Diferenzas entre revisións de «Amoníaco»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
Arranxiño
(agora faise en d:Wikidata)
m (Arranxiño)
O '''amoníaco''' é un composto químico cuxa molécula está formada por un átomo de [[nitróxeno]] e tres átomos de [[hidróxeno]] (NH<sub>3</sub>.
 
== Obtención ==
Actualmente o [[proceso de Haber-Bosch]] (cuxo desenvolvemento valeu a [[Fritz Haber]] e a [[Carl Bosch]] o [[Premio Nobel]] da Química de [[1918]] e [[1931]], respectivamente) é o mais importante método de obtención da amonia. Neste proceso os gases [[nitróxeno]] e [[hidróxeno]] son combinados directamente a unha presión de 20 MPa e temperatura de 500&nbsp;°C, utilizando o [[ferro]] como [[catalizador]]. Reacción de síntese do amoníaco:
 
Para a produción da amonia, o nitróxeno é obtido do [[atmosfera terrestre|ar atmosférico]] e o hidróxeno a partir do [[gas natural]].
 
== Aplicacións ==
Moi usado en ciclos de compresión ( [[refrixeración]] ) debido ao seu elevado [[entalpía de vaporización|calor de vaporización]] e temperatura crítica. Tamén é utilizado en procesos de absorción en combinación coa auga.
 
A amonia e os seus derivados [[urea]], [[nitrato de amonio]] e outros son usados na [[agricultura]] como [[fertilizante]]s. Tamén é compoñente de varios produtos de limpeza. Outro produto importante derivado da amonia é o [[ácido nítrico]].
 
=== Amoníaco na refrixeración ===
O amoníaco utilízase como refrixerante desde hai máis de 120 anos e, por iso, as súas propiedades e aplicacións son bastante coñecidas. Porén, é debido a certos inconvenientes que esta substancia presenta, no que respecta á seguranza, que o uso do amoníaco limítase exclusivamente a grandes fábricas e industrias que necesitan do uso deste composto.
 
==== Historia ====
O Amoníaco foi recoñecido como refrixerante en [[1860]] cando o francés [[Ferdinand Carre]] creou un [[sistema de refrixeración]] do tipo “absorción”, onde se utilizaba o amoníaco como refrixerante e a auga como axente de absorción. Aproximadamente unha década despois, o americano [[David Byle]] desenvolveu un compresor que se podía usar con amoníaco.
 
É de salientar que o amoníaco foi substituído polos cloro-fluorcarbonetos ([[CFC]]s) nos anos trinta do século XX, pois o seu destino era outro. Servía para o combate, especialmente na fabricación de armas e explosivos. Mais recentemente volveu a gañar “o papel principal” nos procesos de arrefecimento, pois os CFCs causan un enorme dano á [[capa de ozono]].
 
==== Vantaxes ====
Como fluido usado na refrigeración, o amoníaco presenta numerosas características e vantaxes, sendo as mais importantes as seguintes:
* Posue boas propiedades termodinámicas, de transferéncia, de calor e de masa e o rendemento das máquinas utilizando amoníaco é dos mellores.
* É quimicamente neutro para os elementos dos circuitoscircuítos frigoríficos, con excepción do cobre.
* O amoníaco non se mestura co óleo lubrificante.
* Non é sensíbel na presenza de ar húmido ou de auga.
* É facilmente detectábel en caso de fuga por ser moi leve e, desta forma, é moi difícil ter un fallo de circuitocircuíto.
* O amoníaco é fabricado para moitos mais usos alén da refrixeración, o que permite a permanencia do seu prezo baixo e accesíbel. En calquera caso, o prezo do amoníaco é moi inferior ao custo total da maioría dos outros refrixerantes e ademais, cantidades inferiores permiten o mesmo efecto.
Estas características permiten que o amoníaco entre nun mercado moi competitivo en termos de empresas, fábricas e máquinas de refrigeración.
Esta polarización da auga sería moi curta no tempo se non fose polos electróns libres do nitroxeno, que provocan que os hidróxenos da auga cargados positivamente se síntan fortemente atraídos polos anteriormente nomeados electróns libres, formando unha molécula de amonio, cargada positivamente a causa do nitróxeno que tería agora os seus cinco electróns máis catro compartidos con catro átomos de hidróxeno, quedándo así a auga sin un átomo de hidróxeno e cargada negativamente no osíxeno (ión hidroxilo).
 
== O amoníaco e o home ==
O amoníaco é utilizado en circuitoscircuítos frigoríficos desde hai mais dun século, en máquinas de compresión mecánica de potencias medias e grandes (estímase que no mundo enteiro existen 300.000 instalacións de compresión de amoníaco), e en máquinas frigoríficas de pequenas potencias (refrigeradores e frigoríficos domésticos) e a grande potencia (en especial para a recuperación de calor industrial).
 
O amoníaco é unha substancia producida en grandes cantidades por sociedades químicas.
Tamén era utilizado na pasta de dente.
 
== Medio Ambiente ==
O amoníaco é facilmente [[biodegradabilidade|biodegradábel]]. As plantas o absorben con moita facilidade, sendo un [[elemento químico esencial|nutriente]] moi importante como fornecedor de nitróxeno para a produción de compostos orgánicos. En concentracións moi altas, por exemplo, na auga de consumo, pode causar danos graves, xa que o amoníaco interfere no transporte do [[Osíxeno molecular|osíxeno]] pola [[hemoglobina]], entre outros efectos nefastos. Os organismos necesitan, nese caso, de manter unha baixa concentración de amoníaco que, en caso contrario tórnase particularmente [[toxicidade|tóxico]].
 
== Véxase tamén ==
* [[hidrazina]], o composto N<sub>2</sub>H<sub>4</sub>
* [[fosfina]], o composto PH<sub>3</sub>
* [[arsina]], o composto AsH<sub>3</sub>
 
== Ligazóns externas ==
http://ull.chemistry.uakron.edu/erd/chemicals/7/6014.html Hazardous Chemical Database.
 
11.752

edicións

Menú de navegación