Robert Wise: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
lig int
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 57: Liña 57:
[[Categoría:Finados en 2005]]
[[Categoría:Finados en 2005]]
[[Categoría:Oscar ó mellor director]]
[[Categoría:Oscar ó mellor director]]
[[Categoría:Nados en Indiana]]
[[Categoría:Nados no condado de Randolph, Indiana]]

Revisión como estaba o 10 de novembro de 2014 ás 20:10

Robert Earl Wise, nado en Winchester (Indiana) o 10 de setembro de 1914 e finado nos Ánxeles (California) o 14 de setembro de 2005, foi un director de cinema, produtor e montador estadounidense.

Traxectoria

Cando era mozo, o principal pasatempo de Wise era ir ao cine e xa no instituto comezou a escribir artigos para o xornal estudantil. A súa carreira cinematográfica comezou como montador de son e música para a RKO, aínda que axiña se interesou máis pola montaxe. Nesta tarefa chegou a conseguir unha candidatura ao oscar á mellor montaxe por Citizen Kane.

A súa primeira película coma director foi substituíndo ao director orixinal dun filme de terror, The Curse of the Cat People, en 1944. Nos anos cincuenta moveuse por diferentes xéneros, incluíndo a ciencia ficción en The Day the Earth Stood Still o melodrama en So Big, ou o cine épico de Helen of Troy. Nos sesenta dirixiu dúas películas baseadas en musicais que lle deron o oscar ao mellor director: West Side Story e Sorrisos e lágrimas, a primeira codirixida con Jerome Robbins. Seguiu dirixindo películas para cine e televisión ata os 86 anos e ata pouco tempo antes da súa morte tamén participou nas edicións para DVD dos seus filmes.

Obra

Véxase tamén

Ligazóns externas