Plinio o Vello: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Cambio da:Plinius den ældre por da:Plinius den Ældre
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Cambio da:Plinius den Ældre por da:Plinius den ældre
Liña 33: Liña 33:
[[cs:Plinius starší]]
[[cs:Plinius starší]]
[[cy:Plinius yr Hynaf]]
[[cy:Plinius yr Hynaf]]
[[da:Plinius den Ældre]]
[[da:Plinius den ældre]]
[[de:Plinius der Ältere]]
[[de:Plinius der Ältere]]
[[el:Πλίνιος ο Πρεσβύτερος]]
[[el:Πλίνιος ο Πρεσβύτερος]]

Revisión como estaba o 8 de xaneiro de 2013 ás 21:09

Plinio o Vello

Caio Plinio Segundo, coñecido como Plinio o Vello, naceu en Como no ano 23 e morreu na actual Catellmare de Stabia no ano 79, vítima da súa curiosidade científica ao ir observar a erupción do volcán Vesuvio, que asolagou as cidades de Pompeia e Herculano.

Traxectoria

Tras estudar en Roma, comezou a súa carreira militar na Xermania, durante doce anos, onde chegou a ser comandante da cabalaría das lexións romanas. No ano 57 volveu a Roma en tempos do emperador Nerón, para dedicarse ao estudo e ás letras. Desempeñou diversos cargos en tempos do emperador Vespasiano, que o nomeou entre outros como Almirante. Escribiu diversos tratados de cabalaría, unha Historia de Roma e varias crónicas históricas, hoxe perdidas. Só se conserva a súa Naturalis Historia, rematada no ano 77, e que abrangue 37 libros, dedicados ao emperador Tito. Constitúe un auténtico tratado enciclopédico da Antigüidade, xa que escribiu sobre Cosmoloxía e Astronomía (1 libro), Xeografía e Historia (4 libros), Zooloxía (5), Botánica e Agricultura (8), Medicina (13), Xeoloxía, Mineraloxía, Metalurxia e Arte (5).

No libro Historia Natural mestura un grande número de relatos e feitos útiles con conceptos fantásticos e contos de viaxeiros. Foi un dos textos máis lidos até a Idade Media, con unha grande influencia no bestiario desas épocas.

Modelo:Link FA