Valido: Diferenzas entre revisións
mSen resumo de edición |
m r2.7.3) (Bot: Engado: br:Valido |
||
Liña 49: | Liña 49: | ||
[[Categoría:Antigo Réxime]] |
[[Categoría:Antigo Réxime]] |
||
[[br:Valido]] |
|||
[[ca:Privat]] |
[[ca:Privat]] |
||
[[cs:Favorit]] |
[[cs:Favorit]] |
Revisión como estaba o 3 de marzo de 2013 ás 20:47
A figura do valido é unha institución política propia do Antigo Réxime na Monarquía Hispánica, que alcanzou a súa plenitude baixo os chamados Austrias menores no século XVII.
Aínda que non é un cargo con nomeamento formal, o de valido era o posto de maior confianza do monarca en cuestións temporais. É importante o matiz, porque as cuestións espirituais eran competencia do confesor real, figura de importancia política nada desdeñable. As funcións que exercía un valido eran as de máximo nivel na toma de decisións políticas, máis que un conselleiro, pois na práctica gobernaba en nome do rei, nun momento no que as monarquias autoritarias concentrarón un enorme poder na súa figura. Se o rei non pode ou non quere gobernar en por si, é imprescindible o valido.
Utilízanse como sinónimos os termos favorito ou privado. Convén evitar o termo primeiro ministro que nalgunha ocasión (sobre todo a finais do século XVII) utilizouse para situar ao valido por encima de calquera outro ministro ou funcionario, pero que se confunde co concepto totalmente diferente de primeiro ministro na monarquía británica, equivalente ao que en España chámase presidente do consello de ministros, un cargo propio da Monarquía constitucional ou a Monarquía parlamentaria, non existente antes do século XIX.
O que non é un valido
Non hai que confundir a institución do valido con outras:
- o rexente é un cargo formal, que goberna só porque o rei é menor de idade. Adoitaba ser un parente próximo deste (nai, por exemplo), aínda que nalgún caso non ocorreu así (o cardeal Cisneros, no interregno entre a morte de Fernando o Católico e a chegada a España de Carlos I). Nada impide que un rexente teña valido (Nithard o foi de Mariana de Austria na minoría de Carlos II).
- o vicerrei substitúe ao rei en ausencia deste no goberno dun territorio afastado. Era a forma en que se gobernaba (España)(onde nunca foron os reis), Italia ou os reinos da Coroa de Aragón (onde esa institución nace durante a Idade Media, coa figura do lugartenente do reino). Adoita ser un membro da máis alta nobreza ou do alto clero, ou un parente do mesmo rei.
- o confesor real, que ten unha enorme influencia pola súa proximidade á persoa do rei e as condicións en que trata con este de todo tipo de asuntos, en particular de nomeamentos eclesiásticos, pero tamén outras cuestións políticas.
- o secretario, que só se encarga dunha parte concreta da administración, xa que por moito empeño que poña un rei amante da burocracia como Filipe II, é imposible para unha soa persoa ocuparse de todos os negocios da monarquía. Os Reis Católicos, Carlos V e o citado Filipe II gobernaron axudados por secretarios, habitualmente letrados provenientes das universidades, o mundo dos negocios ou da baixa nobreza como Francisco de los Cobos, ou Antonio Pérez.
- os conselleiros de cada un dos consellos do réxime polisinodial (clérigos, nobres, xuristas).
Os validos adoitan ser dunha extracción social nobre, pero non da máis alta nobreza, aínda que son engrandecidos polo cargo.
O nacemento da institución
A institución do valido nace coa monarquía autoritaria. Na Castela que vive as guerras civís da Baixa Idade Media, é lóxico que o rei busque apoiarse non nun membro dunha casa nobre moi poderosa, que produciría un trato discriminatorio ás demais, e quizá non deteña a súa ambición no cargo de valido. En cambio un personaxe máis escuro, que lle deba todo ao rei e que non sexa nada en por si, senón pola súa proximidade ao rei, é de maior confianza. No contexto do aumento do poder da monarquía, rei e valido aumentan cada un o seu poder se o fai o outro, e deste xeito comparten intereses.
Validos por reinado
- Álvaro de Luna (nomeado Maestre das Ordes Militares e Condestable de Castela) con Xoán II de Castela.
