Minuto: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Engado: oc:Minuta (temps)
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 21 de xaneiro de 2012 ás 09:20

O minuto (min) é unha unidade de tempo que equivale á sesaxésima parte dunha hora. Tamén equivale a 60 segundos, que é a unidade de tempo do Sistema Internacional de Unidades.

Isto é:

1/60 h = 1 min = 60 s

A verba minuto provén do latín pars minuta prima, que significa ‘parte diminuta primeira’, coa mesma etimoloxía que «menor». O segundo era denominado pars minuta secunda, a ‘parte diminuta segunda’.