A Mesa pola Normalización Lingüística: Diferenzas entre revisións
m Bot: Retiro 2 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q3399079 |
Sen resumo de edición |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{outroshomónimos|Mesa (homónimos)|Mesa}} |
{{outroshomónimos|Mesa (homónimos)|Mesa}} |
||
[[File:Globo da Mesa pola Normalización Lingüística. Correlingua. Silleda 2013-2.jpg|miniatura|225px|Globo da Mesa pola Normalización Lingüística]] |
|||
[[Ficheiro:Galego Animacion.gif|miniatura|225px|Promoción do [[Curso de lingua galega|emprego do galego]]]] |
[[Ficheiro:Galego Animacion.gif|miniatura|225px|Promoción do [[Curso de lingua galega|emprego do galego]]]] |
||
'''A Mesa pola Normalización Lingüística''' (MNLG) é unha organización galega que loita pola galeguización da vida pública e a [[Normalización lingüística|normalización]] da [[lingua galega]], procurando manter unha independencia que permita a conxunción de esforzos de colaboradores homoxéneos. |
'''A Mesa pola Normalización Lingüística''' (MNLG) é unha organización galega que loita pola galeguización da vida pública e a [[Normalización lingüística|normalización]] da [[lingua galega]], procurando manter unha independencia que permita a conxunción de esforzos de colaboradores homoxéneos. |
Revisión como estaba o 9 de maio de 2013 ás 20:03
A Mesa pola Normalización Lingüística (MNLG) é unha organización galega que loita pola galeguización da vida pública e a normalización da lingua galega, procurando manter unha independencia que permita a conxunción de esforzos de colaboradores homoxéneos.
Traxectoria
Creouse tras o Encontro sobre o estado actual da normalización lingüística celebrado en 1986 e en virtude do acordo adoptado nesas xornadas pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, a Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, Federación de Asociacións Culturais Galegas e a Associaçom Galega da Língua[1]. O seu primeiro presidente foi Xosé Manuel Sarille.
A súa actividade desenvólvese no campo do ensino, banca, toponimia, galego exterior, comercio e empresa, administración, e toda a vida pública galega. O seu presidente actual é Carlos Callón e segundo datos da propia organización conta en 2008 con 3300 socios [2].
En agosto de 2012 falecía o seu presidente de honra Avelino Pousa Antelo[3].
Actividade
A Mesa Pola Normalización Lingüística fai campañas de promoción do uso do galego e de concienciación con problemas concretos con institucións, organizacións ou persoas.
A finais dos anos noventa SEAT sacou ao mercado un coche chamado SEAT Arosa. A Mesa fixo unha intensa campaña incluíndo o envío de postais cun coche debuxado á sede da empresa en Barcelona onde se solicitaba o troco do nome por Arousa A campaña tivo boa acollida e SEAT ofreceu a quen o solicitase o troco da placa co nome.
Durante anos a Mesa tivo unha dura loita nos tribunais contra o Concello da Coruña polo nome da cidade. O entón alcalde Paco Vázquez levou a os tribunais o asunto onde foi rexeitada a postura do alcalde. O propio Carlos Callón lembroulle ao concello que esta liorta custáralle ao Concello da Coruña un millón de euros. A día de hoxe o asunto ten pechado a fronte xudicial aínda que Carlos Callón está denunciado por Antonio Fraga Mandián, xuíz decano da Coruña, por telo acusado de prevaricar ao dicir nunha entrevista que era consciente de que o nome oficial e legal da cidade é A Coruña pero el seguiría a empregar La Coruña. Este xuíz xa denunciara a outro veciño en 2008 por solicitar ao xulgado que lle remitise a documentación en galego. En xaneiro de 2013 Carlos Callón foio absolto da falta por inxurias[4].
Notas
- ↑ Carta fundacional [recuperada de Internet Archive, captura do 13 de febreiro do 2006].
- ↑ Longalingua 16 (maio de 2008), páx. 5
- ↑ A Mesa chora o falecemento do seu presidente de Honra, Avelino Pousa Antelo. A Mesa pola Normalización Lingüística
- ↑ Carlos Callón aplaude la sentencia a su favor y pide al exjuez decano de A Coruña que «cumpra a lei» La Voz de Galicia