Horario de verán: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:UTC World.png|300px|miniatura|Uso do horario de verán
[[Ficheiro:DaylightSaving-World-Subdivisions.png|300px|miniatura|Uso do horario de verán
{{Legend|#1a80e6|Usado actualmente}}
{{Legend|#1a80e6|Usado actualmente}}
{{Legend|#ef690a|Non usado actualmente}}
{{Legend|#ef690a|Non usado actualmente}}

Revisión como estaba o 8 de outubro de 2014 ás 23:38

Uso do horario de verán      Usado actualmente      Non usado actualmente      Non usado nunca

O horario de verán é a convención pola que se adiantan os reloxos para que as tardes teñan máis luz diúrna e as mañás menos. Normalmente os reloxos adiántanse unha hora a principios da primavera e atrásanse en outono (na UE faise o último domingo de marzo e o último domingo de outubro). Moitas culturas antigas, en cambio, alongaban as horas diúrnas no verán. O horario de verán moderno estableceuse por primeira vez en 1916 durante a Primeira Guerra Mundial para aforrar carbón. A pesar das controversias, moitos países empregárono desde entón. En Galicia, pola súa situación xeográfica dentro da UE, a diferenza respecto da hora solar é de dúas horas no inverno e tres no verán.

Engadir tempo de luz diúrna ás tardes beneficia o comercio, a práctica deportiva e outras actividades que se benefician da presenza de luz tras a xornada laboral pero pode ocasionar problemas á agricultura e a outras ocupacións que dependan do tempo solar. O incremento de luz vespertino ao parecer diminúe os accidentes de tráfico, pero os seus efectos sobre a saúde e o crime están menos claros. Dise que mediante o horario de verán afórrase enerxía eléctrica ao reducirse a necesidade de iluminación artificial, pero as evidencias que o apoian son febles.

Orixe

Antiga clepsidra ou reloxo de auga. Unha serie de engranaxes fan virar un cilindro que indica a lonxitude das horas segundo a data.

Algunhas civilizacións antigas, como a exipcia e a romana, axustaban os horarios ao sol con gran flexibilidade, polo común dividían o tempo de luz solar en doce horas de igual duración, e como consecuencia as horas de luz eran máis longas no verán,[1][2] o que se pode reflectía por exemplo nas clepsidras romanas que tiñan diferentes escalas para os diversos meses do ano: na latitude de Roma, a terceira hora tras raiar o sol, a hora tertia, comezaba ás 09:02 segundo o horario moderno e duraba 44 minutos no solsticio de inverno mentres no verán comezaba ás 06:58 e tiña unha duración de 75 minutos.[3]

William Willett

O primeiro que propuxo algo semellante ao horario de verán moderno foi o entomólogo George Vernon Hudson,[4] quen en 1895 presentou un artigo na Sociedade Filosófica de Wellington no que propuña un axuste de dúas horas no verán[5] e despois de considerable interese no seu país, Nova Zelandia publicou en 1898 un novo artigo.[6] En 1907 o empresario inglés William Willett publicou un artigo no que propuña adiantar unha hora os reloxos durante os meses de verán, proposta que se presentou na Cámara dos Comúns e que foi moi debatida en 1908 e 1909[7] pero que non se converteu en lei.

Foi no decurso da Primeira Guerra Mundial cando Alemaña e Austria-Hungría[8] adoptaron o horario de verán o 30 de abril de 1916, e pouco despois o Reino Unido tomou a mesma medida entrando en vigor o 21 de maio dese ano[9]</ref>, outros países europeos seguiron a mesma política e os Estados Unidos adoptouno en 1918.

Nos anos que seguiron á guerra moitos países abandonaron o horario de verán, aínda que uns poucos seguiron a mantelo, como o Canadá, Reino Unido, Francia ou Irlada. Nalgúns países volver ao sistema durante algúns períodos nas décadas seguintes, e especial durante a Segunda Guerra Mundial. Na década de 1970 como consecuencia da crise enerxética gran parte dos países volvérono a adoptar.

Vantaxes e incovenientes

Panfleto de William Willett promovendo o horario de verán

A proposta feita por Willett aseguraba que o horario de verán incrementaba as oportunidades de practicar actividades ao aire libre durante as horas de luz do serán. Segundo o premio Nobel Thomas Schelling[10] o acordo xeral da poboación sobre o horario a seguir resulta máis ventaxoso que a adopción do horario de verán de forma individual. Segundo esta consideración, un individuo obtería vantaxes máis grandes se aplicaba o horario de verán de xeito coordinado en toda a poboación que si un individuo decidise facelo pola súa conta, xa que a xeneralización achega un gran beneficio, aínda así moitos fan caso omiso do horario de verán e alteran os seus horarios para coordinarse coa luza do sol.[11]


Os reloxos adiántanse na primavera.
Os reloxos atrásanse no outono.

Notas

  1. "Why is a day divided into 24 hours?". abril 2006.  Parámetro descoñecido |dateaccess= ignorado (Axuda)
  2. Berthold L. Ullman (1918). "Daylight saving in ancient Rome". The Classical Journal. p. 450–451.  Parámetro descoñecido |exemplar= ignorado (Axuda); Parámetro descoñecido |consulta= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda); Parámetro descoñecido |volum= ignorado (Axuda)
  3. Jérôme Carcopino (1968). "The days and hours of the Roman calendar". Daily Life in Ancient Rome: The People and the City at the Height of the Empire. Yale University Press. ISBN 0300000316. 
  4. George Gibbs (22 de xuño de 2007). "Hudson, George Vernon 1867–1946". Dictionary of New Zealand Biography. 
  5. G. V. Hudson (1895). "On seasonal time-adjustment in countries south of lat. 30°". Transactions and Proceedings of the New Zealand Institute 28. p. 734. 
  6. G. V. Hudson (1898). "On seasonal time". Transactions and Proceedings of the New Zealand Institute 31. pp. 577–588. 
  7. Walker, Malcolm (2011) History of the Meteorological Office Cambridge University Press, p. 178
  8. RGBl. Nr. 111/1916: Verordnung des Gesamtministeriums vom 21. April 1916, betreffend die Einführung der Sommerzeit für das Jahr 1916. In: Reichsgesetzblatt für die im Reichsrate vertretenen Königreiche und Länder, LVI. Stück, ausgegeben am 22. April 1916, S. 247
  9. Bennett, Oliver (2012) "British Summer Time and the Daylight Saving Bill 2010–11", House of Commons Library, p. 4
  10. Thomas C. Schelling (2006). "Hockey helmets, daylight saving, and other binary choices". En W. W. Norton. Micromotives and Macrobehavior (PDF). ISBN 0-393-32946-1.  Parámetro descoñecido |urll= ignorado (Axuda).
  11. Hamermesh, Daniel S., Myers, Caitlin Knowles e Pocock, Mark L. (2006). National Bureau of Economic Research, ed. Time zones as cues for coordination: latitude, longitude, and Letterman http://ssrn.com/abstract=913313.  Falta o |title= (Axuda)

Véxase tamén

Ligazóns externas