Surrey: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
JonnyJonny (conversa | contribucións)
Feito con datos da wiki inglesa.
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 27 de novembro de 2012 ás 22:52

Surrey
Condado do Reino Unido
Capital Kingston upon Thames
Área 1.663 km²
Poboación 1,127.300 (2010)
Densidade 678 hab./km²
Distritos 11

Surrey é un condado do Reino Unido, situado no sur de Inglaterra. Ocupa unha área de 1.663 km², e a súa poboación estimada en 2010 era de 1,127.300 habitantes. Malia que a capital histórica de Surrey é Guildford, a sé do goberno está en Kingston upon Thames, unha localidade que curiosamente non está situada neste condado, senón no veciño Gran Londres dende o ano 1965. As vilas máis poboadas de Surrey son Guildford e Woking.

Surrey limita cos condados de Gran Londres, Kent, East Sussex, West Sussex, Hampshire e Berkshire.

Distritos

Distritos de Surrey.
Distritos de Surrey
Distrito Poboación
1 Spelthorne 95.600
2 Runnymede 80.500
3 Surrey Heath 86.200
4 Woking 93.500
5 Elmbridge 130.900
6 Guildford 137.200
7 Waverley 121.600
8 Mole Valley 85.400
9 Epsom and Ewell 75.100
10 Reigate and Banstead 137.800
11 Tandridge 83.000


Galería

Véxase tamén

Outros artigos