outubro celebrábase o Día do Caudillo, aniversario da proclamación de Franco como Xefe de Estado polos militares sublevados en 1936 («exaltación á Xefatura do Estado»).[157][158] Na celebración de 1975 na praza de Oriente de Madrid, Franco deu o seu último discurso.[159] Ese mesmo día un grupo terrorista de extrema esquerda cometeu o seu primeiro atentado mortal, tras o que se bautizou como Grupos de Resistencia Antifascista Primero de Octubre.[160]

Himnos[editar | editar a fonte]

O decreto 226 do 28 de febreiro de 1937 supuxo a recuperación da Marcha Real como himno de España, dándolle como nome Himno Nacional. Nese mesmo decreto declaráronse cantos nacionais Cara al Sol (himno da Falanxe), a Marcha de Oriamendi (himno carlista) e o Himno da Lexión e estableceuse a obrigatoriedade de seren escoitados de pé.[161][162][163]

Retirada dos símbolos[editar | editar a fonte]

Rótulo que indica o cambio de nome da praza do xeneral Millán Astray na Coruña.

En xaneiro de 1980 o concello de Madrid decidiu renomear vinte rúas da cidade, recuperando o nome que tiñan antes do 14 de abril de 1931. A avenida do Xeneralísimo, que foi construída logo desa data converteuse en Paseo de la Castellana.[164] A pesar da retirada destes símbolos durante os primeiros anos da Transición, algúns outros permaneceron moitos anos despois.

A Lei da memoria histórica, aprobada polo Congreso dos Deputados o 31 de outubro de 2007, obrigou a retirar placas conmemorativas, estatuas e outros símbolos dos edificios públicos. Tamén abriu os arquivos públicos referidos ao período franquista e facilitou as tarefas de localización e exhumación das tumbas das vítimas.[165] Baixo esta lei, presentada polo goberno socialista de José Luis Rodríguez Zapatero, suprimíronse símbolos das vías públicas e renomeáronse rúas que honraban a Franco e os seus seguidores.[166] Porén, a lei recibiu críticas tanto da esquerda como da dereita por ser demasiado tolerante ou demasiado severa. Díxose tamén que se centrou nos abusos cometidos polo goberno de Franco e presentaba o goberno republicano de esquerdas nun marco demasiado favorable, esquecendo as loitas entre socialistas, anarquistas, comunistas e nacionalistas.[167]

En 2010 o departamento de Patrimonio Nacional suspendeu as visitas aos cuartos privados de Franco no Palacio de El Pardo, aínda que se mantiñan noutras partes do palacio con "gran valor artístico". En decembro dese mesmo ano reabriuse o Valle de los Caídos cun forte dispositivo de seguridade para evitar o vandalismo.[166] En 2011 o goberno considerou exhumar os restos de Franco e enterralo coa súa dona no cemiterio municipal. Houbo algunhas protestas, mais moitos apoiaron o plan de transformar o lugar nun espazo de reconciliación, con placas explicativas. O ministro Ramón Jáuregui indicou "fomos tratando co pasado pouco a pouco. Talvez abordamos este tema un pouco tarde, mais a prudencia foi a clave da nosa transición pacífica".[168]

