Roque de Montpellier: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Lameiro (conversa | contribucións)
cambio imaxe por un San Roque galego
Liña 1: Liña 1:
{{outroshomónimos|San Roque}}
{{outroshomónimos|San Roque}}
[[Ficheiro:Armenteira Monasterio de Santa María church23.JPG|300px|thumb|San Roque no [[Mosteiro da Armenteira]]]]

[[Ficheiro:Imagen de San Roque en Macotera recién restaurada.JPG|thumb|right|200px|Imaxe de San Roque en [[Macotera]] ([[provincia de Salamanca|Salamanca]]).]]


'''Roque de Montpellier''', nado segundo a tradición en [[Montpellier]] cara a [[1348]] (antigamente críase que cara a [[1295]]) e finado en [[Voghera]] ([[Italia]]) o 15 ou [[16 de agosto]] de [[1376]] ou 1379 (antigamente críase que en Montpellier en 1327), foi un peregrino francés que se dirixiu a [[Roma]].
'''Roque de Montpellier''', nado segundo a tradición en [[Montpellier]] cara a [[1348]] (antigamente críase que cara a [[1295]]) e finado en [[Voghera]] ([[Italia]]) o 15 ou [[16 de agosto]] de [[1376]] ou 1379 (antigamente críase que en Montpellier en 1327), foi un peregrino francés que se dirixiu a [[Roma]].
Liña 19: Liña 18:


En [[Llanes]] é Festa de Interese Turístico Nacional, celebrándose unha gran procesión coa imaxe do Santo e un Festival Folclórico co baile do Pericote, así coma o Encontro Rexional de Gaiteiros.
En [[Llanes]] é Festa de Interese Turístico Nacional, celebrándose unha gran procesión coa imaxe do Santo e un Festival Folclórico co baile do Pericote, así coma o Encontro Rexional de Gaiteiros.

==Galería de imaxes==
<Gallery>
Ficheiro:Imagen de San Roque en Macotera recién restaurada.JPG|San Roque en [[Macotera]] ([[provincia de Salamanca|Salamanca]])]]
</Gallery>


==Bibliografía==
==Bibliografía==

Revisión como estaba o 20 de marzo de 2012 ás 19:58

San Roque no Mosteiro da Armenteira

Roque de Montpellier, nado segundo a tradición en Montpellier cara a 1348 (antigamente críase que cara a 1295) e finado en Voghera (Italia) o 15 ou 16 de agosto de 1376 ou 1379 (antigamente críase que en Montpellier en 1327), foi un peregrino francés que se dirixiu a Roma.

Percorreu a península Itálica curando infectados pola peste, e faleceu querido coma un santo. A súa devoción estendeuse rapidamente a partir do século XV. Desde Venecia propagouse o culto cara o mundo xermánico e os Países Baixos. En 1477, por mor doutra epidemia de peste, fundouse en Venecia unha confraría baixo a súa advocación (Confraternità o Scuole di San Rocco), dedicada á hospedaxe de enfermos de peste. Esta agrupación fomentou a devoción ao santo construíndo capelas e máis centros de acollida por toda Italia. Unha das igrexas máis coñecidas dedicadas a este santo está en París, preto do museo do Louvre, ordenada edificar por Luís XIV en 1563. Actualmente a súa devoción esténdese por toda Europa e Latinoamérica.

O santoral da igrexa católica celebra o seu día o 16 de agosto. Santo protector ante a peste e epidemias, a súa intervención foi solicitada polos habitantes de moitas aldeas que, logo de desaparecer o mal, recoñecían a intervención do Santo, polo que era nomeado Santo patrón da localidade.

Represéntase vestido de peregrino (con bordón e cabaza), cunha ferida na perna e acompañado dun can que o auxiliaba. É patrón dos peregrinos, dos cans, dos contaxiados por epidemias (especialmente a peste e o cólera), dos falsamente acusados, dos inválidos e dos cirurxiáns.

Tradicións de culto

É o patrón de moitas parroquias galegas.

En Betanzos celébranse a romaría dos Caneiros, e o día 16, nas festas de San Roque de Betanzos, lánzase o globo de papel máis grande do mundo, elaborado artesanalmente pola familia Pita e veciños da vila.

Tamén se celebra, entre outros lugares, no barrio de San Roque de Vigo e en Carballedo (Cotobade).

En Llanes é Festa de Interese Turístico Nacional, celebrándose unha gran procesión coa imaxe do Santo e un Festival Folclórico co baile do Pericote, así coma o Encontro Rexional de Gaiteiros.

Galería de imaxes

Bibliografía

  • Brugada, M.: San Roque. Editorial Centro de Pastoral Litúrgica, Barcelona 2000, Colección Santos y Santas n. 44.

Véxase tamén

Ligazóns externas