A Mesa pola Normalización Lingüística: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 5: | Liña 5: | ||
== Traxectoria == |
== Traxectoria == |
||
Creouse tras o ''Encontro sobre o estado actual da normalización lingüística'' celebrado en [[1986]] e en virtude do acordo adoptado nesas xornadas pola [[Asociación de Escritores en Lingua Galega]], a [[AS-PG|Asociación Sócio-Pedagóxica Galega]], [[Federación de Asociacións Culturais Galegas]] e a [[AGAL|Associaçom Galega da Língua]]<ref> |
Creouse tras o ''Encontro sobre o estado actual da normalización lingüística'' celebrado en [[1986]] e en virtude do acordo adoptado nesas xornadas pola [[Asociación de Escritores en Lingua Galega]], a [[AS-PG|Asociación Sócio-Pedagóxica Galega]], [[Federación de Asociacións Culturais Galegas]] e a [[AGAL|Associaçom Galega da Língua]]<ref>[http://web.archive.org/web/20060213093541/http://www.amesanl.org/Pdf/fundacional.pdf Carta fundacional] [recuperada de Internet Archive, captura do 13 de febreiro do 2006].</ref>. O seu primeiro presidente foi [[Xosé Manuel Sarille]]. |
||
A súa actividade desenvólvese no campo do ensino, banca, toponimia, galego exterior, comercio e empresa, administración, e toda a vida pública galega. O seu presidente actual é [[Carlos Callón]] e segundo datos da propia organización conta en 2008 con 3300 socios <ref>''Longalingua'' 16 (maio de 2008), páx. 5</ref>. |
A súa actividade desenvólvese no campo do ensino, banca, toponimia, galego exterior, comercio e empresa, administración, e toda a vida pública galega. O seu presidente actual é [[Carlos Callón]] e segundo datos da propia organización conta en 2008 con 3300 socios <ref>''Longalingua'' 16 (maio de 2008), páx. 5</ref>. |
Revisión como estaba o 20 de febreiro de 2013 ás 09:21
A Mesa pola Normalización Lingüística (MNLG) é unha organización galega que loita pola galeguización da vida pública e a normalización da lingua galega, procurando manter unha independencia que permita a conxunción de esforzos de colaboradores homoxéneos.
Traxectoria
Creouse tras o Encontro sobre o estado actual da normalización lingüística celebrado en 1986 e en virtude do acordo adoptado nesas xornadas pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, a Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, Federación de Asociacións Culturais Galegas e a Associaçom Galega da Língua[1]. O seu primeiro presidente foi Xosé Manuel Sarille.
A súa actividade desenvólvese no campo do ensino, banca, toponimia, galego exterior, comercio e empresa, administración, e toda a vida pública galega. O seu presidente actual é Carlos Callón e segundo datos da propia organización conta en 2008 con 3300 socios [2].
En agosto de 2012 falecía o seu presidente de honra Avelino Pousa Antelo[3].
Actividade
A Mesa Pola Normalización Lingüística fai campañas de promoción do uso do galego e de concienciación con problemas concretos con institucións, organizacións ou persoas.
A finais dos anos noventa SEAT sacou ao mercado un coche chamado SEAT Arosa. A Mesa fixo unha intensa campaña incluíndo o envío de postais cun coche debuxado á sede da empresa en Barcelona onde se solicitaba o troco do nome por Arousa A campaña tivo boa acollida e SEAT ofreceu a quen o solicitase o troco da placa co nome.
Durante anos a Mesa tivo unha dura loita nos tribunais contra o Concello da Coruña polo nome da cidade. O entón alcalde Paco Vázquez levou a os tribunais o asunto onde foi rexeitada a postura do alcalde. O propio Carlos Callón lembroulle ao concello que esta liorta custáralle ao Concello da Coruña un millón de euros. A día de hoxe o asunto ten pechado a fronte xudicial aínda que Carlos Callón está denunciado por Antonio Fraga Mandián, xuíz decano da Coruña, por telo acusado de prevaricar ao dicir nunha entrevista que era consciente de que o nome oficial e legal da cidade é A Coruña pero el seguiría a empregar La Coruña. Este xuíz xa denunciara a outro veciño en 2008 por solicitar ao xulgado que lle remitise a documentación en galego. En xaneiro de 2013 Carlos Callón foio absolto da falta por inxurias[4].
Notas
- ↑ Carta fundacional [recuperada de Internet Archive, captura do 13 de febreiro do 2006].
- ↑ Longalingua 16 (maio de 2008), páx. 5
- ↑ A Mesa chora o falecemento do seu presidente de Honra, Avelino Pousa Antelo. A Mesa pola Normalización Lingüística
- ↑ Carlos Callón aplaude la sentencia a su favor y pide al exjuez decano de A Coruña que «cumpra a lei» La Voz de Galicia