Houbo moito debate sobre os símbolos que afectan á Igrexa, e incluíuse unha excepción sobre motivos relixiosos, ademais de monumentos con valor artístico.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Reservado caballeros mutilados
  2. Montoliú, Pedro (2005). Madrid en la posguerra. 1939-1946: los años de la represión. Madrid: Sílex. Consultado o 13-5-2016. 
  3. El culto a la personalidad de Franco
  4. 4,0 4,1 "Origen de la camisa azul". Historia Falange. Consultado o 12-8-2012. . Explica as discusións iniciais sobre a súa adopción e os prezos de cada elemento en 1935, incluso a orixe das correaxes: a fábrica de curtidos de Estella
  5. Entre varias imaxes, aparece unha de Franco co uniforme da Falanxe, e outra de Serrano Súñer co emblema do xugo e as frechas na súa chaqueta braca (que levaban os Conselleiros do Movemento).
  6. El yugo y las flechas de Alcalá 44, desmontados
  7. Sergio Argul «Lugares de memoria y transición española.
  8. LEI 52/2007, de 26 de decembro, pola que se recoñecen e amplían dereitos e establécense medidas en favor dos que padeceron persecución ou violencia durante a guerra civil e a ditadura. (BOE nº 310, de 27/12/2007). (en castelán)
  9. 9,0 9,1 Peña López & Alonso González 2004, p. 17.
  10. 10,0 10,1 Esparza Leibar 2006, p. 231-274.
  11. Instituto de historia y cultura militar
  12. 12,0 12,1 Codoñer, Carmen; González Iglesias, Juan Antonio (1994). Antonio de Nebrija (en castelán). Universidade de Salamanca. 
  13. El haz y el yugo de los Reyes Católicos, cuya adopción como distintivo constituye uno de los grandes aciertos de nuestra Falange, debe figurar en las armas oficiales para indicar cual ha de ser la tónica del Nuevo Estado. El águila que en él figura no es la del Imperio germánico, al cabo exótico en España, sino la del Evangelista San Juan, que, al cobijar sus alas las armas españolas, simboliza la adhesión de nuestro Imperio a la verdad católica, defendida tantas veces con la sangre de España; en él figuran además el haz de las flechas y el yugo, entonces, como ahora, emblemas de unidad y disciplina.
  14. 14,0 14,1 "V Centenario Isabel I de Castilla. Referente a la historia. Símbolos de su reinado. Legado de la Historia" (en castelán). www.fnmt.es. Consultado o 11 de novembro de 2008.  |url-arquivo= ten un formato incorrecto: data (Axuda)
  15. La evolución del escudo de España
  16. De El Águila de San Juan a El Pollo de Franco
  17. Andoni Esparza Leibar, El Escusón (y algunas reflexiones sobre la España eterna), Emblemata, 12 (2006), pp. 231-274
  18. 18,0 18,1 Cancionero de Pedro Marcuello, ed. por J.M. Blecua, Zaragoza, 1987, versos 6-8 del fol. 7v. y 35-39 del fol.2
  19. Menéndez Pidal de Navascués 2004, p. 204.
  20. O orixinal está no Arquivo Histórico Nacioanl, reproducida por Vicente Vignau, «Copia de una carta anónima referente a los Reyes Católicos dirigida al abad de Poblet».
  21. Outra divisa equivalente, mais dunha difusión máis limitada, foi a planta de fiúncho, como di o cancioneiro de Marcuello:
    Llámala Castilla ynojo,

