Conversa:Galicia Bilingüe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Marcador de atención e ollo cos contidos[editar a fonte]

A introdución, polo de agora, é a seguinte:

Galicia Bilingüe é unha asociación de ámbito galego que se ocupa de analizar a situación lingüística de Galiza con posturas polémicas e decote opostas ao criterio sociolingüístico maioritario tanto do país como de Europa.

Isto, síntoo, non é unha introdución neutral, senón que toma claro partido e predispone ao lector en contra da asociación. Pero imos analizala:

  • Galicia Bilingüe é unha asociación de ámbito galego - OK
  • que se ocupa de analizar a situación lingüística de Galiza - En serio? Que eu sepa ocúpase de defender a liberdade de elección de lingua no ensino en Galiza. Eles mesmos, na súa web, din:
elección de lengua vehicular en la enseñanza, bilingüismo en la Administración pública, que no se prime el conocimiento de una determinada lengua a la competencia profesional y, poner fin al adoctrinamiento nacionalista en la enseñanza.
Non, segundo eles o seu problema é a identificación nacionalista co idioma. Karlggest (conversa) 16 de febreiro de 2015 ás 17:23 (UTC)
  • con posturas polémicas - No canto de dicir isto, habería que dicir cales son ditas posturas. Xa logo o lector xulgará se son polémicas ou non.
  • e decote opostas ao criterio sociolingüístico maioritario tanto do país - Algunha referencia disto? Enquisas sobre o galego como lingua vehicular no ensino? Porque se isto non se referencia, non ten valor. Enquisas a poboación, ao profesorado?
  • como de Europa - Non se pode deducir, da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, que Europa está en contra do que propón GB. De feito, o artigo 8, que é o que fala da educación, é suficientemente amplo como para abranguer dende o que propón GB até o que propón, por exemplo, o BNG. --Norrin_strange (Fala-me) 28 de xaneiro de 2014 ás 07:44 (UTC)
Non segundo os poñentes. Non teño cita, pero gustáballes o proxecto catalán, que non se parece en nada nin ao galego nin ao promovido por esta xente Karlggest (conversa) 16 de febreiro de 2015 ás 17:23 (UTC)
Ola, Norrin. Respóndoche como primeiro redactor do artigo e como o que retirou o marcador que lle apuxeches onte. Ocúpase de analizar a situación lingüística en Galicia. Non sei que problema lle ves. Tal é o seu cometido. ...defender a liberdade..., iso non. Defenden a prevalencia da lingua castelá sobre a galega, pódelo ler en calquera recorte de prensa ou sacalo por sentido común; chocar co decreto do galego e tildalo de excesivos e castrador para o castelán non é defender a liberdade, termo co que se lles enche a boca pero que en sociolingüística non resulta serio. No tocante ás posturas polémicas, tes información, outra vez, sen ir máis lonxe, na prensa. Dicir que o galego se impón ou relacionar a lingua co uso da violencia (sabíalo?) é, cando menos, polémico. Pero xa digo, as referencias telas aí. Mira, polo demais, as hemerotecas. É simple. Sobre a postura maioritaria entre os lingüistas (os titulados), e tamén entre a xente do común, creo que se existe un PXNLG é por algo. É dicir, que mesmo os menos afíns á normalización da lingua galega recoñecen a necesidade dunha protección e promoción desta. Non así esta asociación, a día de hoxe de escaso peso, que, por certo, non conta con lingüistas entre a súa directiva, e polo que eu sei só teñen na retagarda un tal Freire, de expresión castelá, asidupo colaborador, por outra banda, con FAES. Por todo isto, se albergas dúbidas ou non coñeces a traxectoria desta xente, convídote a que revises a súa interpretación das normas lingüísticas hoxe vixentes en Galicia. Iso non quita de que lle chantes un cómpreref alí onde, obxectivamente, creas que se pode e se debe referenciar mellor. Onte mesmo, por exemplo, HombreDHojalata pediu unha referencia con bastante bo tino, e haberá que buscala. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 28 de xaneiro de 2014 ás 10:53 (UTC)
poner fin al adoctrinamiento nacionalista en la enseñanza. Se esta frase, amigo Norrin, non é polémica xa me dirás que o é. Saúdos. --Paradanta (Cóntame) 28 de xaneiro de 2014 ás 11:13 (UTC)
Non son precisamente fan de GB, mais insisto en que non temos que tomar partido e debemos expresar todos os puntos de vista. Eu penso que a introdución, tal e como está redactada, predispón en contra da asociación, e por moito que non nos guste, isto non pode ser. Feitos, feitos, feitos... non opinións. Se eles din o do adoctrinamiento nacionalista, póñase iso no artigo, e xa o lector xulgará segundo lle pareza. --Norrin_strange (Fala-me) 28 de xaneiro de 2014 ás 11:21 (UTC)
A min dáme a mesma impresión que a Norrin. Dende o principio o artigo xulga e condena, afastándose do Wikipedia:punto de vista neutral, tomando partido en contra de.
A redacción non asemella propia dunha enciclopedia e ten algún problemas de referencias. --. HombreDHojalata.conversa 30 de xaneiro de 2014 ás 22:00 (UTC)
Eu creo que o que aparece no artigo é certo e que é unha asociación que está en contra da normalización do galego pero esa non é a cuestión, tal como está redactado o artigo non é neutral.--Sernostri (conversa) 30 de xaneiro de 2014 ás 22:28 (UTC)
Nunca gostei de GB. Pero non penso que sexa necesario ser tendencioso para desacreditalos, eu penso que se desacreditan eles mesmos cos seus argumentos. Mais a reacción non é neutral. Calificar directamente ao PP, UPyD e AVT como "nacionalismo español" é claramente tendencioso (aínda que eu pense que o sexan). --Norrin_strange (Fala-me) 31 de xaneiro de 2014 ás 07:42 (UTC)
Se nunhas eleccións se procura o voto "para salvaguardar la Unidad de España" en Galiza, debera ser abondo para pensar que son "nacionalismo español", salvo que se pense que "nacionalista" é un adxectivo despectivo ;) Karlggest (conversa) 16 de febreiro de 2015 ás 17:23 (UTC)

