Gabino Bugallal: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m DEFAULTSORT -> ORDENAR
Xas (conversa | contribucións)
engado bibliografía
Liña 4: Liña 4:
'''Gabino Bugallal Araújo''', [[condado de Bugallal|conde de Bugallal]], nado en [[Ponteareas]] o [[19 de febreiro]] de [[1861]] e falecido en [[París]] o [[30 de xuño]] de [[1932]], foi un avogado e político galego.

== Traxectoria ==
==Traxectoria==
Deputado xa desde moi novo, dentro das filas do [[Partido Liberal-Conservador|Partido Conservador]], especialmente relacionado co grupo de [[Raimundo Fernández Villaverde]]. Foi nomeado ministro en diversas ocasións: no Goberno de Fernández Villaverde, de xullo de [[1903]], desempeñou a carteira de Instrución Pública e Belas Artes, na que estivo ata o 5 de decembro dese ano. Ministro de Facenda no Goberno de [[Eduardo Dato]] de [[1912]] (27 de outubro ao 31 de decembro), de novo do [[11 de xuño]] ao [[3 de novembro]] de [[1917]], e por última vez, do [[2 de xullo]] de [[1919]] ao [[5 de maio]] de [[1920]], no Goberno de [[Joaquín Sánchez de Toca Calov|Sánchez Toca]].

Liña 23: Liña 23:
{{referencias}}
{{referencias}}

==Véxase tamén==
{{ORDENAR:Bugallal, Gabino}}
===Bibliografía===
*{{Cita libro |título= Cobián, González Besada e Bugallal: Tres ministros galegos na crise da Restauración|nome= Rafael|apelidos= Vallejo Pousada|ligazónautor= |coautores= Pro Ruiz, Juan e Pan-Montojo, Juan|ano= 2005|editor= Deputación Provincial|localización= Pontevedra|isbn= 84-8457-255-2|páxina= |páxinas= |dataacceso=25 de agosto de 2012 |url=}}

{{ORDENAR:Bugallal Araujo, Gabino}}
[[Categoría:Presidentes de España]]
[[Categoría:Presidentes de España]]
[[Categoría:Ministros de España]]
[[Categoría:Ministros de España]]
[[Categoría:Nados en Ponteareas]]
[[Categoría:Nados en Ponteareas]]
[[Categoría:Condado de Bugallal]]
[[Categoría:Condado de Bugallal]]
[[Categoría:Nados en 1861]]

[[ca:Gabino Bugallal Araujo]]
[[ca:Gabino Bugallal Araujo]]

Revisión como estaba o 25 de agosto de 2012 ás 16:48

Bugallal.
A Gabino Bugallal en Ponteareas.
Véxase tamén: Isidoro Bugallal.

Gabino Bugallal Araújo, conde de Bugallal, nado en Ponteareas o 19 de febreiro de 1861 e falecido en París o 30 de xuño de 1932, foi un avogado e político galego.

Traxectoria

Deputado xa desde moi novo, dentro das filas do Partido Conservador, especialmente relacionado co grupo de Raimundo Fernández Villaverde. Foi nomeado ministro en diversas ocasións: no Goberno de Fernández Villaverde, de xullo de 1903, desempeñou a carteira de Instrución Pública e Belas Artes, na que estivo ata o 5 de decembro dese ano. Ministro de Facenda no Goberno de Eduardo Dato de 1912 (27 de outubro ao 31 de decembro), de novo do 11 de xuño ao 3 de novembro de 1917, e por última vez, do 2 de xullo de 1919 ao 5 de maio de 1920, no Goberno de Sánchez Toca.

Ministro de Graza e Xustiza con Dato en maio de 1920, e en agosto dese mesmo ano substituíu a Bergamín como ministro de Gobernación e adoptou unha política de man dura contra a conflitividade social. Partidario de medidas represivas, nomeou a Severiano Martínez Anido gobernador civil de Barcelona e tolerou a aplicación da lei de fugas.

Ocupou interinamente a xefatura do Goberno tras o asasinato de Eduardo Dato e, en contra da vontade de Maura, intentou crear un Goberno conservador homoxéneo.

Monárquico conservador, durante a ditadura de Primo de Rivera mantivo a súa adhesión ao rei Afonso XIII. Ministro de Economía en 1931, ante o masivo apoio electoral á República, foi o único partidario do uso da forza para defender a monarquía.

Faleceu no Hotel Savoy de París e foi soterrado provisionalmente nunha igrexa da rue de la Pompe, ata que en 1960 a súa filla trasladou os seus restos ao cemiterio de Thiais, onde repousa[1].

Predecesor:
Eduardo Dato
Presidente do Goberno de España
1921
Sucesor:
Manuel Allendesalazar

Familia

Irmán de Isidoro Bugallal, foi neto do xornalista Isidoro Araújo. Tío de José Luis Bugallal Marchesi. En 1912 herdou o Condado de Bugallal da súa curmá Adelaida García Rodríguez.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Vallejo Pousada, Rafael; Pro Ruiz, Juan e Pan-Montojo, Juan (2005). Deputación Provincial, ed. Cobián, González Besada e Bugallal: Tres ministros galegos na crise da Restauración. Pontevedra. ISBN 84-8457-255-2.  A referencia usa o parámetro obsoleto |coautores= (Axuda);