    ques su letra de Ysabel (...)
    llámale Aragón fenojo

    ques su letra de Fernando (...)
  22. Sevilla Opina
  23. Menéndez Pidal de Navascués 2004, p. 345.
  24. "Juan Aparicio López 1906-1996" (en castelán). www.filosofia.org. Consultado o 11 de novembro de 2008. 
  25. Jerez-Riesco, José Luiz. "Volverán banderas victoriosas" (en castelán). Consultado o 5-5-2016. 
  26. Oído el parecer del Consejo Nacional, esta Jefatura ha acordado lo siguiente: sobre el bolsillo izquierdo, en la misma camisa o en un trozo intercambiable de tela del mismo color, irá bordado el emblema de las cinco flechas y el yugo.
  27. El Fascio, Madrid, 16 de marzo de 1933 Haz y Yugo
  28. Repongamos en el escudo yugo y haz. Si el yugo sin las flechas resulta pesado, las flechas sin el yugo corren peligro de volverse demasiado voladoras. Tornemos, más que a una política, a una disciplina, a una conducta, a un estilo, a un modo de ser, a una educación.
  29. Lista de artículos y colaboradores.
  30. Referencia de la revista.
  31. El desfile de la Victoria
  32. 32,0 32,1 "Constantino I, Cayo Flavio Valerio Aurelio Claudio (274-337)" (en castelán). Consultado o 23 de outubro de 2008. 
  33. Valle de los Caídos
  34. Significado del crismón
  35. La tradición de los vítores salmantinos, 19 de decembro de 2007.
  36. El misterio de los vítores. La limpieza de la catedral de Sevilla ha sacado a la luz diversas inscripciones, El País, 11-10-2009.
  37. Los dragantes de Castilla
  38. "Estandarte del Jefe del Estado Español (1940-1975)". FOTW (en inglés). 
  39. 39,0 39,1 Always Franco
  40. Escudo de Francisco Franco como Jefe del Estado Español (Superlibris - Real Biblioteca)
  41. La catedral de Baeza alberga vidrieras en honor de los jerarcas franquistas
  42. Ofer 2010, p. 38.
  43. 43,0 43,1 Ofer 2010, p. 39.
  44. Parkins 2002, p. 167.
  45. Parkins 2002, p. 179.
  46. Wright 2008, p. 66.
  47. Macclancy 2000, p. 32.
  48. Jurkevich 1999, p. 162.
  49. "Catorce nuevos pueblos con el nombre del Caudillo". ABC (en castelán). 1-10-1985. Consultado o 19-5-2016. 
  50. Llanos del Caudillo
  51. Diputación de Toledo
  52. Guadiana seguirá siendo "del Caudillo"
  53. Denunciarán a Guadiana del Caudillo y Villafranco del Guadiana por mantener nombres franquistas
  54. Gévora pierde su apellido 'Del Caudillo'
  55. Bardenas, Ayuntamiento de Ejea de los Caballeros.
  56. Una mica d'història
  57. Alagón del Río
  58. Águeda del Caudillo perderá su apellido
  59. El Pueblo antes de Franco
  60. El Pleno de Hornachuelos aprobará cambiar el nombre de Bembézar del Caudillo
  61. 61,0 61,1 Borraz, Marta (19-5-2016). "Tres pueblos eliminan de su nombre el 'apellido' franquista". El diario (en castelán). Consultado o 19-5-2016. 
  62. Alcocero de Mola retirará su apellido franquista «si lo marca la ley»
  63. San Leonardo de Yagüe convoca un pleno urgente para cambiar su 'apellido'
  64. "Memoria.-La Puebla del Río señala que la pedanía de Queipo de Llano "ya no existe como tal" al estar abandonada". 20 minutos (en castelán). 12-2-2016. Consultado o 26-4-2016. 
  65. ‘Los Cinco de La Riuela’ ganan la batalla del olvido a Queipo de Llano
  66. López Fonseca, Óscar (16-10-2009). "El pueblo al que Franco arrebató su nombre". Público (en castelán). Consultado o 26-4-2016. 
  67. Avilés Pozo, Alicia (14-11-2015). "El pueblo toledano que quiere volver a llamarse 'Azaña’". El diario (en castelán). Consultado o 26-4-2016. 
  68. A todas las Jefaturas Territoriales y Provinciales (Circular).
  69. O 5 de novembro de 1936 José Antonio Primo de Rivera redactou o «Guion de un manifiesto político inconcluso», coa finalidade de pór fin de maneira inmediata á guerra civil.
