Adolfo Caamaño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Adolfo Caamaño
Adolfo Caamaño (AELG)-2.jpg
Nacemento30 de decembro de 1959
 Barro
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor e profesor de secundaria
Xénerosnarrativa, infantil, poesía.
Coñecido/a porSoberano
editar datos en Wikidata ]

Adolfo Caamaño Vázquez, nado en Perdecanai (Barro) o 30 de decembro de 1959,[1] é un escritor galego que vive en Pontevedra.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou estudos de dereito na USC e de Ciencias Políticas na UNED. Durante o primeiro lustro da década dos 90 foi profesor substituto en varios centros de ensino secundario galegos. Desde 1997 exerce coma profesor de ensino secundario en Marín.[2] Colaborou en A Nosa Terra, El Correo Gallego, Faro de Vigo, La Voz de Galicia, as revistas Política Gallega e a Revista do Audiovisual Galego, no diario tras-montano Noticias do Barroso e Atlántico Diario, do que foi correspondente rural na bisbarra de Caldas de Reis, Moraña, Cuntis e Barro. Tamén foi co-fundador da revista de creación literaria pontevedresa Hidromel. Viviu en Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela, Barcelona e Santa Cruz de Tenerife, e traballou na hostalería en San Cristóbal de La Laguna. Tamén desempeño labores de guía turístico por toda a costa mediterránea española a comemos da década de 1990.[3]

A finais da década de 1980 e comezos da dos 90, en colaboración con Manuel Busto, Luís Martínez-Risco Daviña, Isaac Alonso Estraviz e Antonio Fontes, foi co-organizador da Gallaecia, ciclos de conferencias de temática variada e de exposicións de pintores e escultores galegos e portugueses desenvolvidos en Ourense, Verín, Xinzo de Limia, Celanova, e na Rexión do Norte de Portugal: Montalegre (Alto Trás-os-Montes), Vila Pouca de Aguiar, Ribeira de Pena, Vila Real, Porto. Por esta experiencia de iniciativa cultural galego-portuguesa participou nos grupos de traballo dos programas Interreg (da Comunidade Europea) para a posta en marcha no eido cultural da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal.[3]

Obra[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Poemario compostelán (2006).

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Soberano (2004). Edicións A Nosa Terra. 232 páxs.
  • Sentidos da vida (2004). La Voz de Galicia.
  • Cris Canalla: o instinto da liberdade (2009). A Nosa Terra. 122 páxs.
  • Ten ollos o mar (2013). Revista Grial. Nº 197. Páxs. 91-93.
  • Matar o heroe (2019). Editorial Galaxia. 444 páxs.[4][5]

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

  • O paxaro do mel (2006,1ª ed., 2007, 2ª edición). Fóra de Xogo. Editorial Xerais. 344 páxs.[6] ePub: ISBN 978-84-9121-289-8.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • O trazo aberto, 2002, Deputación de Pontevedra.
  • Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
  • Cartafol poético para Alexandre Bóveda, 2006, Espiral Maior.
  • O carballo de Santa Margarida. 2007. Caixanova-Concello de Pontevedra.
  • Pontevedra Literaria (antoloxía). 2007. Caixa Galicia-Concello de Pontevedra.
  • Bonaval, 2008. Edicións do Cumio (Modesto R. Figueirido, Fundación Pedrón de Ouro).
  • Maregrafías (Anxo Cabada). 2008. Xunta de Galicia, Consellería de Cultura e Deporte,
  • O Carballo do Pelete. 2011. Deputación de Pontevedra.
  • A gueixa no bosque de bambú. (A garza insomne), 2016. Galaxia.
  • Que non chova nin a gusto de todos, Acuamag, 2017. Fundación Acuorum (Gran Canaria).
  • Elegía dos Aléns (XII Anos de Andaina do Premio de Poesía María Mariño. Asociación Teenses pola Igualdade). Editorial Medulia, 2019

Curtametraxe[editar | editar a fonte]

  • Sentidos da vida. Baseada no relato do mesmo título publicado en La Voz de Galicia (2004), dirixida por Sara Casal.[7].

Premios[editar | editar a fonte]

  • Vila das Neves en 1991, por Frei Cibrán de Setados.
  • Premio de Poesía Johán Carballeira no 1999, por Poemario irlandés.
  • Concello de Marín no 1999, por Poemario compostelán.
  • Segundo premio de Relato Carlos Casares do Liceo de Ourense no 2002, por A cidade dual.
  • Microrrelatos Lonxa Literaria de Moaña no 2003, por Subsidio.
  • Premio Benito Soto da Asociación de Libreiros de Pontevedra á mellor novela do ano 2004 por Soberano.
  • Premio María Mariño no 2007 por "Elexía dos Aléns".
  • Premio Novela Curta do Concello do Valadouro no 2007 por "Un vulto sospeitoso".
  • Selección para publicar do relato "Bonaval" no XXXIII Premio Modesto R. Figueiredo, 2008.
  • Premio Manuel Murguía de Narrativa Breve no 2014, pola obra A gueixa no bosque de bambú.
  • Premio Modesto R. Figueiredo da Fundación Pedrón de Ouro no 2015, pola obra Pinball do Pombal.
  • Finalista do Premio Iberoamericano Relatos de Agua en galego (Fundación Acuorum, Gran Canaria) no 2017 co relato: Que non chova nin a gusto de todos.
  • 3º Premio no VI Certame de Poesía Manuel María da Casa de Galicia en Gipuzkoa no 2018 co poema Elexías das ausencias.
  • Premio de Novela Villar Ponte (Concello de Viveiro) en 2018, por Matar o heroe.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Adolfo Caamaño". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-11-08. 
  2. "autor/a A. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-11-08. 
  3. 3,0 3,1 "Adolfo Caamaño". www.aelg.gal. Consultado o 2019-11-08. 
  4. "Matar o heroe". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-11-08. 
  5. "O escritor Adolfo Caamaño presenta 'Matar o heroe' no Museo de Pontevedra". Pontevedra Viva. Consultado o 2019-11-08. 
  6. "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-11-08. 
  7. Realizada por alumnos do IES Audivisual de Vigo e interpretada por alumnos da ESAD. 2015. A curta foi premiada coa Ostra de Pedra á mellor produción.
  8. Redacción (2018-11-25). "Adolfo Caamaño gaña o primeiro premio de novela Vilar Ponte con 'Matar o heroe'". Xornal da Mariña. Consultado o 2019-11-08.