Da política de neutralidade:

A Wikipedia non se involucra nas disputas. A Wikipedia describe as disputas. Caracterizar as disputas dun xeito neutral esixe presentar os puntos de vista desde un ton imparcial que sexa consistente. En caso contrario os artigos rematan tomando parte con comentarios non enciclopédicos. Mesmo no caso de estar perante un artigo escrito en termos de feitos e non de opinións é posible introducir un ton inapropiado segundo se presente, seleccionen e organicen os contidos.

--Norrin_strange (Fala-me) 31 de xaneiro de 2014 ás 07:44 (UTC)

  • Insisto, Norrin strange. O ton deste artigo a día de hoxe é imparcial. --Atobar (conversa comigo) 31 de xaneiro de 2014 ás 14:08 (UTC)
    • Nuns días preséntoche unha proposta de cambio para a entrada. Non é prioridade, mais algo farei. En calquera caso non só dubido eu da súa imparcialidade. Por outra parte non é a miña intención crear mal ambiente nin contigo nin con outros wikipedistas, polo que prégoche que manteñamos isto nunton amigábel e informal ;) --Norrin_strange (Fala-me) 1 de febreiro de 2014 ás 09:09 (UTC)
Concordo con Atobar. Confúndese a neutralidade con, digamos, o politicamente correcto, pero é que este tampouco é neutral. Nada é absolutamente neutral. Recoñezo que este é un artigo complicado, xa que se trata de escribir en galego por xente que queremos e apreciamos o noso idioma, sobre unha asociación que o rexeita e o desprecia. Dadas estas particulares circunstancias, penso que o artigo consegue un altísimo grao de imparcialidade. Saúdos. --Paradanta (Cóntame) 1 de febreiro de 2014 ás 15:18 (UTC)
Para min hai partes que se poden entender como parciais, por exemplo: creo que se deberan eliminar referencias directas a partidos políticos, xa que se falamos de persoas a título individual non ten nada que ver o partido ao que pertenzan e se pode interpretar como unha asociación do partido coa asociación. Deixando a un lado a neutralidade do artigo, creo que a frase "A súa presidente e voceira é a viguesa Gloria Lago, cuxa man dereita é o seu home José Manuel Pousada, tamén membro destacado da asociación." non ten sentido, se o Pousada é a man dereita de Lago creo que xa se entende que é un membro destacado da asociación. Piquito (conversa) 1 de febreiro de 2014 ás 16:44 (UTC)
Tacho parte do meu comentario anterior. Piquito (conversa) 1 de febreiro de 2014 ás 16:52 (UTC)

Que a xente de Galicia Bilingüe está en contra do galego e da súa cultura está fóra de dúbidas (sen ir máis lonxe no blog de Gloria Lago despacha a Castelao literalmente como " juntaletras-nacionalista-xenófobo") e a min se me remexe o estómago escribir aquí para dicir que o artigo ten que ser impecablemente neutral, podemos dicir que é unha asociación contraria ao galego (como eu creo que é) só se o facemos con referencias sólidas.--Sernostri (conversa) 1 de febreiro de 2014 ás 18:44 (UTC)

Eliminación de contidos[editar a fonte]

Propoño eliminar a sección "Apoio en Galicia", xa que non conta con ningunha referencia. Piquito (conversa) 1 de febreiro de 2014 ás 16:24 (UTC)

  1. Symbol support vote.svg Concordo. Piquito (conversa) 1 de febreiro de 2014 ás 16:24 (UTC)
  2. Symbol support vote.svg Concordo. Non teño incoveniente, polo menos mentres non se atope referencia ningunha e en aras de conseguir un maior consenso. --Paradanta (Cóntame) 1 de febreiro de 2014 ás 18:43 (UTC)

Protección[editar a fonte]

Este artigo debería ficar protexido para evitar que usuarios como "Emilioperezgonzalez" eliminen as referencias ás polémicas relativas ás actuacións desta asociación e veñan vender que o obxectivo da mesma é a "loita pola liberdade". —o anterior comentario sen asinar foi feito por 84.79.11.14 (conversacontribucións)