  70. Los nombres de la Gran Vía
  71. Varias calles barcelonesas cambiarán de nombre
  72. Los símbolos franquistas se fueron de Santiago sin hacer mucho ruido
  73. Cantón de Porlier, Cantón de Lacy
  74. O alcalde destaca, na inauguración da Rúa do Socorro...
  75. La Memoria Histórica, en el callejero
  76. Jesús de Andrés Sanz op. cit., pp. 11 y 12.
  77. Patrimonio artístico de la Universidad Complutense de Madrid, Volumen 1, p. 41.
  78. [1] El País.
  79. [2] El Mundo.
  80. (con imagen).
  81. [3] ABC.
  82. MDE Actuaciones - Toledo
  83. Gómez, Iñaki; EFE (24 de agosto de 2006). "Defensa retira la estatua de Franco de la Academia de Zaragoza". 20 minutos. Consultado o 19 de novembro de 2007. 
  84. El Gobierno retira la estatua de Franco en Nuevos Ministerios
  85. El Supremo avala la retirada de la estatua ecuestre de Franco en Madrid
  86. [4]El Periódico.
  87. Salinas, Daniel; EFE (18 de decembro de 2008). "Santander retira la última estatua de Franco". ABC. Consultado o 19 de decembro de 2008. 
  88. La estatua de Franco fue retirada de la plaza más importante de Valencia entre aplausos y abucheos de miles de personas
  89. Retiran de Capitanía de Valencia la estatua ecuestre de Franco
  90. Así descubrió 'Plaza' la estatua olvidada de Franco en Valencia
  91. Defensa ordena retirar la estatua de Franco del Arsenal de Ferrol
  92. Oscuro legado de Franco en Ferrol
  93. [5] El Mundo.
  94. El monolito de Franco resucita como pieza de arte
  95. Tenerife alberga "la mayor escultura dedicada al demonio" tras cambio de denominación del monumento a Franco
  96. La polémica del último Franco
  97. "El Concello mantiene el 70% de los símbolos franquistas que aprobó retirar hace cinco años". La Opinión de A Coruña (en castelán). 20-7-2014. Consultado o 25-4-2016. 
  98. "La Comisión de la Memoria Histórica exige la retirada del escudo franquista del ayuntamiento". El Ideal Gallego (en castelán). 4-10-2015. Consultado o 25-4-2016. 
  99. Ganemos también pide la retirada de la efigie de Franco de un fresco del Ayuntamiento
  100. Retirado el medallón de Franco de la Plaza de España en Oviedo
  101. «Defensa retira "Los pies de Franco" y el "Mástil del Cañonero Dato".
  102. La Pobla de Vallbona retira la última estatua de Franco de la Comunidad
  103. "El Ayuntamiento de Guadalajara también retira de madrugada las estatuas de Franco y Primo de Rivera". El Mundo. 28 de marzo de 2005. Consultado o 15 de novembro de 2007. 
  104. El ayuntamiento de Guadalajara retira durante la madrugada las efigies de Franco y Primo de Rivera
  105. "Retiran la estatua ecuestre de Franco en Madrid". 20 minutos. 18 de marzo de 2005. Consultado o 15 de novembro de 2007. 
  106. Melilla, último bastión franquista
  107. Melilla ofrece a Defensa la retirada de la última estatua de Franco
  108. "El Ayuntamiento retira la cruz de los caídos". Benamejí Información (en castelán). 2-11-2009. Consultado o 8-5-2016. 
  109. Salvan de la piqueta la Cruz de los Caídos de Vigo al haberse librado de la simbología fascista
  110. Pamplona. Los caídos: El incierto destino de un monumento cuestionado
  111. Pamplona quiere exhumar los restos de los generales golpistas Sanjurjo y Mola
  112. Los restos del general Mola fueron exhumados, por deseo de la familia, el pasado 24 de octubre
  113. Polémica por el entierro "con honores militares" del general golpista Sanjurjo
  114. Mercedes Vazquez de Prada Tife.
  115. 115,0 115,1 Arco de la Victoria
  116. Nadie quiere el Arco de la Victoria
  117. El edificio de la Junta Municipal de Moncloa-Aravaca
  118. Imaxes
