Tempe: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 39: Liña 39:


[[Categoría:Inditex]]
[[Categoría:Inditex]]
[[Categoría:Empresas da Comunidade Valenciana]]

Revisión como estaba o 13 de xullo de 2014 ás 12:31

Tempe

Instalacións centrais de Tempe.
TipoSociedade Anónima
Fundación1989
MatrizInditex
LocalizaciónElche Parque Empresarial c/ Severo Ochoa, 22.28 03203 Elche - Alacant
IndustriaCalzado
Número de empregados1.000
Na rede
https://www.tempe.es/
editar datos en Wikidata ]

Tempe é unha empresa do grupo Inditex, adicada á produción e distribución de calzado. A empresa fornece calzado de home, muller e nenos ás oito marcas de Inditex.

Historia

A empresa Tempe foi fundada en 1989 e dedícase ao deseño, fabricación e distribución do calzado para todas as tendas dos formatos comerciais. A primeira colección de calzado chegou ás tendas de Zara con sección de neno en 1990. Ten capacidade en 2007 para producir máis de 25 millóns de pares de zapatos ao ano. Ademais, Tempe presentou a súa primeira colección de complementos en 2006.

A súa sede central está en Elx, un dos principais centros de produción de calzado europeo. Ademais, para subministrar os seus produtos aos distintos mercados creou as plataformas Tempe México (2003), Tempe Brasil (2005) e Tempe Asia (2006). Estas "plataformas" son organizacións autónomas en xestión e recursos que asumen a responsabilidade da produción e a subministración na súa área de influencia.

Ten dúas tendas outlet que xestiona como proxectos de integración social:

  • Outlet Tempe Allariz (Ourense)
  • Outlet Tempe Elche (Alacant)

Véxase tamén

Ligazóns externas