Irmandades da Fala: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Prevert (conversa | contribucións)
Rocastelo (conversa | contribucións)
m A Nosa Terra en cursiva
Liña 10: Liña 10:
Da I Asemblea Nacionalista do 17 e 18 de novembro de 1918 vai saír un [[Manifesto Nacionalista]] que vai constituír a base común de todos os programas do nacionalismo galego ata a [[Guerra Civil]], defínese a Galicia como nación, reclámase a autonomía integral de Galicia, a cooficialidade do galego.

En 1919 ten lugar a II Asemblea Nacionalista en Santiago de Compostela, a III Asemblea ten lugar en Vigo en [[1921]].

En 1919 ten lugar a II Asemblea Nacionalista en Santiago de Compostela, a III Asemblea ten lugar en Vigo en [[1921]].

Na IV Asemblea Nacionalista de Monforte en [[1922]] as Irmandades esgazan, a Irmandade da Coruña e algunhas pequenas da comarca serán as que manteñan as formulacións orixinais, mentre o resto constitúen a [[Irmandade Nazonalista Galega]] dirixida por [[Vicente Risco]]. A Irmandade da Coruña dirixida por [[Alfredo Somoza]] e [[Ánxel Casal]] segue a editar A Nosa Terra durante a ditadura.

Na IV Asemblea Nacionalista de Monforte en [[1922]] as Irmandades esgazan, a Irmandade da Coruña e algunhas pequenas da comarca serán as que manteñan as formulacións orixinais, mentre o resto constitúen a [[Irmandade Nazonalista Galega]] dirixida por [[Vicente Risco]]. A Irmandade da Coruña dirixida por [[Alfredo Somoza]] e [[Ánxel Casal]] segue a editar ''A Nosa Terra'' durante a ditadura.

Entre 1929 e 1930 prodúcese a reorganización das Irmandades que culmina na VI Asemblea Nacionalista da Coruña de 1930.

Entre 1929 e 1930 prodúcese a reorganización das Irmandades que culmina na VI Asemblea Nacionalista da Coruña de 1930.

A VII Asemblea Nacionalista de Pontevedra en decembro de 1931 acorda a creación dun partido que aglutinase o galeguismo, que levará o nome de [[Partido Galeguista]]
A VII Asemblea Nacionalista de Pontevedra en decembro de 1931 acorda a creación dun partido que aglutinase o galeguismo, que levará o nome de [[Partido Galeguista]]

Revisión como estaba o 22 de abril de 2005 ás 20:35

As Irmandades da Fala foi unha organización nacionalista galega activa entre 1916 e 1931.
Coas Irmandades da Fala por vez primeira o movemento galeguista asume o monolingüísmo en galego

Historia

O 5 de xaneiro de 1916 Antón Villar Ponte, influído por Aurelio Ribalta, comeza dende as páxinas de La Voz de Galicia unha campaña para a creación dunha Liga de Amigos do Idioma Galego e en marzo publica o folleto Nacionalismo gallego (Apuntes para un libro). Nuestra afirmación regional, no que volve sobre a cuestión da defensa, dignificación e cultivo da lingua.
A proposta é ben acollida por diferentes sectores ideolóxicos, aínda que van ser dúas as tendencias principais, a de orixe tradicionalista de Antón Losada Diéguez e a liberal demócrata.
O 18 de maio de 1916 unha xuntanza nos locais da Real Academia Galega da Coruña acorda a creación dunha Hirmandade dos Amigos da Fala, e nomea a Antón Villar Ponte Primeiro Conselleiro. De seguido constitúense as agrupacións locais de Santiago de Compostela, Monforte de Lemos, Pontevedra, Ourense e Vilalba. O 14 de novembro de 1916 aparece o seu órgano oficial A Nosa Terra, integramente en galego (que conta dende o comezo con 2.000 subscritores).
En setembro de 1917 colabora coa Lliga Regionalista para concorrer ás eleccións parlamentarias de febreiro de 1918, só consegue competir en tres distritos e non consegue gañar en ningún.
Da I Asemblea Nacionalista do 17 e 18 de novembro de 1918 vai saír un Manifesto Nacionalista que vai constituír a base común de todos os programas do nacionalismo galego ata a Guerra Civil, defínese a Galicia como nación, reclámase a autonomía integral de Galicia, a cooficialidade do galego.
En 1919 ten lugar a II Asemblea Nacionalista en Santiago de Compostela, a III Asemblea ten lugar en Vigo en 1921.
Na IV Asemblea Nacionalista de Monforte en 1922 as Irmandades esgazan, a Irmandade da Coruña e algunhas pequenas da comarca serán as que manteñan as formulacións orixinais, mentre o resto constitúen a Irmandade Nazonalista Galega dirixida por Vicente Risco. A Irmandade da Coruña dirixida por Alfredo Somoza e Ánxel Casal segue a editar A Nosa Terra durante a ditadura.
Entre 1929 e 1930 prodúcese a reorganización das Irmandades que culmina na VI Asemblea Nacionalista da Coruña de 1930.
A VII Asemblea Nacionalista de Pontevedra en decembro de 1931 acorda a creación dun partido que aglutinase o galeguismo, que levará o nome de Partido Galeguista

Afiliación

A fins de 1916 as 6 irmandades locais contan con 200 afiliados, e en novembro de 1918 son 13 irmandades e 700 afiliados, a máis importante a da Coruña con arredor de 350 afiliados. En 1919 permanecen 500 afiliados e en 1924 só quedan 200 afiliados. Despois da Ditadura de Primo de Rivera prodúcese o renacer das Irmandades que chegan a 16 agrupacións e 700 afiliados en 1929 e son 46 agrupacións en 1931.
A maior parte dos afiliados estaba constituído por intelectuais e profesións liberais