Dalai Lama: Diferenzas entre revisións
m (Script) File renamed: File:BMR.86.1.23.3-O-1- cropped.jpg → File:13th Dalai Lama Thubten Gyatso.jpg File renaming criterion #2: Change from completely meaningless names into suitable names, accor... |
Sen resumo de edición |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Atención|data=maio de 2014|Algúns contidos do artigo non son correctos ou son imprecisos.}} |
{{Atención|data=maio de 2014|Algúns contidos do artigo non son correctos ou son imprecisos.}} |
||
[[Ficheiro:Dalai Lama 1473 Luca Galuzzi 2007.jpg|dereita|miniatura|260px|[[Tenzin Gyatso]], 14° Dalai Lama.]] |
[[Ficheiro:Dalai Lama 1473 Luca Galuzzi 2007.jpg|dereita|miniatura|260px|[[Tenzin Gyatso]], 14° Dalai Lama.]] |
||
{{Contén texto indio}} |
|||
'''Dalai Lama''', do [[Lingua mongol|mongol]] ''dalaï'', océano, e do [[Lingua tibetana|tibetano]] ''lama (bla-ma)'', mestre espiritual ou gurú. |
'''Dalai Lama''', do [[Lingua mongol|mongol]] ''dalaï'', océano, e do [[Lingua tibetana|tibetano]] ''lama (bla-ma)'', mestre espiritual ou gurú. |
||
Revisión como estaba o 30 de xaneiro de 2015 ás 18:34
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde maio de 2014) |
Dalai Lama, do mongol dalaï, océano, e do tibetano lama (bla-ma), mestre espiritual ou gurú.
Traducido xeralmente como "océano de sabedoría", este título foi forxado polo xefe mongol Genghis Khan, ao aceptar a Sönam Gyatso como mestre excepcional, alentando ao pobo mongol á conversión ao budismo vajrayana. Nótese que neste caso, dalai era a tradución de "Gyam-tsho" (Gyatso), o apelido dos Dalai Lama desde Gedun Drup.
Os budistas tibetanos consideran que os Dalai Lama son emanacións do Buddha Avalokiteśvara, aínda que non é un mestre Buddha senón un Bodhisattva, é o patrón do Tíbet e crese que, tras a súa morte, a súa conciencia sutil tarda un intervalo de corenta e nove días, polo menos, para nacer de novo nun neno que xa desde o seu nacemento pode dar sinais do seu carácter especial. Avalokiteśvara é unha deidade importante para o budismo tibetano e é considerado nos ensinos vajrayāna como un buda. En cambio, para os ensinos mahāyāna é visto máis ben como un bodhisattva de elevado nivel.
Tras a morte do Dalai Lama, o Panchen Lama encárgase de recoñecer a súa reencarnación, ou tulku (normalmente un neno) por estes sinais, quen pasará a ser o novo Dalai Lama. Á súa vez, o Dalai Lama debe recoñecer á reencarnación do Panchen Lama tras a morte deste.
Tradicionalmente, o Dalai Lama foi o líder espiritual e temporal do Tíbet; Tenzin Gyatso, actualmente no exilio, tras a ocupación e anexión forzada por parte da China maoísta, abandonou a preeminencia política tradicional, e creou un Ministro presidente do Kashag (gabinete), elixido por sufraxio universal. Tamén Indicou que a institución podería ser abolida no futuro e que o próximo Dalai Lama se podería atopar fóra do Tíbet ou ser unha muller[1]. O goberno chinés reclámase como o único autorizado para escoller o vindeiro Dalai Lama[2].
