Panchen Lama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
O Mosteiro Tashilhunpo, residencia tradicional do Panchen Lama.

O Panchen Lama ((en tibetano), chinés simplificado: 班禪喇嘛 chinés tradicional: 班禅喇嘛), ou Panchen Erdeni ((en tibetano); chinés simplificado: 班禪額爾德尼; chinés tradicional: 班禅额尔德尼), é o maior título Lama por detrás do Dalai Lama na liñaxe Gelugpa (Dge-lugs-pa) do budismo tibetano (esta liñaxe controlou o oeste do Tibet dende o século XVI ata a Rebelión Tibetana de 1959). A presente encarnación do Panchen Lama (o 11º) é motivo de controversia: a República Popular de China afirma que é Gyancain Norbu, mentres que o 14º Dalai Lama, Tenzin Gyatso, afirmou o 14 de maio de 1995 que o auténtico 11º Panchen Lama era Gedhun Choekyi Nyima. Este último está permanece desaparecido dende pouco despois do seu nomeamento aos seis anos de idade. As autoridades chinesas declararon que Gendhun fora posto baixo custodia de aqueles que o querían levar ao exilio, e actualmente se atopa en cauteverio en contra dos desexos do tibetano.[1] Os tibetanos e grupos a favor dos dereitos humanos continúan a facer campaña pola súa liberación.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

Os sucesivos Panchen Lama forman parte dunha liñaxe de reencarnacións tulku que se di que son encarnacións do Buda Amitabha. O título, que significa Gran Erudito, é unha contración tibetana do sánscrito paṇḍita (erudito) e do tibetano chenpo (gran). O Panchen Lama vive tradicionalmente no Mosteiro Tashilhunpo (Teshu-lumbo) en Shigatse. Polo nome deste mosteiro, os europeos referíronse ao Pancen Lama como o Tashi-Lama (ou escrito Tesho-Lama ou Teshu-Lama).[3][4][5]

O recoñecemento do Panchen Lama sempre foi un asunto relacionado co Dalai Lama.[6][7] O mesmo 10º Panchen Lama declarou, como se cita nunha conté oficial chinesa que "de acordo coa tradición tibetana, a confirmación tanto do Dalai como do Panchen debe ser recoñecida mutuamente".[8] A participación de China neste asunto é vista por algúns como unha manobra política para tentar coller o control sobre o recoñecemento do seguinte Dalai Lama, e reforzar o seu control sobre o futuro do Tíbet e o seu goberno. China asegura con todo que a súa participación non rompe coa tradición na que a decisión final sobre o recoñecemento tanto do Dalai Lama como do Panchen Lama estaba nas mans do emperador de China. Por exemplo, despois de 1792, pensouse que a furna dousada fora empregada para a selección do 10º, 11º e 12º Dalai Lama;[9] mais o 14º Dalai Lama, Tenzin Gyatso, declarou máis Recentemente que só foi empregada na selección do 11º.[10] Houbo controversia entre o goberno do Tíbet e os seguidores de Chökyi Gyaltsen durante a elección do 10º Panchen Lama.

Ma Bufang favoreceu ao 10º Panchen Lama, e á Seita Lamaísta Vermella fronte ao Dalai Lama. Qinghai serviu como "santuario" para os membros da Seita Vermella, e Ma Bufang permitiulle ao Mosteiro Kumbum ser totalmente autogobernado polo Panchen Lama.[11] O 10º Panchen Lama, que foi exiliado do Tíbet polo goberno do Dalai Lama, quería vingarse levando un exército contra o Tíbet en setembro de 1949, para o que pediu axuda a Ma Bufang.[12] Ma cooperou co Panchen Lama en contra do réxime do Dalai Lama no Tíbet. O Panchen Lama ficou en Qinghai. Ma tentou persuadir ao Panchen Lama para ir co goberno de Kuomintang a Taiwán cando a vitoria comunista se acercou, mais o Panchen Lama decidiu desertar aos comunistas no seu lugar. O Panchen Lama, ao contrario do Dalai Lama, tratou de exercer control na toma de decisións.[13][14]

Liñaxe[editar | editar a fonte]

Na liñaxe dos Panchen Lama tibetanos non se consideran catro reencarnacións indias e tres tibetanas do Buda Amitabha anteriores a Khedrup Gelek Pelzang, que é recoñecido como o primeiro Panchen Lama. A liñaxe comezou con Subhuti, un dos discípulos orixinais de Siddhartha Gautama. Gö Lotsawa é considerado primeira encarnación tibetana do Buda Amitabha nesta liña.[15][16]

Importancia política[editar | editar a fonte]

