Xoán Casiano: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m engado a Categoría:Finados en 435 mediante HotCat
Sen resumo de edición
Liña 27: Liña 27:
Despois do seu pasamento, o [[Concilio de Orange (529)|segundo Concilio de Orange]], en [[529]], condenou o [[semipelaxianismo]] e deu unha formulación teolóxica da graza tal como preconizaba [[Agostiño de Hipona|Santo Agostiño]]. O concilio pronunciouse contra os que, como '''Xoán Casiano de Marsella''', [[Vicente de Lerins]] e [[Fausto de Riez]], daban un papel máis importante ó [[libre albedrío]].
Despois do seu pasamento, o [[Concilio de Orange (529)|segundo Concilio de Orange]], en [[529]], condenou o [[semipelaxianismo]] e deu unha formulación teolóxica da graza tal como preconizaba [[Agostiño de Hipona|Santo Agostiño]]. O concilio pronunciouse contra os que, como '''Xoán Casiano de Marsella''', [[Vicente de Lerins]] e [[Fausto de Riez]], daban un papel máis importante ó [[libre albedrío]].


Isto probablemente explica porqué Xoán Casiano non foi elevado a santo da [[Igrexa Católica Romana]], aínda que si se venera localmente. Algunhas localidades preto de [[Lérins]] levan o seu nome. Porén os seus escritos foron lidos amplamente nos mosteiros de Occidente.
Isto probablemente explica porqué Xoán Casiano non foi elevado a santo da [[Igrexa Católica Romana]],{{Cómpre referencia}} aínda que si se venera localmente. Algunhas localidades preto de [[Lérins]] levan o seu nome. Porén os seus escritos foron lidos amplamente nos mosteiros de Occidente.


Polo contrario, si figura no calendario de santos da [[Igrexa ortodoxa]] onde é moi estimado polos seus escritos e a súa posición sobre a [[graza]], onde os ortodoxos se recoñecen, mellor que nas de [[Agostiño de Hipona]]. Así é como moitos monxes e bispos ortodoxos levan o seu nome.
Polo contrario, si figura no calendario de santos da [[Igrexa ortodoxa]] onde é moi estimado polos seus escritos e a súa posición sobre a [[graza]], onde os ortodoxos se recoñecen, mellor que nas de [[Agostiño de Hipona]]. Así é como moitos monxes e bispos ortodoxos levan o seu nome.

Revisión como estaba o 21 de xaneiro de 2014 ás 16:47

Modelo:Santo

Xoán Casiano ou Cassiano, nado en Escitia Menor entre os anos 360 e 365 e finado en Marsella en 435, foi un sacerdote, asceta e Pai da Igrexa.

Traxectoria

Descoñécese o seu lugar de nacemento, probablemente Escitia Menor, na desembocadura do Danubio, aínda que é seguro que se formou en Belén e viviu durante sete anos como eremita no deserto de Exipto. Posteriormente recibiu o diaconado en Constantinopla de mans de san Xoán Crisóstomo, e foi ordenado sacerdote en Roma polo papa Inocencio I.

Cara ó 415 fundou a Abadía de San Víctor de Marsella, formada por dous mosteiros, un masculino e outro feminino, para os que redactou os seus escritos máis importantes: as Institutiones, nas que expón as obrigas do monxe e examina os vicios contra os que ten que estar prevido; e as súas vinte e catro Collationes, onde, en forma de diálogos con monxes famosos da antigüidade —como un complemento ás Institutiones— trata diversos aspectos da vida monacal, alaba a vida eremítica e indica que a vida ascética é a mellor vía para loitar contra o pecado.

Os seus escritos teolóxicos influíron nas doutrinas semipelaxianas.

Posteridade

San Bieito de Nursia recomendou ós seus monxes a lectura dos escritos de Xoán Casiano, e empregounos como fundamento para a súa regra, onde en certas pasaxes repítese palabra a palabra citas de Casiano e a mesma regra afirma que debe ser prolongada polas Conferencias dos Padres e as súas Institucións de Casiano.

Os monxes de Occidente apréciano como un dos principais mestres da vida monástica e consideran bo que lles teñan permitido beneficiarse da experiencia dos primeiros monxes de Oriente.

Despois do seu pasamento, o segundo Concilio de Orange, en 529, condenou o semipelaxianismo e deu unha formulación teolóxica da graza tal como preconizaba Santo Agostiño. O concilio pronunciouse contra os que, como Xoán Casiano de Marsella, Vicente de Lerins e Fausto de Riez, daban un papel máis importante ó libre albedrío.

Isto probablemente explica porqué Xoán Casiano non foi elevado a santo da Igrexa Católica Romana,[Cómpre referencia] aínda que si se venera localmente. Algunhas localidades preto de Lérins levan o seu nome. Porén os seus escritos foron lidos amplamente nos mosteiros de Occidente.

Polo contrario, si figura no calendario de santos da Igrexa ortodoxa onde é moi estimado polos seus escritos e a súa posición sobre a graza, onde os ortodoxos se recoñecen, mellor que nas de Agostiño de Hipona. Así é como moitos monxes e bispos ortodoxos levan o seu nome.

Bibliografía

  • San Juan Casiano: Instituciones. Tradución en castelán por L. e P. Sansegundo, Ed. Rialp, col. Neblí n. 15, Madrid, 1957.
  • San Juan Casiano: Colaciones. Tradución en castelán por L. e P. Sansegundo, Ed. Rialp, col. Neblí nn. 19 e 20, Madrid, 1958 e 1962.