Macizo Galaico: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Río do Soutiño - San Andrés de Souto.jpg|miniatura|dereita|230 px|Río do Soutiño, no Macizo Galaico]]O '''Macizo Galaico''' é un sistema de serras e montañas de [[Galicia]] e da zona limítrofe coas provincias de [[provincia de Zamora|Zamora]] e [[provincia de León|León]].
O '''Macizo Galaico''' é un sistema de serras e montañas de [[Galicia]] e da zona limítrofe coas provincias de [[provincia de Zamora|Zamora]] e [[provincia de León|León]].

Está formado por rochas paleozoicas ([[granito]]s) moi metamorfizadas no centro e oeste ([[gneis]], [[micacita]]s). Xeomorfoloxicamente constitúe unha prolongación da [[Meseta Central|Meseta]] cara o noroeste. O seu relevo, dunha altitude media de 500 m, é moi complexo pola falta de aliñacións montañosas definidas e causa da acción erosiva dos ríos, que ocasiona unha fragmentación das fragas.

Porén, de surleste a noroeste poden distinguirse tres conxuntos:
Porén, de sueste a noroeste poden distinguirse tres conxuntos:
* As serras limítrofes coas provincias de León e Zamora, onde se acadan as maiores altitudes do sistema (''[[Pena Trevinca]]'', 2.047 m).
* As serras limítrofes coas provincias de León e Zamora, onde se acadan as maiores altitudes do sistema (''[[Pena Trevinca]]'', 2.047 m).

Revisión como estaba o 18 de xuño de 2012 ás 22:10

O Macizo Galaico é un sistema de serras e montañas de Galicia e da zona limítrofe coas provincias de Zamora e León.

Está formado por rochas paleozoicas (granitos) moi metamorfizadas no centro e oeste (gneis, micacitas). Xeomorfoloxicamente constitúe unha prolongación da Meseta cara o noroeste. O seu relevo, dunha altitude media de 500 m, é moi complexo pola falta de aliñacións montañosas definidas e causa da acción erosiva dos ríos, que ocasiona unha fragmentación das fragas.

Porén, de sueste a noroeste poden distinguirse tres conxuntos:

  • As serras limítrofes coas provincias de León e Zamora, onde se acadan as maiores altitudes do sistema (Pena Trevinca, 2.047 m).
  • A Cordilleira Dorsal Galega, que culmina no cumio de Cabeza de Manzaneda, de 1.778 metros, separada do conxunto anterior por unha fosa tectónica de dirección norte-sur. Inclúe o denominado Macizo Central ourensán.
  • As serras litorais, de menor altitude e separadas do conxunto anterior pola foxa Tui-Verín-Vigo.

O sistema en xeral preséntase abombado, con alternancia de horsts, cubetas e fallas de dirección N-S. As choivas son abundantes e regulares, orixinando un espeso manto vexetal: fragas caducifolias con sotobosque de landas e extensas áreas de prados naturais que favorecen a existencia dun chan mol.

As zonas máis elevadas experimentan a influencia dos glaciares, como a serra da Segundera, que forma vales (río Tera, Cabreira, Bibei), conxuntos morrénicos e cubetas lacustres: lago de San Martín de Castañeda, laguna de Lacillo.