  119. 119,0 119,1 Asalto al Cuartel de la Montaña
  120. 120,0 120,1 120,2 Rutas guiadas - El parque del Oeste
  121. El parque de la Montaña: de la casa de Falange al templo de Debod
  122. Thomas, Hugh. La Guerra Civil Española (en castelán). Barcelona: Grijalbo. p. 784. 
  123. Arqueología de la Guerra Civil Española
  124. Un paseo por la memoria en los escenarios de la Batalla del Ebro
  125. Poble Vell. Corbera d'Ebre
  126. 126,0 126,1 Monumentos
  127. Los carlistas honran la memoria del Tercio de Requetés de Montserrat en Vilalba dels Arcs
  128. La Ruta de la Paz
  129. Aparecen símbolos y pintadas falangistas en el monumento franquista de Coll de Moro en Gandesa
  130. Ministerio de Justicia. Información detallada da fosa
  131. Plano del Camposanto de Paracuellos de Jarama. Plano das fosas de Paracuellos del Jarama e explicación sobre cada unha delas, na páxina da Irmandade de Nosa Señora dos Mártires de Paracuellos del Jarama.
  132. El obispo de Alcalá ofició una misa con la bandera franquista en el altar
  133. El obispo Reig pide perdón por la celebración de la misa franquista
  134. El asedio al Alcázar de Toledo en imágenes
  135. Batalla del asedio, defensa y liberación del Alcázar de Toledo
  136. El nuevo Museo del Ejército en el Alcázar de Toledo
  137. l PSOE quiere derribar en Palma el monumento dedicado al crucero «Baleares» que decidió preservar hace seis años
  138. El monumento de Sa Feixina será derribado en primavera
  139. Rodríguez Puértolas, Julio (2008). Historia de la literatura fascista española (en castelán). Madrid: Ediciones Akal. Consultado o 9-5-2016. 
  140. Martínez Soler «Franco, bajo palio.
  141. Prego, Victoria.
  142. "Por encargo de Su Santidad se elevarán dos grandes cruces en Vinaroz y en Belchite". ABC (en castelán). 25 de maio de 1938. Consultado o 9-5-2016. 
  143. Decreto de 1 de abril de 1940
  144. 144,0 144,1 El otro inquilino del Valle de los Caídos
  145. El Valle de los Caídos
  146. El Congreso pide exhumar los restos de Franco en el Valle de los Caídos
  147. Cerro de los Ángeles
  148. El Monumento al Sagrado Corazón
  149. Rodríguez Tejada, Sergio (2011). Zonas de libertad (vol. I): Dictadura franquista y movimiento estudiantil en la Universidad de Valencia (1939-1965). Universitat de València. p. 73. ISBN 9788437083223. 
  150. Di Febo, Giuliana (2012). Ritos de guerra y de victoria en la España franquista. Universitat de València. p. 98. ISBN 9788437089171. 
  151. 151,0 151,1 Sanz Fernández, Florentino (2000). "Las otras instituciones educativas en la postguerra española". Revista de Educación (en castelán) (236-241). Consultado o 1-5-2016. 
  152. El 30 de mayo será el Desfile de la Victoria
  153. El último desfile de la Victoria
  154. 18 de julio: una festividad suprimida
  155. Artigo de Antonio Burgos: “La paga del 18 de julio”, en «Memoria de Andalucía», en El Mundo (edición de Andalucía), sábado 19 de xullo de 1997.
  156. Abdón Mateos y Alvaro Soto: «Los Gobiernos vacíos: Arias Navarro.
  157. La imposición del franquismo: cambios de nombre y de las fiestas de los centros educativos
  158. Muniesa, Bernat (2005). Dictadura y transición. Universidade de Barcelona. 
  159. Penser en espagnol (penser tout court)
  160. ¿Pero los Grapo no habían desaparecido?
  161. BOE do 28-2-1937
  162. Canciones nacionales
  163. Pizarroso Quintero, Alejandro (2009). Diplomáticos, propangandistas e espías (en castelán). Madrid: CSIC. Consultado o 7-5-2016. 
  164. Lafuente 1980.
  165. Tremlett 2007.
  166. 166,0 166,1 Govan 2010.
  167. Kingstone 2007.
  168. Rainsford 2011.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]