Lista de Dalai Lama
Ao longo da historia téñense recoñecido 14 reencarnacións do Dalai Lama:
Nome | Imaxe | Vida[3] | Recoñecido | Entronizamento | Tibetano/Wylie | Pinyin tibetano/Chinés | Escrituras alternativas | Lugar de nacemento[3] | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Gendun Drup | Ficheiro:1stDalaiLama.jpg | 1391–1474 | – | N/A[4] | དགེ་འདུན་འགྲུབ་ dge 'dun 'grub |
Gêdün Chub 根敦朱巴 |
Gedun Drub Gedün Drup |
Shabtod (U-tsang) |
2 | Gendun Gyatso | Ficheiro:2Dalai.jpg | 1475–1542 | – | N/A[4] | དགེ་འདུན་རྒྱ་མཚོ་ dge 'dun rgya mtsho |
Gêdün Gyaco 根敦嘉措 |
Gedün Gyatso Gendün Gyatso |
Tanag Segme (U-tsang) |
3 | Sonam Gyatso | Ficheiro:3rdDalaiLama2.jpg | 1543–1588 | ? | 1578 | བསོད་ནམས་རྒྱ་མཚོ་ bsod nams rgya mtsho |
Soinam Gyaco 索南嘉措 |
Sönam Gyatso | Tolung (U-tsang) |
4 | Yonten Gyatso | 1589–1617 | ? | 1603 | ཡོན་ཏན་རྒྱ་མཚོ་ yon tan rgya mtsho |
Yoindain Gyaco 雲丹嘉措 |
Yontan Gyatso, Yönden Gyatso | Mongolia | |
5 | Ngawang Lobsang Gyatso | 1617–1682 | 1618 | 1622 | བློ་བཟང་རྒྱ་མཚོ་ blo bzang rgya mtsho |
Lobsang Gyaco 羅桑嘉措 |
Lobzang Gyatso Lopsang Gyatso |
Chingwar Taktse (U-tsang) | |
6 | Tsangyang Gyatso | 1682–1706 | 1688 | 1697 | ཚངས་དབྱངས་རྒྱ་མཚོ་ tshang dbyangs rgya mtsho |
Cangyang Gyaco 倉央嘉措 |
Tsañyang Gyatso |
Mon Tawang, India | |
7 | Kelzang Gyatso | 1708–1757 | ? | 1720 | བསྐལ་བཟང་རྒྱ་མཚོ་ bskal bzang rgya mtsho |
Gaisang Gyaco 格桑嘉措 |
Kelsang Gyatso Kalsang Gyatso |
Lithang (Kham) | |
8 | Jamphel Gyatso | Ficheiro:8thDalaiLama.jpg | 1758–1804 | 1760 | 1762 | བྱམས་སྤེལ་རྒྱ་མཚོ་ byams spel rgya mtsho |
Qambê Gyaco 強白嘉措 |
Jampel Gyatso Jampal Gyatso |
Thobgyal (U-tsang) |
9 | Lungtok Gyatso | Ficheiro:9thDalaiLama.jpg | 1805–1815 | 1807 | 1808 | ལུང་རྟོགས་རྒྱ་མཚོ་ lung rtogs rgya mtsho |
Lungdog Gyaco 隆朵嘉措 |
Lungtog Gyatso | Dan Chokhor (Kham) |
10 | Tsultrim Gyatso | Ficheiro:10thDalaiLama.jpg | 1816–1837 | 1822 | 1822 | ཚུལ་ཁྲིམས་རྒྱ་མཚོ་ tshul khrim rgya mtsho |
Cüchim Gyaco 楚臣嘉措 |
Tshültrim Gyatso | Lithang (Kham) |
11 | Khedrup Gyatso | Ficheiro:11thDalaiLama1.jpg | 1838–1856 | 1841 | 1842 | མཁས་གྲུབ་རྒྱ་མཚོ་ mkhas grub rgya mtsho |
Kaichub Gyaco 凱珠嘉措 |
Kedrub Gyatso | Gathar (Kham) |
12 | Trinley Gyatso | Ficheiro:12thDalai Lama.jpg | 1856–1875 | 1858 | 1860 | འཕྲིན་ལས་རྒྱ་མཚོ་ 'phrin las rgya mtsho |
Chinlai Gyaco 成烈嘉措 |
Trinle Gyatso | Lhoka (U-tsang) |
13 | Thubten Gyatso | 1876–1933 | 1878 | 1879 | ཐུབ་བསྟན་རྒྱ་མཚོ་ thub bstan rgya mtsho |
Tubdain Gyaco 土登嘉措 |
Thubtan Gyatso Thupten Gyatso |
Dagpo Langdun (U-tsang) | |
14 | Tenzin Gyatso | born 1935 | 1937 | 1950 (actualmente no exilio) |
བསྟན་འཛིན་རྒྱ་མཚོ་ bstan 'dzin rgya mtsho |
Dainzin Gyaco 丹增嘉措 |
Tenzing Gyatso | Taktser, Kumbum (Amdo) |
Tamén houbo un Dalai Lama non recoñecido, Ngawang Yeshey Gyatso, declarado o 28 de xuño de 1707, cando contaba con 25 anos de idade, por Lha-bzang Khan como o "verdadeiro" 6º Dalai Lama – porén, nunca foi aceptado como tal pola maior parte da poboación.[5][6][7]
Notas
- ↑ "Next Dalai Lama May Be Female", artigo en Newser (en inglés).
- ↑ "Chinese Government: We Will Choose Next Dalai Lama" from Tricycle: The Buddhist Review (en inglés)
- ↑ 3,0 3,1 "The Dalai Lamas". Consultado o 23 de abril de 2014. Texto "HH The 14th Dalai Lama of Tibet " ignorado (Axuda)
- ↑ 4,0 4,1 The title "Dalai Lama" was conferred posthumously to the 1st and 2nd Dalai Lamas.
- ↑ Stein (1972), p. 85.
- ↑ Chapman, F. Spencer. (1940). Lhasa: The Holy City, p. 127. Readers Union Ltd. London.
- ↑ Mullin 2001, p. 276
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Tibet.com: Goberno tibetano no Exilio, en inglés.
- Dalailama.com: Páxina oficial do Dalai Lama.