Plinio o Vello: Diferenzas entre revisións
máis categorías |
Sen resumo de edición |
||
Liña 8: | Liña 8: | ||
No libro ''Historia Natural'' mestura un grande número de relatos e feitos útiles con conceptos fantásticos e contos de viaxeiros. Foi un dos textos máis lidos até a [[Idade Media]], con unha grande influencia no [[bestiario]] desas épocas. |

[[Categoría:Escritores da literatura clásica]] |
|||
[[Categoría:Personalidades da historiografía]] |
[[Categoría:Personalidades da historiografía]] |
||
[[Categoría:Personalidades da botánica]] |
[[Categoría:Personalidades da botánica]] |
Revisión como estaba o 27 de novembro de 2012 ás 23:43
Caio Plinio Segundo, coñecido como Plinio o Vello, naceu en Como no ano 23 e morreu na actual Catellmare de Stabia no ano 79, vítima da súa curiosidade científica ao ir observar a erupción do volcán Vesuvio, que asolagou as cidades de Pompeia e Herculano.
Traxectoria
Tras estudar en Roma, comezou a súa carreira militar na Xermania, durante doce anos, onde chegou a ser comandante da cabalaría das lexións romanas. No ano 57 volveu a Roma en tempos do emperador Nerón, para dedicarse ao estudo e ás letras. Desempeñou diversos cargos en tempos do emperador Vespasiano, que o nomeou entre outros como Almirante. Escribiu diversos tratados de cabalaría, unha Historia de Roma e varias crónicas históricas, hoxe perdidas. Só se conserva a súa Naturalis Historia, rematada no ano 77, e que abrangue 37 libros, dedicados ao emperador Tito. Constitúe un auténtico tratado enciclopédico da Antigüidade, xa que escribiu sobre Cosmoloxía e Astronomía (1 libro), Xeografía e Historia (4 libros), Zooloxía (5), Botánica e Agricultura (8), Medicina (13), Xeoloxía, Mineraloxía, Metalurxia e Arte (5).
No libro Historia Natural mestura un grande número de relatos e feitos útiles con conceptos fantásticos e contos de viaxeiros. Foi un dos textos máis lidos até a Idade Media, con unha grande influencia no bestiario desas épocas.