Incesto: Diferenzas entre revisións
m Bot: Elimino: kk:Қан араласу(инцест) (missing) |
m r2.7.3) (Bot: Engado: kk:Қан араласу (инцест) |
||
Liña 35: | Liña 35: | ||
[[ja:近親相姦]] |
[[ja:近親相姦]] |
||
[[ka:ინცესტი]] |
[[ka:ინცესტი]] |
||
[[kk:Қан араласу (инцест)]] |
|||
[[ko:근친상간]] |
[[ko:근친상간]] |
||
[[lt:Kraujomaiša]] |
[[lt:Kraujomaiša]] |
Revisión como estaba o 8 de maio de 2012 ás 09:00
O incesto defínese como a relación sexual entre parentes próximos. Na maioría das culturas o incesto é un tabú, a gran maioría das lexislacións do mundo considérano como delito, mesmo de se practicar con "mutuo consentimento" entre maiores de idade, non obstante que o grado de parentesco en que esas relacións quedan prohibidas varía segundo as culturas e os períodos históricos. En toda a historia atópanse só tres excepcións á prohibición universal do incesto: as das monarquías do Antigo Exipto; a dos monarcas do Tawantinsuyo e as dos antigos monarcas hawaianos. En todos eses casos primaba unha razón de Estado que se podía resumir no intento de concentrar o poder nunha familia; por isto tales incestos adoitaban ser ás veces nominais e era frecuente a polixinia por parte dos homes nesas parellas legalmente incestuosas.
A consanguinidade, a procreación entre parentes, aumenta a frecuencia de homocigose dentro dunha poboación, reducindo a súa variabilidade xenética.