Xil Ríos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Banjo (conversa | contribucións)
m engado a Categoría:Cantautores mediante HotCat
Liña 98: Liña 98:
[[Categoría:Cantantes de Galicia]]
[[Categoría:Cantantes de Galicia]]
[[Categoría:Nados en Moaña]]
[[Categoría:Nados en Moaña]]
[[Categoría:Cantautores]]

Revisión como estaba o 26 de agosto de 2015 ás 13:22

Modelo:Artista musical

Xosé Antón Xil Ríos, coñecido artisticamente como Xil Ríos, nado en Moaña EN 1948, é un cantante, compositor e cantautor galego.

Traxectoria

Provén dunha familia mariñeira. Comezou a súa traxectoria en 1971 no Festival "Dorna" de Vigo onde quedou segundo, tras Joan Baptista Humet co tema "Un anaco de pan". O seu primeiro sinxelo estreouse no Festival do Viño do Condado de 1972. Nel destaca o tema "Nosa Galicia", no que trata o problema da emigración. Tralo éxito deste tema, a primeira canción que el compuxo, foi bautizado polo escritor galego Xosé María Castroviejo como rapsoda de Moaña.

Outro tema salientábel é "Aos meus amigos", que foi vetado na televisión española durante o franquismo debido á súa temática reivindicativa dos dereitos mariñeiros.

No ano 1973 gañou o Primeiro Premio e o Premio da Crítica no Festival do Miño. Cómpre destacar o contido social e crítico das letras de Xil Ríos, que é contemporáneo doutros autores como Voces Ceibes.

Outros datos

  • Ademais da vertente musical, Xil Ríos traballou como hostaleiro na súa localidade natal, Moaña.
  • Foi futbolista moitos anos e chegou a adestrador do Moaña F.C.
  • No ano 2008 "2001 Producciones Artísticas SL" elabora o recompilatorio 15 cancións de ouro de Xil Ríos, onde se pode atopar unha escolma simbólica da súa traxectoria.
  • O seu disco orixinal Vai e vén (2004), constitúe o seu maior achegamento ao folk e nel colaboran artistas como Xosé Manuel Budiño, Susana Seivane ou Uxía Senlle.
  • Son da Alma (2010), nel explora a fusión entre os ritmos latinos e a música tradicional galega. Nel colaboran músicos da talla de Willy Mondeja.

Publicacións musicais de Xil Ríos

Individuais ou con colaboracións puntuais

Selección das publicacións colectivas

  • Los mejores cantantes gallegos (1974)
  • Recordo de Galicia (1975)
  • Cancionero popular gallego (1989)
  • Galicia Nai (con Xoán Rubia, 1992)
  • A gran escolma da música galega. Solistas (1993)
  • Así é a miña terra (1999)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas