Blues: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: nds-nl:Blues
m r2.7.2) (Bot: Cambio gd:The Blues por gd:Blues
Liña 109: Liña 109:
[[fy:Blues]]
[[fy:Blues]]
[[ga:Na Gormacha]]
[[ga:Na Gormacha]]
[[gd:The Blues]]
[[gd:Blues]]
[[gu:બ્લૂઝ]]
[[gu:બ્લૂઝ]]
[[he:בלוז]]
[[he:בלוז]]

Revisión como estaba o 25 de novembro de 2012 ás 01:41

Blues
orixes estilísticas: Espirituais Negros, afroamericano cancións de traballo
orixes culturais: Antiga expresión musical e cultural do occidente africano (blue notes e chamada-e-resposta), fins do século XIX no Sur dos Estados Unidos de América, especialmente o Delta do Mississippi entre o Río Mississippi e mailo río Yazoo
Instrumentos típicos: Guitarra - Piano - Gaita - Baixo - Batería - Vocais
Popularidade: Na súa forma pura, modesta, mais forte; tamén nos estilo mais baseados no rock
formas derivadas: Rhythm and blues, Soul, Neo soul, Jazz, Rock and roll
Subxéneros
blues feminino clásico - Country blues - Delta blues - Jazz blues - Jump blues - Piano blues
Fusion
Blues-rock - Soul blues
Sons Rexionais
blues africano - blues británico - Chicago blues - Detroit blues - Kansas City blues - Louisiana blues - Memphis blues - Piedmont blues - St. Louis blues - Swamp blues - Texas blues - Western blues
Other topics
Lista de músicos de blues - escala blues

O Blues é un estilo musical vocal e instrumental que evoluiu dos espirituais, cánticos e cancións de traballo afroamericanos e ten a súa raíz estilística na África Occidental. O “blues” foi a maior influencia da música popular occidental e americana, con expresión no ragtime, jazz, nas big bands, rhythm and blues rock and roll e na música country, como tamén na música pop convencional e ata na música clásica moderna.

As primeiras formas de blues apareceron nos fins do século XIX e principios do século XX no delta do Mississippi nos estados do sur dos EUA, usaban instrumentos simples como, guitarra acústica, piano e harmónica (blues harpa).


A escala de blues é atopada frecuentemente noutras formas musicais que non o blues, en músicas como, “Blues in the night”” de Harold Arlen, Baladas de blues como, “Since I fell for you” e “Please send me someone to love” e ata en traballos orquestrais como Rhapsody in Blue e “Concerto in F” de George Gershwin. De feito a escala do blues está omnipresente na música popular dos nosos días.

Frecuentemente o blues toma a forma dunha narrativa solta, moitas veces co cantor recitando as súas desgrazas. Moitos dos blues antigos conteñen letras coraxosas e realistas, contrastando coa maior parte da música que era escrita na altura. Os exemplos máis drásticos son; Down in the alley de Memphis Minnie, que fala dunha prostituta.

Nos fins do Século XIX e principios do Século XX, W. C. Handy levou os blues para alén da liña, tornándoo respectábel, e mesmo ben recibido. Este músico, compositor e orquestrador foi a chave para a popularidade dos blues, coñecido como “Father of the blues”, (O pai do blues), Handy foi o primeiro a transcribir e a orquestrar o blues case como un sinfonía. Extremadamente profícuo en toda a súa longa vida, o grande marco de Handy foi “St. Louis Blues”.

Bandas de Jazz gravan por veces música de blues. Por volta de 1920 os blues tornaranse nun elemento de destaque da música popular norteamericana. Co desenvolvemento da industria discográfica, houbo un crecemento da popularidade de cantores e guitarristas de country-blues como Blind Lemon Jefferson, Bling Blake, Son House, Robert Johnson, Charley Patton e Mississippi John Hurt, son unha chea de músicos que influenciaron o blues, e máis tarde moitos dos músicos rock. Os discos destes artistas ficaron coñecidos como “race records” (discos raciais), debido a se destinaren case exclusivamente a audiencias afroamericanas. Cantoras de blues había tamén na altura, e moi populares, destacándose, Mamie Smith, Gertrude “Ma” Rainey, Bessie Smith e Victoría Spivey.

En 1940 e 1950, o desenvolvemento da urbanización e o uso de amplificación sonora levaron ao blues eléctrico, moito popular en cidades como Chicago e Detroit, e os mellores exemplos son artistas como Howlin’ Wolf, Muddy Waters e John Lee Hooker. O blues eléctrico terá sido eventualmente o “pai” do rock and roll.

O apelo do blues continuou forte nas décadas seguintes. A música do American civil rights movement, Black pride movement e do Free speech movement nos Estados Unidos fixo rexurdir o interese polas raíces da música americana en xeral e na anterior influencia da música afroamericana en particular. Músicos como Eric Clapton, Janis Joplin e Jimi Hendrix, influenciados tanto polos primeiros bluesmen como polos máis recentes, levaron o blues a unha audiencia cada vez máis nova. A través destes músicos e doutros, anteriores e posteriores, o blues influenciou definitivamente o desenvolvemento do rock and roll.

Así como mestres do blues como, John Lee Hooker, B.B. King e Muddy Waters continuaron a tocar para audiencias entusiastas inspirando novos artista a mergullar no blues tradicional, tais como Taj Mahal (músico). A música de Mahal foi preeminente no filme Sounder nomeado para os Óscares de Hollywood en 1972, protagonizado por Cicely Tyson e Paul Winfield; a acción pasaba no Louisiana dos anos 30, e foi moito importante no revivir do interese na vella escola do blues acústico. Oito anos despois, o filme The blues brothers foi tamén moi importante para axudar ao coñecemento do blues urbano do Século XX por parte das xeracións máis novas.

Desde aí, o blues ten continuado a medrar tanto na súa forma tradicional como en novas direccións a través de músicos como Taj Mahal, Robert Cray, Bonnie Raitt, Keb’ Mo’ e outros.

Intérpretes de blues aparecen virtualmente en practicamente todos os estilos musicais. Ver Lista de músicos de blues para máis información.

O blues aparece nos lugares máis sorprendentes. O tema da serie televisiva Batman, era blues así como o primeiro éxito de Fabian, “Turn me loose”. Do mesmo xeito, moitos clásicos do jazz tal como “Now’s the time de Charlie Parker, tamén usou o blues instrumental. A primeira grande estrela da Country music, Jimmie Rodgers, era tamén un intérprete de blues.

Blues de danza

Blues tamén se usa para un estilo de danza informal coñecido por “swing dancing”, estilo sen padróns fixos e principalmente baseado no contacto, sensualidade e improvisación.



Ligazóns externas

Modelo:Link FA Modelo:Link FA Modelo:Link FA