Mario Regueira: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
+ imaxe |
Sen resumo de edición |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
[[Ficheiro:Mario Regueira.jpg |
[[Ficheiro:Mario Regueira.jpg|miniatura|{{PAGENAME}}.]] |
||
'''Mario Ibán Regueira Fernández''', nado en [[Ferrol]] en [[1979]], é un escritor galego. |
'''Mario Ibán Regueira Fernández''', nado en [[Ferrol]] en [[1979]], é un escritor galego. |
Revisión como estaba o 30 de xullo de 2012 ás 09:45
Mario Ibán Regueira Fernández, nado en Ferrol en 1979, é un escritor galego.
Traxectoria
É licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, e actualmente cursa os estudos de doutoramento en Teoría da Literatura e Literatura Comparada. Colaborou en diversas publicacións, como A Caramuxa, Citania, Dorna ou Nova Ólisbos, e en diferentes proxectos de creación na rede, así coma na revista Grial, no Cartafol de Libros de Vieiros, na revista galega de música Sonotone e na editorial independente Estaleiro editora.
Obras
Narrativa
- Rebelión no inverno, Xerais, 2004. Relatos.
- L'affiche rouge, Xerais, 2007. Novela.
- Outono aquí, Sotelo Blanco, 2012.
Poesía
- Tanxerina, Espiral Maior, 2006.
- Blues da crecente, Espiral Maior, 2009.
- O silencio, Xerais, 2012.
Ensaio
- Lois Pereiro. Unha persecución, 2.0 editora, 2011.
Obras colectivas
- Letras novas, Asociación de Escritores en Lingua Galega, 2008.
- En defensa do poleiro, Toxosoutos, 2010.
- Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, 2011, AELG, libro electrónico.
- Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís, 2011, A Nave das Ideas.
- A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos.
Premios
- Premio de poesía Pérez Parallé de Poesía no 2006, por Tanxerina.
- Premio Johán Carballeira de Poesía no 2008, por Blues da Crecente.
- Premio Lueiro Rey de novela curta no 2011, por Outono aquí.