Río Kagera: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (Bot: Engado: uk:Кагера |
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|) |
||
Liña 11: | Liña 11: | ||
| desemboca = [[Lago Vitoria]] |
| desemboca = [[Lago Vitoria]] |
||
}} |
}} |
||
[[Ficheiro:Rivers and lakes of Uganda.png|280px| |
[[Ficheiro:Rivers and lakes of Uganda.png|280px|miniatura|Localización do río Kagera (mapa de Uganda)]] |
||
[[Ficheiro:Carte Rwanda.png|280px| |
[[Ficheiro:Carte Rwanda.png|280px|miniatura|Localización do río Kagera (mapa de Ruanda)]] |
||
O '''río Kagera''' é un [[río]] da [[África Oriental]], o maior tributario do [[lago Vitoria]] e un dos ríos da cabeceira do [[río Nilo]]. O río forma fronteira natural entre [[Tanzania]] e [[Ruanda]] e, tamén, entre Tanzania e [[Uganda]]. Ten unha lonxitude, sen incluír as súas fontes, de 400 km.<ref>[http://www.britannica.com/EBchecked/topic/309603/Kagera-River], Britannica Online Encyclopedia {{en}}</ref> |
O '''río Kagera''' é un [[río]] da [[África Oriental]], o maior tributario do [[lago Vitoria]] e un dos ríos da cabeceira do [[río Nilo]]. O río forma fronteira natural entre [[Tanzania]] e [[Ruanda]] e, tamén, entre Tanzania e [[Uganda]]. Ten unha lonxitude, sen incluír as súas fontes, de 400 km.<ref>[http://www.britannica.com/EBchecked/topic/309603/Kagera-River], Britannica Online Encyclopedia {{en}}</ref> |
||
Revisión como estaba o 16 de xuño de 2012 ás 19:08
Río Kagera (Kagera-Akagera-Nyabarongo-Mwogo-Rukarara) | |
---|---|
[[Ficheiro:|250px]] O río Kagera, na fronteira entre Ruanda e Tanzania | |
País | Burundi Ruanda Tanzania Uganda |
Nacemento | Ríos Akagera e Ruvubu |
Lonxitude | 621 km |
Conca | Río Nilo |
Desembocadura | Lago Vitoria |
O río Kagera é un río da África Oriental, o maior tributario do lago Vitoria e un dos ríos da cabeceira do río Nilo. O río forma fronteira natural entre Tanzania e Ruanda e, tamén, entre Tanzania e Uganda. Ten unha lonxitude, sen incluír as súas fontes, de 400 km.[1]
Xeografía
O río nace no Monte Heha, en Burundi. Nos seus inicios é coñecido como río Rukarara, aparecendo en Ruanda, cerca do extremo norte do lago Tanganica, no corazón do bosque tropical de Nyungwe, na provincia Occidental. O río cambia varias veces de nome segundo descende e vai incorporando afluentes: primeiro leva o nome de Mwogo, logo o de Nyabarongo; ao confluír o Nyabarongo co Akanyaru dá lugar ao nacemento do río Akagera, e, despois, ao recibir este pola dereita o río Ruvubu, dá lugar ao río Kagera.
O Kagera flúe cara o norte, constituíndo durante a primeira metade do seu percorrido a fronteira natural entre Tanzania e Ruanda. Neste primeiro tramo, o río forma primeiro o límite occidental da reserva tanzana de Rusuma Falls-Burigi Game, e, máis adiante, durante un largo tramo, o límite oriental do ugandés Parque Nacional Akagera, que leva ese polo río.
Cerca de Kagitumba, o río cambia repentinamente de dirección cara o leste, nun punto no que hai unha trifronteira entre Ruanda, Tanzania e Uganda. Segue cara o leste, sendo a fronteira tanzano-ugandesa. Logo describe unha ampla curva cara o sur adentrándose no territorio tanzano e de novo volve, xa no seu tramo final, a ser fronteira entre Tanzania e Uganda. Desemboca finalmente no lago Victoria pola parte central da beira occidental, a uns 40 km ao norte da cidade de Bukoba.
A súa cabeceira é a fonte do río Nilo máis afastada do mar Mediterráneo.
Hidroloxía
O río Kagera e os seus afluentes drenan a maior parte do territorio de Ruanda. Os principais afluentes do río son:
- pola marxe esquerda:
- río Muvumba;
- río Karangaza;
- río Kamiramugezi;
- pola marxe dereita:
- río Ruvubu;
Notas
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Kagera |