Knossos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Cambio el:Κνωσός por el:Κνωσσός; cambios estética
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Palazzo Minosse7.jpg|miniatura|dereita|300px|O palacio de Cnosos]]'''Knossos''' ou '''Cnossos''' ou '''Knosus''' ou '''Cnosus''' (Grego ''Κνωσσός'') é o maior [[arqueoloxía|sitio arqueolóxico]] da [[Idade de Bronce]] en [[illa de Creta|Creta]].

==Historia e características==
== Historia e características ==
Probabelmente era un centro político e relixioso da [[civilización minoica]]. Posuía 17.000 [[metro cadrado|m²]] construidos e incluía 1.500 habitacións, motivo polo cal constitúe o principal dos palacios cretenses e nel quíxose ver a sede do mítico rei [[Minos]]. Foi descuberto por Sir [[Arthur Evans]] en [[1894]].

Entre os achados máis importantes están os [[fresco]]s que decoran as [[parede]]s. Estas [[pintura]]s sofisticadas mostran unha grande civilización que vivía con luxo. As súas vestimentas non semellan herdadas de ningunha civilización coñecida. Os vestidos femininos tiñan cinturas finas e unha distinta cor [[azul]], indicando comercio cos [[fenicia|fenicios]]. Os murais retrataban competicións atléticas (posibelmente un ritual de madureza) en que a xente nova practicaba acrobacias montados en [[vaca|boi]]s.
Entre os achados máis importantes están os [[fresco]]s que decoran as [[parede]]s. Estas [[pintura]]s sofisticadas mostran unha grande civilización que vivía con luxo. As súas vestimentas non semellan herdadas de ningunha civilización coñecida. Os vestidos femininos tiñan cinturas finas e unha distinta cor [[azul]], indicando comercio cos [[fenicia|fenicios]]. Os murais retrataban competicións atléticas (posibelmente un ritual de madureza) en que a xente nova practicaba acrobacias montados en [[vaca|bois]].

A complexidade da distribución interior do Palacio de Cnosos deu nacemento á lenda do [[Labirinto]] e o [[Minotauro]]. O Palacio era de planta cadrada de 150 m de lado. Na banda norte estaba a entrada principal e achegábase a un patio central. A banda oeste era onde se atopaba a Sala do Trono, que era a peza central do palacio. Tiña unha grande cadeira de pedra arrodeada de cadeiras máis pequenas e todas protexidas dende as súas costas por pinturas con [[grifo]]s, tema recorrente nas civilizacións orientais (en [[Exipto]], as [[esfinxe]]s, en [[Mesopotamia]] os touros alados sirios e babilónicos). Como os reis eran ao mesmo tempo sacerdotes, é fácil supor que o palacio era tamén templo ou santuario. Tras as estancias cerimoniais, atopábanse os almacéns, nos que había cofres de pedra soterrados no chan. Algúns dos cuartos tiñan as súas paredes cubertas de [[chumbo]], suponse que para evitar as humidades. Na parte leste evidénciase moi claramente a construción en forma de chanzos do pazo, xa que esta está construída nunha chaira do outeiro e ten até tres andares por baixo do nivel do patio, onde se atopaban os apousentos da familia real, os servizos (baños) e seguramente tamén estivese a Cámara do tesouro e diversas estancias que poderían ser almacéns, entre as que descorría un tortuoso corredor. A norte do patio central distribuíanse os artesáns, a escola dos escribas e outras dependencias. Tamén había un tanque que se especula con que fose un [[Acuario (recipiente)|acuario]].

==Galería de imaxes==
== Galería de imaxes ==
<gallery>
<gallery>
Image:Palace of Knossus.jpg|Vista exterior do palacio
Image:Palace of Knossus.jpg|Vista exterior do palacio
Liña 15: Liña 15:
</gallery>
</gallery>

== Véxase tamén==
== Véxase tamén ==
{{Commons|Knossos}}
{{Commons|Knossos}}
===Outros artigos===
=== Outros artigos ===
* [[Lineal A]]
* [[Lineal A]]
* [[Lineal B]]
* [[Lineal B]]
Liña 23: Liña 23:
* [[Civilización minoica]]
* [[Civilización minoica]]

===ligazóns externas===
=== ligazóns externas ===
* [http://www.culture.gr/2/21/211/21123a/e211wa03.html Hellenic Ministry of Culture] {{gr}}
* [http://www.culture.gr/2/21/211/21123a/e211wa03.html Hellenic Ministry of Culture] {{gr}}
* [http://www.bsa.gla.ac.uk/knossos British School at Athens Knossos Pages] {{en}}
* [http://www.bsa.gla.ac.uk/knossos British School at Athens Knossos Pages] {{en}}
Liña 41: Liña 41:
[[da:Knossos]]
[[da:Knossos]]
[[de:Knossos]]
[[de:Knossos]]
[[el:Κνωσός]]
[[el:Κνωσσός]]
[[en:Knossos]]
[[en:Knossos]]
[[eo:Knossos]]
[[eo:Knossos]]

Revisión como estaba o 30 de outubro de 2012 ás 19:46

O palacio de Cnosos

Knossos ou Cnossos ou Knosus ou Cnosus (Grego Κνωσσός) é o maior sitio arqueolóxico da Idade de Bronce en Creta.

Historia e características

Probabelmente era un centro político e relixioso da civilización minoica. Posuía 17.000 construidos e incluía 1.500 habitacións, motivo polo cal constitúe o principal dos palacios cretenses e nel quíxose ver a sede do mítico rei Minos. Foi descuberto por Sir Arthur Evans en 1894.

Entre os achados máis importantes están os frescos que decoran as paredes. Estas pinturas sofisticadas mostran unha grande civilización que vivía con luxo. As súas vestimentas non semellan herdadas de ningunha civilización coñecida. Os vestidos femininos tiñan cinturas finas e unha distinta cor azul, indicando comercio cos fenicios. Os murais retrataban competicións atléticas (posibelmente un ritual de madureza) en que a xente nova practicaba acrobacias montados en bois.

A complexidade da distribución interior do Palacio de Cnosos deu nacemento á lenda do Labirinto e o Minotauro. O Palacio era de planta cadrada de 150 m de lado. Na banda norte estaba a entrada principal e achegábase a un patio central. A banda oeste era onde se atopaba a Sala do Trono, que era a peza central do palacio. Tiña unha grande cadeira de pedra arrodeada de cadeiras máis pequenas e todas protexidas dende as súas costas por pinturas con grifos, tema recorrente nas civilizacións orientais (en Exipto, as esfinxes, en Mesopotamia os touros alados sirios e babilónicos). Como os reis eran ao mesmo tempo sacerdotes, é fácil supor que o palacio era tamén templo ou santuario. Tras as estancias cerimoniais, atopábanse os almacéns, nos que había cofres de pedra soterrados no chan. Algúns dos cuartos tiñan as súas paredes cubertas de chumbo, suponse que para evitar as humidades. Na parte leste evidénciase moi claramente a construción en forma de chanzos do pazo, xa que esta está construída nunha chaira do outeiro e ten até tres andares por baixo do nivel do patio, onde se atopaban os apousentos da familia real, os servizos (baños) e seguramente tamén estivese a Cámara do tesouro e diversas estancias que poderían ser almacéns, entre as que descorría un tortuoso corredor. A norte do patio central distribuíanse os artesáns, a escola dos escribas e outras dependencias. Tamén había un tanque que se especula con que fose un acuario.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Outros artigos

ligazóns externas