Karakorum: Diferenzas entre revisións
corrixo ortografía |
|||
Liña 3: | Liña 3: | ||
A '''cordilleira do Karakorum''' (do [[idioma turco|turco]]: "pedregal negro") é, co [[Himalaia]], unha das grandes [[cordilleira]]s de [[Asia]], situada na fronteira entre [[Paquistán]], a [[India]] e [[China]]. Ten unha lonxitude duns 500 [[km]] e é a rexión do mundo con máis [[glaciar]]es fora das rexións polares. |

||
Pola súa altitude e dureza, o Karakorum está moito menos habitado que a cordilleira do [[Himalaia]]. Os |
Pola súa altitude e dureza, o Karakorum está moito menos habitado que a cordilleira do [[Himalaia]]. Os exploradores [[Europa|europeos]] chegaron por vez primeira a comezos do [[século XIX]] e foron seguidos polos topógrafos británicos en [[1856]]. |
||
O ''[[Paso Muztagh]]'' foi cruzado en [[1887]] por unha |
O ''[[Paso Muztagh]]'' foi cruzado en [[1887]] por unha expedición encabezada polo coronel Francis Younghusband, e os vales situados sobre o río Hunza foron explorados en [[1892]] polo xeneral [[Sir George K. Cockerill]]. As exploracións que se realizaron nas décadas de 1910 e 1920 serviron para coñecer gran parte da xeografía da rexión. |
||
O Karakorum e o Himalaia son importantes para as investigacións sobre a [[Terra]] por diversas razóns. Son unhas das zonas do mundo cunha maior actividade [[xeoloxía|xeolóxica]], pois están situadas na zona na que baten dous continentes, [[Asia]] e o subcontinente [[India|indio]]. Ademais son importantes para o estudo das [[placa tectónica|placas tectónicas]]. Os glaciares da montañas serven como indicadores do [[cambio climático]]. |

Revisión como estaba o 26 de abril de 2013 ás 10:02
A cordilleira do Karakorum (do turco: "pedregal negro") é, co Himalaia, unha das grandes cordilleiras de Asia, situada na fronteira entre Paquistán, a India e China. Ten unha lonxitude duns 500 km e é a rexión do mundo con máis glaciares fora das rexións polares.
Pola súa altitude e dureza, o Karakorum está moito menos habitado que a cordilleira do Himalaia. Os exploradores europeos chegaron por vez primeira a comezos do século XIX e foron seguidos polos topógrafos británicos en 1856.
O Paso Muztagh foi cruzado en 1887 por unha expedición encabezada polo coronel Francis Younghusband, e os vales situados sobre o río Hunza foron explorados en 1892 polo xeneral Sir George K. Cockerill. As exploracións que se realizaron nas décadas de 1910 e 1920 serviron para coñecer gran parte da xeografía da rexión.
O Karakorum e o Himalaia son importantes para as investigacións sobre a Terra por diversas razóns. Son unhas das zonas do mundo cunha maior actividade xeolóxica, pois están situadas na zona na que baten dous continentes, Asia e o subcontinente indio. Ademais son importantes para o estudo das placas tectónicas. Os glaciares da montañas serven como indicadores do cambio climático.
Picos máis altos
Entre os picos máis altos do Karakorum, atópanse:
- K2 (8.611 msnm)
- Gasherbrum I (8.068 msnm)
- Broad Peak (8.047 msnm)
- Gasherbrum II (8.035 msnm)
- Gasherbrum III (7.952msnm)
- Gasherbrum IV (7.925 msnm)
- Distaghil Sar (7.885 msnm)
- Masherbrum (7.821 msnm)
- Rakaposhi (7.788 msnm)
- Kanjut Sar (7.761 msnm)
- Saser Kangri (7.672 msnm)
Galería
-
K2.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Karakorum |
- Karakorum Explorers (en inglés)
- Karakorams (en inglés)