El Ciclón: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
amaño referencia
Liña 14: Liña 14:
==Véxase tamén==
==Véxase tamén==
===Bibliografía===
===Bibliografía===
*{{Cita libro |título= Historia de la Prensa Gallega 1800-1986|nome= Enrique|apelidos= Santos Gayoso|ligazónautor= |coautores= |ano= 1990|editor= Do Castro|localización= Sada|isbn= 84-7492-489-8|páxina= |páxinas= |dataacceso=21 de xuño de 2013|url=}}
*{{Cita libro |título= Historia de la Prensa Gallega 1800-1986|nome= Enrique|apelidos= Santos Gayoso|ligazónautor= |coautores= |ano= 1990|editor= Do Castro|localización= Sada|isbn= 84-7492-489-8}}


{{ORDENAR:Ciclon, El}}
{{ORDENAR:Ciclon, El}}

Revisión como estaba o 15 de maio de 2015 ás 13:20

El Ciclón foi un semanario de publicación irregular con diferentes etapas, editado en Santiago de Compostela e Pontevedra entre 1883 e 1900.

Historia e características

Primeira etapa

Subtitulado Periódico satírico que Sopla todos los sábados, apareceu en 1883 baixo a dirección de José Peña Meléndez en colaboración co seu irmán Valentín Peña. Dedicado á crítica política e social, acollía as seccións "Rachas", "Temblores", "Telegramas", "Borrascas Poéticas", "Tarjetas postales" e "Anunciomanía". Colaboron Alfredo Vilas, Luís Taboada e Aureliano Pereira. Publicou poemas en galego de Benito Losada, Manuel Martínez González e Fernando García Acuña, un conto en verso de José Tresguerras Melo, e poemas en castelán de Javier Valcarce Ocampo e Juan Barcia Caballero.

Segunda etapa

En maio de 1889 comezou unha nova andaina co subtítulo Periódico satírico. Sopla todos los jueves. Desta época son os poemas en galego de Adolfo Mosquera e Javier Valcarce, á parte de varias poesías en castelán. En abril de 1891 pasou a subtitularse Periódico satírico. Sopla todos los viernes. Publicou poemas satíricos en galego de Adolfo Caamaño e fixo publicidade de libros de poemas de Heraclio Pérez Placer.

Terceira etapa

A última etapa abrangue dende xaneiro ata marzo de 1900. Contiña numerosos poemas en castelán nas seccións "Borrascas poéticas" e "Temblores". Foi continuado por El Cínife.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8.