Couto de Lampai: Diferenzas entre revisións
novo artigo, desde a ligazón externa indicada |
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|) |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
[[Ficheiro:Marco I do Couto de Lampai (SW).jpg| |
[[Ficheiro:Marco I do Couto de Lampai (SW).jpg|miniatura|dereita|200px|Marco I do Couto de Lampai.]] |
||
O '''Couto de Lampai''' foi un terreo doado en [[1156]] polo rei [[Afonso VII]] ao plebeo [[Sancho Eanes]]. A doazón está confirmada nun documento conservado no [[Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago de Compostela]] (tombo B, folio 222), redactado o 29 de outubro dese mesmo ano. |
O '''Couto de Lampai''' foi un terreo doado en [[1156]] polo rei [[Afonso VII]] ao plebeo [[Sancho Eanes]]. A doazón está confirmada nun documento conservado no [[Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago de Compostela]] (tombo B, folio 222), redactado o 29 de outubro dese mesmo ano. |
Revisión como estaba o 16 de xuño de 2012 ás 13:22
O Couto de Lampai foi un terreo doado en 1156 polo rei Afonso VII ao plebeo Sancho Eanes. A doazón está confirmada nun documento conservado no Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago de Compostela (tombo B, folio 222), redactado o 29 de outubro dese mesmo ano.
Localización
Está situado na parroquia de Cruces (Padrón), preto de Iria Flavia e da parroquia de Lampai (Teo). O terreo ten 22 hectáreas, e abrangue varias entidades de poboación. Está atravesado pola vía portuguesa do camiño de Santiago e pola autoestrada AP-9.
Limitaría ao norte cos montes das Penises e Figueira Labrada, ao sur cos montes de Pastoriza, ao leste co lugar de Lampai, e ao oeste cos lugares de Queiruga e Pazos.
Marcos
Consérvanse tres marcos nos lindes do terreo.
O marco 1 está a carón do rego de Tarrío, no actual límite entre os concellos de Padrón e Teo. Inclúe o texto Era MCXCIV et quotum I kalendas septemberis cum auctoritatem imperatoris et omnibus intervinientibus patronim statuit (Ano 1156 no primeiro día das calendas de setembro coa autoridade do Emperador e de tódolos asistentes poño este pedrón).
O marco II ten un texto na cara norte (co texto patronim statuit), seis coviñas na cara leste, e unha cruz na cara oeste.
O marco III ten unha inscrición no lado oeste, que remata coa fórmula patronim statuit.
Galería de imaxes
Véxase tamén: Imaxes do Couto de Lampai.
-
Inscrición no marco II.
-
Inscrición no marco III.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- "Un acoutamento medieval na comarca compostelá", artigo de Jorge Guitián Castromil e Xoán Guitián Rivera no Anuario Brigantino nº 24 (2001).