Guillaume Apollinaire: Diferenzas entre revisións
m r2.7.2) (Bot: Engado: eu:Guillaume Apollinaire |
m r2.7.1) (Bot: Engado: ia:Guillaume Apollinaire |
||
Liña 37: | Liña 37: | ||
[[hu:Guillaume Apollinaire]] |
[[hu:Guillaume Apollinaire]] |
||
[[hy:Գիյոմ Ապոլիներ]] |
[[hy:Գիյոմ Ապոլիներ]] |
||
[[ia:Guillaume Apollinaire]] |
|||
[[io:Guillaume Apollinaire]] |
[[io:Guillaume Apollinaire]] |
||
[[it:Guillaume Apollinaire]] |
[[it:Guillaume Apollinaire]] |
Revisión como estaba o 27 de febreiro de 2012 ás 18:51
Wilhelm Albert Vladimir Apollinaris de Kostrowitzky, coñecido como Guillaume Apollinaire, nado en Roma o 26 de agosto de 1880 e finado en París o 9 de novembro de 1918, foi un escritor e crítico de arte francés.
Traxectoria
Fillo dunha condesa polaca, dende 1902 foi un dos membros máis populares do barrio artístico parisino de Montparnasse, tivo por amigos e colaboradores a Pablo Picasso, Max Jacob, André Salmon,Marie Laurencin, André Derain, Blaise Cendrars, Pierre Reverdy, Jean Cocteau, Erik Satie, Ossip Zadkine e Marcel Duchamp.
En 1909 publicou o seu primeiro libro O encantador en putrefacción, baseado na lenda de Merlín e Viviana. Os seus poemarios, O bestiario ou o cortexo de Orfeo (1911) e Alcoois (1913) reflicten a influencia do simbolismo, con importantes innovacións formais; nese mesmo ano apareceu o ensaio crítico Os pintores cubistas, defensa do novo movemento como superación do realismo. No 1916 publicou o libro de relatos O poeta asasinado.
Alistouse como voluntario en 1914, ferido de gravidade na cabeza, morreu dous anos despois, vítima da gripe.