Taktser

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista de Taktser

Taktser (en tibetano:སྟག་འཚེར། -Dagcêr, Lugar nas alturas; en chinés 红崖) é unha aldea situada na provincia chinesa de Qinghai no Tíbet. É a aldea na que naceu o Dalai Lama Tenzin Gyatso.

Demografía[editar | editar a fonte]

No 1935 estaba controlada polo señor da guerra hui Ma Bufang. Estaba composta por 17 casas, das cales 15 pertencían a tibetanos. No 1985 vivían 40 familias e no 2002 a poboación ascendeu a 50 familias.[1]

No ano 2009 a poboación era de 256 persoas.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. John Gittings, Half a century of exile cannot crush Tibetan dreams, guardian.co.uk, February 8th, 2003.
  2. Yu Zheng, An enigmatic paradox - How a layman sees the Dalai Lama, China View, Marc 13th, 2009.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]