Ovella: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: new:फइ
TjBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: hif:Bherra
Liña 154: Liña 154:
[[he:כבש הבית]]
[[he:כבש הבית]]
[[hi:भेड़]]
[[hi:भेड़]]
[[hif:Bherra]]
[[hr:Domaća ovca]]
[[hr:Domaća ovca]]
[[ht:Mouton]]
[[ht:Mouton]]

Revisión como estaba o 5 de marzo de 2013 ás 20:56

Ovella
Ovella
Clasificación científica
Reino: Animalia
Phylum: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Familia: Bovidae
Subfamilia: Caprinae
Xénero: Ovis
Especie: aries
Especie
Ovis aries

Unha ovella é un ruminante ungulado cuadrúpede laúdo, femia da especie Ovis aries. O macho desta especie chámase carneiro e xeralmente presenta cornos longos e en espiral (nalgunhas razas a femia tamén os posúe). Orixinouse a partir da domesticación do muflón en Oriente Próximo 9.000 anos antes de Cristo.

Existen máis de 800 tipos de ovellas no mundo, en hábitats tan diversos como desertos e altas montañas.

O grupo de ovellas chámase rabaño e o cercado onde se meten chámase curro, zarrado ou mallada.

Descrición

As femias xeralmente teñen unha soa cría (año), aínda que poden chegar a parir até tres, despois dun período de xestación que dura 150 días.

Aproveitamento

A súa carne e leite aprovéitanse como alimento. Co leite poden elaborarse derivados lácteos, entre os que sobresae o queixo. Coa súa la elabóranse distintos produtos, especialmente roupa. O coiro é outro subproduto amplamente utilizado.

A produción de carne de ovino en Galicia ascendeu a 624 toneladas en 2004 (Consellería de Medio Rural, 2004).

Canto ó consumo de carne, mentres que a nivel nacional era de 2,36 kg por habitante e ano, en 2008, en Galicia era de 2,06 kg, fronte a un consumo total de carne de 50,58 e 52,56 kg por habitante e ano, respectivamente [1]. Cómpre advertir que as estatísticas oficiais non discriminan o consumo de carne de ovino do de caprino pero, a efectos comparativos, lémbrese que en 2004 a produción de carne desta segunda especie foi de 117 toneladas fronte ás 624 toneladas da primeira.

A gandería

Segundo datos do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño [1], o censo do gando ovino en España vai descendendo lenta pero progresivamente desde cifras ó redor dos 24 millóns de cabezas en 1990 ata os 19.952.282 en 2008. Castela e León, con 4.145.751 cabezas, e Estremadura, con 4.107.161, son as comunidades com maior censo de gando ovino, mentres que Galicia contaba cun censo de 265.152 cabezas, distribuídas como segue:

Provincia Número de cabezas
A Coruña 41.031
Lugo 74.667
Ourense 108.704
Pontevedra 40.750

Raza autóctona galega

Artigo principal: Ovella galega.

A ovella galega é unha raza de ovellas de orixe galega, de pequeno tamaño, de perfil recto e proporcións medias. A súa capa é de cor branca uniforme ou negra. A forma dos cornos dos machos adoptan formas de espiral dobre, ben desenvolvidos. Nas femias, cando se presentan, son xeralmente rudimentarios. Clasifícase dentro da póla de produtoras de la entrefina, cuxo antergo é o Ovis aries celtibericus. O número de exemplares desta raza en Galicia medrou notablemente nos últimos anos.[2] No ano 2012 o número total de exemplares era de 4.548 (3.862 femias e 686 machos) distribuídos en 110 explotacións gandeiras.[3]

A ovella na cultura popular galega

Cantigueiro

  • Meu siñor Santo Tomé,/ sodes un santo moi bo,/ pois sodes can polo to/ e carneiro polo me.
  • Miña nai ten tres ovellas/ todas tres mas ha de dar,/ unha cega, outra coxa,/ outra xa non pode andar.
  • Nós dacá e vós dalá,/ somos tantos coma vós;/ nós comémo-lo carneiro/ e os cornos son para vós.

Galería de imaxes

Notas

  1. Anuario de estadística 2008, 859-860.
  2. Berenguela.com
  3. da raza de ovella galega o 2012.

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño: Anuario de estadística 2008.
  • Consellería do Medio Rural: Anuario de Estatística Agraria 2004.