- Xoán Pacheco (Marqués de Villena) e logo o seu inimigo Beltrán de la Cueva con Henrique IV de Castela o impotente, de cuxa filla Xoana a Beltranexa se maliciaba que o valido fose o pai natural. Implicado na Guerra de Sucesión Castelá, non apoiou á súa presunta filla, senón a Isabel.
- Os Reis Católicos, a rexencia de Cisneros, e os reinados dos primeiros Habsburgo (Carlos I e Filipe II) non presentan a ningún personaxe que acapare de tal xeito a confianza dos reis; aínda que pode falarse de personaxes poderosos na corte ou que gozan da confianza real, nunca o fixeron de forma "privativa". Entre eles poderían contarse Xoán Manuel, señor de Belmonte, durante o breve tempo que durou o reinado de Filipe I de Castela o fermoso (1506); o cardeal (e logo Papa) Adriano de Utrecht ou o secretario de Estado Martín de Gaztelu con Carlos I; e o portugués Rui Gomes da Silva (príncipe de Éboli) durante o reinado de Filipe II.
- O Duque de Lerma e o Duque de Uceda con Filipe III. Houbo ata o valido do valido (Rodrigo Calderón co Duque de Lerma).
- Baltasar de Zúñiga e logo o Conde-Duque de Olivares e na última época do reinado Don Luís de Haro con Filipe IV.
- O xesuíta pai Xoán Everardo Nithard, Fernando de Valenzuela, o seu medio irmán bastardo Xoán Xosé de Austria, o Duque de Medinaceli, o Conde de Oropesa (que deu nome ao motín de Oropesa ou motín dos gatos de 1699) e o Cardeal Portocarrero; todos eles con Carlos II o enfeitizado.
Os validos de Filipe III e Filipe IV pertencían a dúas familias rivais: os Sandoval e os Zúñiga, e as conspiracións para depolos actuaban tamén dentro das mesmas familias. Baltasar de Zúñiga, valido só de 1621 a 1622, é o único que morreu sen solución de continuidade no cargo (e de morte natural). Xoán Xosé de Austria, sempre gravitando sobre o reinado do seu medio irmán, foi en varias ocasións afastado e achegado ao poder, que ocupou ata a súa morte en 1679.
O fin de todos os validos é a perda de confianza do rei nun momento ou outro. Con peor sorte, Álvaro de Luna e Rodrigo Calderón morreron executados. O Duque de Lerma terminou converténdose en cardeal para escapar a unha condena xudicial polos seus numerosos escándalos.
Do Conde Duque os seus biógrafos destacan a sinceridade do seu interese pola reputación da monarquía. Pero, se non a fama póstuma, o mellor epitafio sen dúbida logrouno Álvaro de Luna, inmortalizado por Jorge Manrique nas súas coplas:
Pues aquel grand Condestable,
maestre que conoscimos
tan privado,
non cumple que dél se hable,
mas sólo cómo lo vimos
degollado.
Sus infinitos tesoros,
sus villas e sus lugares,
su mandar,
¿qué le fueron sino lloros?
¿qué fueron sino pesares
al dexar?
O século XVIII: o fin dos validos
Co cambio á dinastía Borbón no século XVIII desaparece o uso do termo valido, aínda que houbo personaxes de gran ascendencia sobre os reis, comezando coa Princesa dos Ursinos en tempos de Felipe V e terminando con Godoy en tempos de Carlos IV ambiciosísimo personaxe que é sen dúbida a figura máis próxima ao concepto, cando xa o Antigo Réxime tocaba ao seu fin. A madurez da administración da monarquía facía que ata en períodos de incapacidade dos reis (a maior parte dos reinados de Filipe V e Fernando VI) funcionase o sistema de secretarios de despacho e o Consello de Castela, único que quedou con funcións importantes no sistema político. A figura máis importante da administración era o Secretario de Estado. Personaxes da talla de Orry, Amelot, Patiño, Campillo, o Marqués da Ensenada, o Marqués de Esquilache, o Marqués de Grimaldi, o Conde de Aranda, Pedro Rodríguez de Campomanes, o Conde de Floridablanca e Gaspar Melchor de Jovellanos tiñan cargos formais por si mesmos no conxunto dunha Administración que funcionaba institucionalmente e non poden considerarse validos.