As figuras monásticas teñen mantido historicamente papeis importantes na composición social e política do Tíbet, e aínda que eses papeis teñen diminuído dende 1959, moitos tibetanos continúan a ver ao Panchen Lama como unha figura política significativa, así como espiritual debido ao papel que xoga tradicionalmente na selección do seguinte Dalai Lama. A importancia política do papel é tamén empregada polo Estado chinés.[17] Algúns grupos de apoio tibetano teñen argumentado que o goberno chinés pretende instalar a súa propia elección do Dalai Lama cando Tenzin Gyatso, o actual Dalai Lama, morra e que por esta razón o elixido do Dalai Lama, Gedhun Choekyi Nyima, desapareceu aos seis anos de idade, sendo remprazado polo elixido do Estado chinés, Gyancain Norbu. Se esta táctica é correcta, o anuncio feito polo Dalai Lama o 10 de marzo de 2011 de que deixará o seu papel político[18] podería dar lugar a un cambio na política con respecto aos dous candidatos en disputa.

Lista de Panchen Lama[editar | editar a fonte]

Nome Imaxe Vida Tibetano/Wylie Transcrición PRC Outras transliteracións
1 Khedrup Je Khedrup Je.jpg 1385–1438[19] མཁས་གྲུབ་རྗེ།
Mkhas-grub Rje,་
མཁས་གྲུབ་དགེ་ལེགས་དཔལ་བཟང་པོ།
Mkhas-grub Dge-legs Dpal-bzang-po
Kaichub Gêlêg Baisangbo Khädrup Je, Khedrup Gelek Pelsang, Kedrup Geleg Pelzang, Khedup Gelek Palsang, Khedrup Gelek Pal Sangpo
2 Sönam Choklang Sonam Chhyog-Lan.jpg 1438–1505[19] བསོད་ནམས་ཕྱོགས་ཀྱི་གླང་པོ།
Bsod-nams Phyogs-glang,་
བསོད་ནམས་ཕྱོགས་ཀྱི་གླང་པོ་
Bsod-nams Phyogs-kyi Glang-po
Soinam Qoilang,
Soinam Qoigyi Langbo
Sonam Choglang, Soenam Choklang
3 Ensapa Lobsang Döndrup Lossan Tondub.jpg 1505–1568[19] དབེན་ས་པ་བློ་བཟང་དོན་གྲུབ།
Dben-sa-pa Blo-bzang Don-grub
Wênsaba Lobsang Toinchub Gyalwa Ensapa, Ensapa Lozang Döndrup, Ensapa Losang Dhodrub
4 Lobsang Chökyi Gyalsten Lossan Chho Kyi Gyal -Tshan.jpg 1570–1662 བློ་བཟང་ཆོས་ཀྱི་རྒྱལ་མཚན།
Blo-bzang Chos-kyi Rgyal-mtshan
Lobsang Qoigyi Gyaicain Losang Chökyi Gyältsän, Lozang Chökyi Gyeltsen, Lobsang Chökyi Gyaltsen, Lobsang Choekyi Gyaltsen, Lobsang Choegyal, Losang Chögyan
5 Lobsang Yeshe Lobsang Yeshe.jpg 1663–1737 བློ་བཟང་ཡེ་ཤེས།
Blo-bzang Ye-shes
Lobsang Yêxê Lobsang Yeshi, Losang Yeshe
6 Lobsang Palden Yeshe Lobsang Palden Yeshe.jpg 1738–1780 བློ་བཟང་དཔལ་ལྡན་ཡེ་ཤེས།
Blo-bzang Dpal-ldan Ye-shes
Lobsang Baidain Yêxê Palden Yeshe, Palden Yeshi
7 Palden Tenpai Nyima 1782–1853 དཔལ་ལྡན་བསྟན་པའི་ཉི་མ།
Dpal-ldan Bstan-pa'i Nyi-ma
Dainbai Nyima Tänpä Nyima, Tenpé Nyima, Tempai Nyima, Tenpey Nyima
8 Tenpai Wangchuk 1855?–1882 བསྟན་པའི་དབང་ཕྱུག
Bstan-pa'i Dbang-phyug
Dainbai Wangqug Tänpä Wangchug, Tenpé Wangchuk, Tempai Wangchuk, Tenpey Wangchuk
9 Thubten Chökyi Nyima 9thPanchen.jpg 1883–1937 ཐུབ་བསྟན་ཆོས་ཀྱི་ཉི་མ།
Thub-bstan Chos-kyi Nyi-ma
Tubdain Qoigyi Nyima Choekyi Nyima, Thubtän Chökyi Nyima
10 Lobsang Trinley Lhündrub Chökyi Gyaltsen XthPanchenLama.jpg 1938–1989 བློ་བཟང་ཕྲིན་ལས་ལྷུན་གྲུབ་
ཆོས་ཀྱི་རྒྱལ་མཚན།

