Enerxía mareomotriz: Diferenzas entre revisións
m engado a Categoría:Artigos sen datos mediante HotCat |
m elimino a Categoría:Artigos sen datos; engado a Categoría:Artigos sen imaxes mediante HotCat |
||
Liña 15: | Liña 15: | ||
[[Categoría:Enerxías renovables]] |
[[Categoría:Enerxías renovables]] |
||
[[Categoría:Artigos sen |
[[Categoría:Artigos sen imaxes]] |
Revisión como estaba o 20 de novembro de 2014 ás 02:18
Enerxías renovables |
---|
Biodiésel Biomasa Enerxía xeotérmica Enerxía hidráulica Enerxía solar Enerxía mareomotriz Enerxía undimotriz Enerxía eólica |
A enerxía mareomotriz é a producida polo movemento das augas do mar polas subidas e baixadas das mareas, esta enerxía é aproveitada por turbinas, as cales a súa vez moven un alternador que xera enerxía eléctrica. Ao non consumir combustibles fósiles nin tampouco producir gases que axuden ao efecto invernadoiro, considerase unha enerxía limpa e renovable pero hai que ter en conta que provoca cambios na salinidade do estuario e no ecosistema da zona
As centrais mareomotrices instálanse en estuarios, constan dun dique que separa o mar da costa e que permite reter a auga na preamar, na baixamar ábrense as comportas e a auga acciona unha turbina que está unida a un alternador.
Para aproveitar a enerxía das mareas é preciso que a súa amplitude sexa considerable, o aconsellable é unha amplitude superior a 10 m. Unha das primeiras foi a de La Rance en Francia construída en 1967 no estuario do río Rance na Bretaña.
Con todo, esta forma de producir enerxía eléctrica ven ser unha actualización dos tradicionais muíños de marea, que existen en lugares como Muros ou Vilagarcía de Arousa.