Clamidiáceas: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
|||
Liña 21: | Liña 21: | ||
{{AP|Chlamydia}} |
{{AP|Chlamydia}} |
||
Actualmente hai tres especies recoñecidas como pertencentes a ''[[Chlamydia]]'': [[Chlamydia trachomatis|''C. trachomatis'']], [[Chlamydia muridarum|''C. muridarum'']], e [[Chlamydia suis|''C. suis'']]. ''C. trachomatis'' encóntrase só en |
Actualmente hai tres especies recoñecidas como pertencentes a ''[[Chlamydia]]'': [[Chlamydia trachomatis|''C. trachomatis'']], [[Chlamydia muridarum|''C. muridarum'']], e [[Chlamydia suis|''C. suis'']]. ''C. trachomatis'' encóntrase só en [[humano]]s, ''C. muridarum'' no [[hámster]] e no [[rato]] (familia de roedores [[Muridae]]), e ''C. suis'' no [[porco]]. As especies do xénero ''[[Chlamydia]]'' (tal como se define actualmente) producen unha pequena cantidade de [[glicóxeno]] detectable e presentan dous [[operón]]s [[ribosoma]]is. |
||
[[Chlamydia trachomatis|''C. trachomatis'']] é a causante das infeccións por clamidias [[enfermidade de transmisión sexual|transmitidas sexualmente]] e tamén causan o [[tracoma]], unha infección que se estende polo ollo (pode producir cegueira), vías nasais e secrecións da gorxa. |
[[Chlamydia trachomatis|''C. trachomatis'']] é a causante das infeccións por clamidias [[enfermidade de transmisión sexual|transmitidas sexualmente]] e tamén causan o [[tracoma]], unha infección que se estende polo ollo (pode producir cegueira), vías nasais e secrecións da gorxa. |
Revisión como estaba o 17 de maio de 2013 ás 16:27
Este artigo está a ser traducido ao galego por un usuario desta Wikipedia; por favor, non o edite. O usuario Miguelferig (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 10 anos. Se o usuario non publica a tradución nun prazo de trinta días, procederase ó seu borrado rápido. |
Clamidiáceas | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Xéneros | |||||||||||
Candidatus Clavochlamydia salmonicola♠ Karlsen et al. 2008 |
As Clamidiáceas (Chlamydiaceae) é unha familia de bacterias que pertencen ao filo Chlamydiae, orde Chlamydiales. Todas as especies de Chlamydiaceae son Gram negativas e expresan un epitopo lipopolisacárido específico da familia chamado αKdo-(2→8)-αKdo-(2→4)-αKdo (previamente denominado epitopo específico de xénero). Os xenes do ARN ribosómico de todas as Chlamydiaceae teñen polo menos unha identidade de secuencia do 90% no seu ADN. As especies de Chlamydiaceae teñen unha variada morfoloxía de inclusión, variado contido do plásmido extracromosómico, e diferente resistencia á sulfadiazina.
Clasicamente as Clamidiáceas comprendían un só xénero, pero actualmente distínguense dous xéneros e un terceiro xénero candidato: Chlamydia, Chlamydophila e o Candidatus Clavochlamydia.[1]
Clasificación
Xénero Chlamydia
- Artigo principal: Chlamydia.
Actualmente hai tres especies recoñecidas como pertencentes a Chlamydia: C. trachomatis, C. muridarum, e C. suis. C. trachomatis encóntrase só en humanos, C. muridarum no hámster e no rato (familia de roedores Muridae), e C. suis no porco. As especies do xénero Chlamydia (tal como se define actualmente) producen unha pequena cantidade de glicóxeno detectable e presentan dous operóns ribosomais.
C. trachomatis é a causante das infeccións por clamidias transmitidas sexualmente e tamén causan o tracoma, unha infección que se estende polo ollo (pode producir cegueira), vías nasais e secrecións da gorxa.
Xénero Chlamydophila
- Artigo principal: Chlamydophila.
Aoi xénero Chlamydophila pertencen seis especies: C. pneumoniae (antes chamada Chlamydia pneumoniae), C. psittaci (antes chamada Chlamydia psittaci), C. pecorum, C. abortus, C. caviae, e C. felis. O xénero Chlamydophila caracterízase por non producir glicóxeno detectable e ter un só operón ribosomal. Estas especies se encontran de forma natural vivindo en diversas especies animais. C. pneumoniae e C. psittaci poden transmitirse dos animais ao home.
Notas
- ↑ See the NCBI webpage on Chlamydiaceae Datos extraidos de "NCBI Taxonomy Browser". National Center for Biotechnology Information. Consultado o 2011-06-05.
Véxase tamén
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Clamidiáceas |