Río Congo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Calq (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m r2.7.3) (Bot: Cambio hy:Կոնգո գետ por hy:Կոնգո (գետ)
Liña 102: Liña 102:
[[hsb:Kongo (rěka)]]
[[hsb:Kongo (rěka)]]
[[hu:Kongó (folyó)]]
[[hu:Kongó (folyó)]]
[[hy:Կոնգո գետ]]
[[hy:Կոնգո (գետ)]]
[[ia:Fluvio Congo]]
[[ia:Fluvio Congo]]
[[id:Sungai Kongo]]
[[id:Sungai Kongo]]

Revisión como estaba o 22 de xaneiro de 2013 ás 08:21

Río Congo
[[Ficheiro:|250px]]
Mapa do río Congo e afluentes principais
PaísAngola, Burundi, Camerún, República Centroafricana, República Democrática do Congo, Gabón, Congo, Ruanda, Tanzania, Zambia
NacementoKundelengu, sur de Shaba
Lonxitude4.700 km
Conca3.700.000 km²
Caudal medio41.800 m³/s
DesembocaduraOcéano Atlántico

O río Congo (no pasado tamén coñecido como río Zaire) é o río máis grande da África occidental. Cos seus 4.380 km é o segundo río máis longo de África, só superado polo Nilo, de tormarmos o río Chambeshi como orixe entón a lonxitude aumenta ata os 4.700 km. O río e os seus afluentes percorren o segundo bosque tropical máis importante do mundo, logo do Amazonas. No río atópanse máis de 4.000 illas.

O río dá nome a dous estados, a República Democrática do Congo e a República do Congo e ao antigo reino do Kongo. Entre 1971 e 1997 o goberno do entón Zaire deulle o nome de río Zaire.

O Congo en Maluku, preto de Kinshasha

As fontes do Congo están nas zonas altas e montañas do Gran Val do Rift, así como no lago Tanganyika e o Mweru.

A foz do Congo visitárona o portugués Diogo Cão en 1482 e no 1816 unha expedición británica chegou ata Isangila. Henry Morton Stanley foi o primeiro europeo en navegar o río en toda a súa extensión e en informar que o Lualaba non era a orixe do Nilo como el suxerira.

Case a totalidade do Congo é navegable (agás 250 km), e en unión dos camiños de ferro, boa parte do comercio de África central pasa ao longo del.

Afluentes

Mercado nas beiras do río en Kisangani

Dende a foz cara o nacemento