Diferenzas entre revisións de «Conversa:Galicia Bilingüe»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
(Nova sección: →‎Protección)
*''que se ocupa de analizar a situación lingüística de Galiza'' - En serio? Que eu sepa ocúpase de defender a liberdade de elección de lingua no ensino en Galiza. Eles mesmos, na súa web, din:
{{cita|elección de lengua vehicular en la enseñanza, bilingüismo en la Administración pública, que no se prime el conocimiento de una determinada lengua a la competencia profesional y, poner fin al adoctrinamiento nacionalista en la enseñanza.}}
::Non, segundo eles o seu problema é a identificación nacionalista co idioma. [[Usuario:Karlggest|Karlggest]] ([[Conversa usuario:Karlggest|conversa]]) 16 de febreiro de 2015 ás 17:23 (UTC)
*''con posturas polémicas'' - No canto de dicir isto, habería que dicir cales son ditas posturas. Xa logo o lector xulgará se son polémicas ou non.
*'' e decote opostas ao criterio sociolingüístico maioritario tanto do país'' - Algunha referencia disto? Enquisas sobre o galego como lingua vehicular no ensino? Porque se isto non se referencia, non ten valor. Enquisas a poboación, ao profesorado?
*''como de Europa'' - Non se pode deducir, da [[Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias]], que Europa está en contra do que propón GB. De feito, o artigo 8, que é o que fala da educación, é suficientemente amplo como para abranguer dende o que propón GB até o que propón, por exemplo, o [[BNG]]. --[[Usuario:Norrin strange|Norrin_strange]]<sup> ([[Conversa_Usuario:Norrin strange|Fala-me]])</sup> 28 de xaneiro de 2014 ás 07:44 (UTC)
::Non segundo os poñentes. Non teño cita, pero gustáballes o proxecto catalán, que non se parece en nada nin ao galego nin ao promovido por esta xente [[Usuario:Karlggest|Karlggest]] ([[Conversa usuario:Karlggest|conversa]]) 16 de febreiro de 2015 ás 17:23 (UTC)
 
:Ola, Norrin. Respóndoche como primeiro redactor do artigo e como o que retirou o marcador que lle apuxeches onte. ''Ocúpase de analizar a situación lingüística en Galicia''. Non sei que problema lle ves. Tal é o seu cometido. ''...defender a liberdade...'', iso non. Defenden a prevalencia da lingua castelá sobre a galega, pódelo ler en calquera recorte de prensa ou sacalo por sentido común; chocar co decreto do galego e tildalo de excesivos e castrador para o castelán non é defender a ''liberdade'', termo co que se lles enche a boca pero que en sociolingüística non resulta serio. No tocante ás posturas polémicas, tes información, outra vez, sen ir máis lonxe, na prensa. Dicir que o galego se impón ou relacionar a lingua co uso da violencia (sabíalo?) é, cando menos, polémico. Pero xa digo, as referencias telas aí. Mira, polo demais, as hemerotecas. É simple. Sobre a postura maioritaria entre os lingüistas (os titulados), e tamén entre a xente do común, creo que se existe un PXNLG é por algo. É dicir, que mesmo os menos afíns á normalización da lingua galega recoñecen a necesidade dunha protección e promoción desta. Non así esta asociación, a día de hoxe de escaso peso, que, por certo, non conta con lingüistas entre a súa directiva, e polo que eu sei só teñen na retagarda un tal Freire, de expresión castelá, asidupo colaborador, por outra banda, con FAES. Por todo isto, se albergas dúbidas ou non coñeces a traxectoria desta xente, convídote a que revises a súa interpretación das normas lingüísticas hoxe vixentes en Galicia. Iso non quita de que lle chantes un cómpreref alí onde, obxectivamente, creas que se pode e se debe referenciar mellor. Onte mesmo, por exemplo, HombreDHojalata pediu unha referencia con bastante bo tino, e haberá que buscala. Un saúdo. --[[Usuario:Atobar|Atobar]] <sup>([[Conversa Usuario:Atobar|conversa comigo]])</sup> 28 de xaneiro de 2014 ás 10:53 (UTC)
 
 
::::Nunca gostei de GB. Pero non penso que sexa necesario ser tendencioso para desacreditalos, eu penso que se desacreditan eles mesmos cos seus argumentos. Mais a reacción non é neutral. Calificar directamente ao PP, UPyD e AVT como "nacionalismo español" é claramente tendencioso (aínda que eu pense que o sexan). --[[Usuario:Norrin strange|Norrin_strange]]<sup> ([[Conversa_Usuario:Norrin strange|Fala-me]])</sup> 31 de xaneiro de 2014 ás 07:42 (UTC)
:::::Se nunhas eleccións se procura o voto "para salvaguardar la Unidad de España" en Galiza, debera ser abondo para pensar que son "nacionalismo español", salvo que se pense que "nacionalista" é un adxectivo despectivo ;) [[Usuario:Karlggest|Karlggest]] ([[Conversa usuario:Karlggest|conversa]]) 16 de febreiro de 2015 ás 17:23 (UTC)
----
Da política de neutralidade:
 
Que a xente de Galicia Bilingüe está en contra do galego e da súa cultura está fóra de dúbidas (sen ir máis lonxe no blog de Gloria Lago despacha a Castelao literalmente como " juntaletras-nacionalista-xenófobo") e a min se me remexe o estómago escribir aquí para dicir que o artigo ten que ser impecablemente neutral, podemos dicir que é unha asociación contraria ao galego (como eu creo que é) só se o facemos con referencias sólidas.--[[Usuario:Sernostri|Sernostri]] ([[Conversa usuario:Sernostri|conversa]]) 1 de febreiro de 2014 ás 18:44 (UTC)
 
 
== Eliminación de contidos ==
323

edicións

Menú de navegación