Blo-bzang Phrin-las Lhun-grub Chos-kyi Rgyal-mtshan
Lobsang Chinlai Lhünchub Qoigyi Gyaicain Choekyi Gyaltsen, Chökyi Gyeltsen, Choekyi Gyaltse, Trinley Choekyi Gyaltsen, Lozang Trinlä Lhündrup Chökyi Gyältsän
11 Gedhun Choekyi Nyima[20] 1989– དགེ་འདུན་ཆོས་ཀྱི་ཉི་མ།
Dge-'dun Chos-kyi Nyi-ma
Gêdün Qoigyi Nyima Gendün Chökyi Nyima, Gendhun Choekyi Nyima
Gyancain Norbu[20] 1990– ཆོས་ཀྱི་རྒྱལ་པོ།
Chos-kyi Rgyal-po
Gyaincain Norbu Choekyi Gyalpo, Chökyi Gyälbo, Gyaincain Norbu, Gyaltsen Norbu, Qoigyijabu

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Philippe Naughton October 17, 2011 10:46AM (2011-09-30). "China Says Missing Panchen Lama Living In Tibet". London: Timesonline.co.uk. Consultado o 2011-10-17. 
  2. "Learn More". Free the Panchen Lama. Consultado o 5 de maio de 2014. 
  3. "Pro-British Tashi Lama Succeeds Ousted Dalai Lama. British to Leave Lhasa" (PDF). New York Times. Sep 1901. Consultado o April 2011. 
  4. Fort William-India House correspondence: In the index, “Tashi Lama. See Teshu Lama”. and “Teshu Lama (Teshi Lama, Tesho Lama)”.
  5. "Definition for "Lama"". Oxford English Dictionary Online. The chief Lamas[…]of Mongolia [are called] Tesho- or Teshu-lama.  Falta a |url= (Axuda)
  6. et :Ya Hanzhang, Biographies of the Tibetan Spiritual Leaders Panchen Erdenis. Beijing: Foreign Language Press, 1987. pg 350.
  7. When the sky fell to earth[Ligazón morta]
  8. Panchen-lama. 1988. "On Tibetan Independence." China Reconstructs (now named China Today) (January): Vol. 37, No. 1. pp 8–15.
  9. Goldstein 1989
  10. [1][Ligazón morta]
  11. Santha Rama Rau (1950). East of home. Harper. p. 122. Consultado o 2010-06-28. 
  12. "EXILED LAMA, 12, WANTS TO LEAD ARMY ON TIBET". Los Angeles Times. 6 Sep 1949. Consultado o 2010-11-28. 
  13. Melvyn C. Goldstein (2009). A History of Modern Tibet: The Calm Before the Storm: 1951-1955, Volume 2. University of California Press. pp. 272, 273. ISBN 0-520-25995-5. Consultado o 2010-06-28. 
  14. Isabel Hilton (2001). The Search for the Panchen Lama. W. W. Norton & Company. p. 110. ISBN 0-393-32167-3. Consultado o 2010-06-28. 
  15. Stein 1972, p. 84
  16. Das, Sarat Chandra. Contributions on the Religion and History of Tibet (1970), p. 82. Manjushri Publishing House, New Delhi. First published in the Journal of the Asiatic Society of Bengal, Vol. LI (1882).
  17. "Afp Article: Tibet'S Panchen Lama, Beijing'S Propaganda Tool". Google.com. 2009-03-26. Arquivado dende o orixinal o 2009-04-04. Consultado o 2011-10-17. 
  18. O'Brien, Barbara (2011-03-11). "Dalai Lama Steps Back But Not Down". London: Guardian. Consultado o 2011-10-17. 
  19. 19,0 19,1 19,2 O título de Panchen Lama foi concedido postumamente aos dous primeiros Panchen Lamas.
  20. 20,0 20,1 O goberno tibetano no exilio co 14º Dalai Lama recoñece a Gedhun Choekyi Nyima como o 11º Panchen Lama; o goberno da República Popular de China recoñece a Gyaincain Norbu como o 11º Panchen Lama.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Goldstein, Melvyn C. A History of Modern Tibet, 1913-1951: The Demise of the Lamaist State (1989) University of California Press. ISBN 978-0-520-06140-8
  • Goldstein, Melvyn C. The Snow Lion and the Dragon: China, Tibet, and the Dalai Lama (1997) University of California Press. ISBN 0-520-21951-1
  • Kapstein, Matthew T. (2006). The Tibetans. Blackwell Publishing. Oxford, U.K. ISBN 978-0-631-22574-4.
  • Stein, Rolf Alfred. Tibetan Civilization (1972) Stanford University Press. ISBN 0-8047-0901-7

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]