Conde de Lautréamont: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 7: Liña 7:
|data_de_falecemento = 24 de noviembre de [[1870]]
|data_de_falecemento = 24 de noviembre de [[1870]]
|lugar_de_falecemento = [[París]], [[Francia]]
|lugar_de_falecemento = [[París]], [[Francia]]
|lingua da escrita = [[lingua galega|Galego]]
|lingua da escrita = [[Lingua francesa|Francés]]
|xéneros=[[Poesía]]
|xéneros=[[Poesía]]
|conxuxe =
|conxuxe =
|notas = Inlui notablemente ao [[Surrealismo|movemento surrealista]]
|notas = Influi notablemente ao [[Surrealismo|movemento surrealista]]
}}
}}
Isidore Lucien Ducasse ([[Montevideo]], 4 de abril de [[1846]]-[[París]], 24 de novembro de [[1870]]), alcumado coma o Conde de Lautréamont (''Comte de Lautréamont'' en lingua francesa), foi un poeta francés de orixe [[Uruguai|uruguaia]] adherido ao movemento [[simbolismo|simbolista]]. A súa obra pasou desapercibida na súa época, porén o movemento [[surrealismo|surrealista]] considerouno un dos seus precursores. A súa vida bohemia e apartada da sociedade xunto coa súa poesía tétrica fai que hoxe sexa enmarcado coma [[poeta maldito]]. O seu estilo de vida apartado e a falta de fama durante anos fai que moitos datos da súa vida fiquen agochados a día de hoxe.
Isidore Lucien Ducasse ([[Montevideo]], 4 de abril de [[1846]]-[[París]], 24 de novembro de [[1870]]), alcumado coma o Conde de Lautréamont (''Comte de Lautréamont'' en lingua francesa), foi un poeta francés de orixe [[Uruguai|uruguaia]] adherido ao movemento [[simbolismo|simbolista]]. A súa obra pasou desapercibida na súa época, porén o movemento [[surrealismo|surrealista]] considerouno un dos seus precursores. A súa vida bohemia e apartada da sociedade xunto coa súa poesía tétrica fai que hoxe sexa enmarcado coma [[poeta maldito]]. O seu estilo de vida apartado e a falta de fama durante anos fai que moitos datos da súa vida fiquen agochados a día de hoxe.

Revisión como estaba o 17 de decembro de 2014 ás 20:39

Infotaula de personaIsidore Lucien Ducasse
Nome orixinal(fr) Isidore Ducasse Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de abril de 1846
Montevideo, Uruguai
Morte24 de noviembre de 1870
París, Francia
Lugar de sepulturaCemiterio de Montmartre
Cimetière parisien de Pantin (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia
Uruguai Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , escritor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía
Influencias
Pseudónimo literarioComte de Lautréamont
Lautréamont Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Musicbrainz: ac8a454d-516d-4cbc-846c-253b61205184 Discogs: 959502 Find a Grave: 13365484 Editar o valor em Wikidata
Notes
Influi notablemente ao movemento surrealista

Isidore Lucien Ducasse (Montevideo, 4 de abril de 1846-París, 24 de novembro de 1870), alcumado coma o Conde de Lautréamont (Comte de Lautréamont en lingua francesa), foi un poeta francés de orixe uruguaia adherido ao movemento simbolista. A súa obra pasou desapercibida na súa época, porén o movemento surrealista considerouno un dos seus precursores. A súa vida bohemia e apartada da sociedade xunto coa súa poesía tétrica fai que hoxe sexa enmarcado coma poeta maldito. O seu estilo de vida apartado e a falta de fama durante anos fai que moitos datos da súa vida fiquen agochados a día de hoxe.

Biografía

Fillo dun diplomático francés designado en Montevideo. A súa nai, tamén francesa, morrería cando el tiña só un ano. Educouse en Uruguai ata que cumpliu trece anos, ano no que foi enviado polo seu pai á cidade de Pau, Francia, onde se destacaría coma bo alumno no lycée de Tarbes.

Despois dunha viaxe a Urugai en 1867, instalaríase en París. Emprendería alí na Escola Politécnica uns estudos superiores de natureza aínda descoñecida. Publicaría unha primeira edición dos seus Cantos de Maldoror en 1868 de xeito anónimo. No ano 1869 unha segunda edición dos mesmos cantos aumentaríao, tomando a forma coa que se o coñece na actualidade; esta vez firmaría co alcume de Comte de Lautréamont, seudónimo quizais inspirado pola novela histórica Lautréaumont do escritor Eugène Sue. Tamén existe a posibilidade de que proveña dun xogo de palabras, L'autre est au mont → Lautréamont (xogo que expresaría a súa morriña por Montevideo, o outro está no Monte...).

Lautréamont non acadaría fama, cousa difícil posto que se cre que o seu editor publicou adrede tiradas moi pequenas polo medo a unha denuncia por sadomasoquismo ou herexía, comúns dabondo no reinado do Emperador Napoleón III. Finaría o 24 de novembro de 1870 por unha posible tuberculose, segundo os seus biógrafos.

Obra

Os seus Cantos de Maldoror representa un dos grandes berces da poesía moderna. A súa complexidade, as súas múltiples interpretacións e a súa imaxe que mestura elementos da vida cotiá con elementos abstractos de eidos filosóficos influirían notablemente a Breton, e con este ao surrealismo en xeral.

Mesmo o significado do título da obra presenta un gran interrogante posto que se barallan dúas interpetacións que seica non convencen moito á crítica especializada:

   *Mal do horror: Mal d'herreur en francés, que daría Maldoreur, xogándose cunha grafía homófona Maldoror.
   *Mal da aurora: Mal d'aurore en francés, que daría Maldoreur, e, xogándose cunha grafía homófona de novo, a Maldoror.

O poema trata da presentación en primeira persoa dunha especie de demo maligno que disfruta cometendo asasinatos e torturas infanticidas, entre outros horrores dos que presume. Poderíase tratar dunha interpretación lírica das sensacións do adolescente rechazado cara ao seu mundo, sendo esta unha das teorías predilectas.

Bibliografía

Véase tamén