Sociedade Civil e Democracia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 20: Liña 20:


== Ideoloxía ==
== Ideoloxía ==
No seu relatorio de acción política,<ref>[http://www.pscd.es/ponencia-accion-politica Ponencia Acción Política]</ref> SCD manifesta o seu obxectivo de iniciar un [[Asemblea constituínte|proceso constituínte]] para elaborar unha nova [[Constitución]] que reforce as [[Dereitos civís|liberdades]] e [[Soberanía popular|soberanía cidadá]]. Para este proceso sería necesario a súa aprobación por 2/3 do [[Congreso dos Deputados]] e por polo menos o 50% do censo en [[referendum]]. Tamén propón que a [[Subdivisións de España|organización territorial de España]] se someta a referendum igualmente, establecéndose claramente as [[Competencia administrativa|competencias]] estatais e [[Comunidades Autónomas|autonómicas]].
No seu relatorio de acción política,<ref>[http://www.pscd.es/ponencia-accion-politica Ponencia Acción Política]</ref> SCD manifesta o seu obxectivo de iniciar un [[Asemblea constituínte|proceso constituínte]] para elaborar unha nova [[Constitución]] que reforce as [[Dereitos civís|liberdades]] e [[Soberanía popular|soberanía cidadá]]. Para este proceso sería necesario a súa aprobación por 2/3 do [[Congreso dos Deputados]] e por alomenos o 50% do censo en [[referendum]]. Tamén propón que a [[Subdivisións de España|organización territorial de España]] se someta a referendum igualmente, establecéndose claramente as [[Competencia administrativa|competencias]] estatais e [[Comunidades Autónomas|autonómicas]].


Tamén avoga polo recoñecemento como sistema lexislativo a [[iniciativa lexislativa popular]], e o uso de ferramentas dixitais que faciliten a participación política dos cidadáns. O seu programa tamén propón unha nova [[lei electoral]] e a supresión do financiamento por parte do Estado de [[partido político|partidos políticos]], [[sindicato]]s, [[Patronal|organizacións empresariais]] e [[fundación]]s dependentes dos anteriores, sometendo as súas contas a auditoría do [[Tribunal de Contas (España)|Tribunal de Contas]]. Igualmente se eliminarían as subvencións a [[medios de comunicación]] e [[Federación de Organismos de Radio e Televisión Autonómicos|televisións autonómicas]], de cara a garantir a súa independencia.
Tamén avoga polo recoñecemento como sistema lexislativo a [[iniciativa lexislativa popular]], e o uso de ferramentas dixitais que faciliten a participación política dos cidadáns. O seu programa tamén propón unha nova [[lei electoral]] e a supresión do financiamento por parte do Estado de [[partido político|partidos políticos]], [[sindicato]]s, [[Patronal|organizacións empresariais]] e [[fundación]]s dependentes dos anteriores, sometendo as súas contas a auditoría do [[Tribunal de Contas (España)|Tribunal de Contas]]. Igualmente se eliminarían as subvencións a [[medios de comunicación]] e [[Federación de Organismos de Radio e Televisión Autonómicos|televisións autonómicas]], de cara a garantir a súa independencia.

Revisión como estaba o 1 de agosto de 2013 ás 01:38

Sociedad Civil y Democracia
Dirixentes e organización
LíderMario Conde
Historia
Fundación20 de xuño de 2011
Posicións políticas
IdeoloxíaLiberalismo, reformismo, extrema dereita[Cómpre referencia], nacionalismo español
Outros datos
SedeC/ Galatea, 4, 47004 Valladolid
Na rede
www.pscd.es

Sociedad Civil y Democracia (SCD) é un partido político español rexistrado legalmente como partido no Ministerio de Interior o 20 de xuño de 2011. Actualmente está presidido polo avogado galego Mario Conde.

Ideoloxía

No seu relatorio de acción política,[1] SCD manifesta o seu obxectivo de iniciar un proceso constituínte para elaborar unha nova Constitución que reforce as liberdades e soberanía cidadá. Para este proceso sería necesario a súa aprobación por 2/3 do Congreso dos Deputados e por alomenos o 50% do censo en referendum. Tamén propón que a organización territorial de España se someta a referendum igualmente, establecéndose claramente as competencias estatais e autonómicas.

Tamén avoga polo recoñecemento como sistema lexislativo a iniciativa lexislativa popular, e o uso de ferramentas dixitais que faciliten a participación política dos cidadáns. O seu programa tamén propón unha nova lei electoral e a supresión do financiamento por parte do Estado de partidos políticos, sindicatos, organizacións empresariais e fundacións dependentes dos anteriores, sometendo as súas contas a auditoría do Tribunal de Contas. Igualmente se eliminarían as subvencións a medios de comunicación e televisións autonómicas, de cara a garantir a súa independencia.

SCD propón ademais a eliminación do Tribunal Constitucional e o traspaso das súas competencias a unha Sala de Garantías e a outra de Conflitos do Tribunal Supremo, para evitar a súa politización. O Senado tamén sería suprimido, pasando a un sistema unicameral, así como os entes públicos inútiles ou excesivos. As persoas propostas para dirixir órganos e institucións estatais deberán compadecer ante o Congreso para demostrar a súa idoneidade, profesionalidade e independencia.

Respecto á clase política, propón a creación dun estatuto de cargos públicos, para acabar con tratamentos privilexiados e limitar cargos; así como a instauración de responsabilidade penal ou civil na xestión irregular ou irresponsable de recursos públicos. Así mesmo, establecerase unha transparencia informativa total para que os cidadáns poidan acceder aos gastos e ingresos das Administracións.

No ámbito do poder xudicial, propón regular o acceso á carreira xudicial para garantir a súa independencia, impedir a cargos xurídicos que acceden á política volver á súa carreira xudicial antes de pasados 5 anos, que o Fiscal xeral do Estado sexa elixido polo Congreso dos Deputados, que os delitos de prevaricación de xuíces e fiscais se xulguen por xurado popular, e a creación dun corpo de interventores que auditen as contas públicas cada tres anos.

No seu ideario tamén figura a defensa da Nación española e as súas institucións e símbolos, a modificación do sistema financeiro español, a revisión do sistema de pensións e do sistema educativo, sendo este último competencia exclusiva do Estado e propoñendo a fusión de Universidades, e o apoio á investigación científica e técnica.

Adhesións

O novo partido recibiu a migración de militantes do Partido Popular: a Plataforma Democracia e Liberdade anunciou o abandono do PP (que implica a saída de preto de 2.000 afiliados e 10.000 simpatizantes).[2]

Candidaturas

O SCD preséntase ás eleccións de Galiza do 21 de outubro de 2012, coa candidatura do famoso empresario Mario Conde.[3]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas