Faia: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
|||
Liña 48: | Liña 48: | ||
{{Link FA|ru}} |
{{Link FA|ru}} |
||
[[an:Fagus sylvatica]] |
|||
[[ar:زان أوروبي]] |
|||
[[az:Meşə fıstığı]] |
|||
[[be:Бук лясны]] |
|||
[[be-x-old:Бук лясны]] |
|||
[[bg:Обикновен бук]] |
|||
[[br:Faou]] |
|||
[[ca:Faig]] |
|||
[[co:Faiu]] |
|||
[[cs:Buk lesní]] |
|||
[[csb:Bùk]] |
|||
[[da:Almindelig Bøg]] |
|||
[[de:Rotbuche]] |
|||
[[dsb:Cerwjeny buk]] |
|||
[[en:Fagus sylvatica]] |
|||
[[eo:Eŭropa fago]] |
|||
[[es:Fagus sylvatica]] |
|||
[[eu:Pago arrunt]] |
|||
[[fi:Euroopanpyökki]] |
|||
[[fr:Hêtre commun]] |
|||
[[hr:Bukva]] |
|||
[[hsb:Lěsny buk]] |
|||
[[hu:Európai bükk]] |
|||
[[it:Fagus sylvatica]] |
|||
[[lb:Routbuch]] |
|||
[[lmo:Fagus sylvatica]] |
|||
[[lt:Paprastasis bukas]] |
|||
[[lv:Eiropas dižskābardis]] |
|||
[[nl:Beuk (boom)]] |
|||
[[no:Bøk]] |
|||
[[oc:Fagus sylvatica]] |
|||
[[pcd:Hète]] |
|||
[[pl:Buk zwyczajny]] |
|||
[[pms:Fagus sylvatica]] |
|||
[[pt:Faia-europeia]] |
|||
[[qu:Iwrupa haya]] |
|||
[[ro:Fag]] |
|||
[[ru:Бук европейский]] |
|||
[[sh:Bukva]] |
|||
[[sk:Buk lesný]] |
|||
[[sl:Bukev]] |
|||
[[sv:Bok (träd)]] |
|||
[[tr:Avrupa kayını]] |
|||
[[uk:Бук лісовий]] |
|||
[[vec:Fagaro]] |
|||
[[vi:Dẻ gai châu Âu]] |
|||
[[zh:欧洲山毛榉]] |
Revisión como estaba o 28 de marzo de 2013 ás 19:02
Faia | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Non ameazado | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Fagus sylvatica L. | |||||||||||||||||
A faia (Fagus sylvatica) é unha árbore caducifolia da familia das fagáceas de porte robusto e gran talla, que alcanza os 35 ou 40 m, cun tronco recto que o fai moi valioso, e unha copa ovalada no seu terzo superior. Se a árbore crece illada (non en espesura) cambia radicalmente, ábrese moi pronto, sendo algo irregular, ramificándose desde abaixo e variando moito a copa.
Conserva a cortiza practicamente lisa durante toda a súa vida, dun gris cincento ou esbrancuxado. As follas son simples, alternas nos talos novos, nos adultos saen en fascículos sobre pequenos braquiblastos, e caedizas. Son de pecíolo curto, e o limbo é de forma ovalada, co bordo ondulado, en principio algo festonado e prolongándose nunha lanuxe sedosa moi característica. Teñen os nervios laterais ben marcados e paralelos (penninervia), son dunha cor verde moi viva polo feixe volvéndose máis escuras na madurez, e dispóñense sempre en posición moi horizontal, captando a maior cantidade de luz posible. Iso fai que os seus bosques teñan un aspecto un tanto sombrío, case propio de conto de fadas, non permitindo crecer no chan a apenas ningunha outra planta. Frecuentemente, con todo, crece en bosques mixtos co abeto e outras especies do bosque caducifolio. Ó bosque de faias chámaselle faial.
Hábitat
A faia necesita chans frescos e fértiles, con preferencia dos que teñen bastante cal; con todo logra vivir en chans silíceos. Como ten unha elevada taxa de transpiración, necesita abundantes precipitacións. É unha especie de sombra e por iso prefire situarse nas ladeiras escuras das montañas.
Europa
En Europa esténdese formando bosques desde Pilio, no centro de Grecia, ou redutos en Sicilia e no centro de España no Sur, até Suecia e Noruega, chegando até Trondheim no norte. En Finlandia coñécense algúns pequenos bosques de faias. Atópase moi estendido no centro de Europa destacando os bosques da Selva Negra (Alemaña), o Bosque de Soignesy en Bélxica, a Selva de Irati en Navarra (España), así como os faiais de Francia onde as faias conforman o 10% do total dos bosques. O reduto máis meridional atópase nas ladeiras do volcán Etna, en Sicilia.
Península Ibérica
É infrecuente fóra da Cordilleira Cantábrica ou os Pireneos. En Galicia atopan o seu límite occidental de distribución nas serras orientais luguesas. Por iso e por estar en contacto con carballeiras e bosques de cerquiños non teñen as típicas características dos faiais. Hai faias nas ladeiras do Moncayo, no parque natural dos Portos de Tortosa-Beceite (Tarragona), sendo o faial máis meridional de España, e nalgúns bosques do Sistema Central, en Tejera Negra (Guadalaxara), a Pedrosa (Segovia) ou en Montejo de la Sierra (Madrid). En Ciñera de Gordón (León) atópase un dos faiais mellor conservados. Tamén é frecuente nas montañas do País Vasco e o Val do Rudrón (Burgos). O límite occidental da súa distribución está nas montañas orientais da comunidade galega e o límite occidental costeiro atópase no concello de Valdés (Asturias). Nesta última comunidade destaca o maior faial da comunidade, o de Mosteiro de Hermo en Cangas del Narcea a moi poucos quilómetros da maior carballeira de Europa, a de Muniellos.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Faia |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Faia |