Diferenzas entre revisións de «Fernando Álvarez de Sotomayor»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
*flamenco>flamengo
(*flamenco>flamengo)
Nado no seo dunha familia burguesa ferrolá, o seu pai morreu cando Fernando era un rapaz. A familia trasladou a súa residencia a Toledo, e nesta cidade desenvolveu a súa vocación ao carón do profesor de debuxo José Gutiérrez e do paisaxista José Vera. En 1893 iniciou en Madrid os seus estudos universitarios; alí coñeceu ao pintor Manuel Domínguez, quen o orientou definitivamente cara a pintura. estudou o bacharelato en Madrid. Intentou seguir varias carreiras, adicándose finalmente por completo á pintura.
 
Tras a súa aprendizaxe do obradoiro de Manuel Domínguez, en 1899 gañou unha pensión da [[Escola de San Fernando de Madrid|Escola de San Fernando]] para a Academia de Belas Artes de [[Roma]]. Dende a cidade italiana viaxou a París, Holanda e Bélxica. Iso permitiulle coñecer aos impresionistas franceses e á pintura flamenca[[Flandres|flamenga]] e holandesa, que tiveron unha gran influencia na súa obra. Tras retornar a Madrid en 1904, logra a primeira medalla da [[Exposición Nacional de Belas Artes|Exposición Nacional de Belas Artes.]] Con posterioridade obtén outros recoñecementos como o primeiro premio na Exposición Internacional de Barcelona ou a medalla de ouro da Exposición Internacional de Múnic. En 1905 volveu a Galicia, onde foi seducido polo ambiente sinxelo da vida aldeá e preparou a súa serie de temas galaicos. Nesta etapa figuran obras como ''O segador'', ''Saíndo de misa no pazo de Mende'' e ''Comida de voda en Bergantiños''.
 
En 1908 instalouse en [[Santiago de Chile]], de cuxa Escola Superior de Belas Artes foi director ata o seu regreso a España en 1915. En [[Chile]] a súa influencia foi fundamental, aínda que só viviu seis anos nese país. Coas súas clases primeiro e despois como director da Escola de Belas Artes, deixou unha pegada orixinal favorecendo os temas populares e a impronta peninsular na primeira xeración de artistas chilenos coñecida como a "Xeración do 13". Tras a súa volta, en España desenvolveu unha importante carreira artística que o converteu nun dos máis importantes e influentes personaxes do medio artístico oficial. Pódeselle considerar o pintor da Corte de [[Afonso XII de España|A]][[Afonso XIII de España|Alfonso XIII]], e chegou a dirixir o [[Museo do Prado]] en diversos períodos (entre 1922 e 1931, e trala [[guerra civil española]], de 1939 ata a súa morte no ano 1960) e a [[Academia de Belas Artes de San Fernando]] a partir do ano 1953. En 1938 foi designado alcalde da Coruña e, máis adiante, procurador nas Cortes españolas. .
100.081

edicións

Menú de navegación