Alfredo Pérez Rubalcaba: Diferenzas entre revisións
m engado a Categoría:Personalidades de Cantabria mediante HotCat |
m r2.7.1) (Bot: Engado: sv:Alfredo Pérez Rubalcaba |
||
Liña 56: | Liña 56: | ||
[[pt:Alfredo Pérez Rubalcaba]] |
[[pt:Alfredo Pérez Rubalcaba]] |
||
[[ro:Alfredo Pérez Rubalcaba]] |
[[ro:Alfredo Pérez Rubalcaba]] |
||
[[sv:Alfredo Pérez Rubalcaba]] |
|||
[[zh:阿弗雷多·沛雷茲·盧巴卡巴]] |
[[zh:阿弗雷多·沛雷茲·盧巴卡巴]] |
Revisión como estaba o 12 de novembro de 2011 ás 14:24
Alfredo Pérez Rubalcaba, nado o 28 de xullo de 1951 en Solares é un político cántabro pertencente ó Partido Socialista Obrero Español. É Doutor en Ciencias Químicas e foi profesor universitario na Universidade Complutense. Foi Ministro de Educación e Ciencia (1992 - 1993) e Ministro da Presidencia (1993 - 1996). Na V lexislatura foi deputado por Toledo, e despois pasou a selo por Madrid nas eleccións de 1996 e de 2000, por Cantabria en 2004 e por Cádiz en 2008. Desde abril de 2006 é Ministro del Interior e a partir de outubro de 2010 ademais voceiro do Goberno e vicepresidente primeiro.
Traxectoria
Alfredo Pérez Rubalcaba ingresou no PSOE en 1974, no que comezou a colaborar na Federación Socialista Madrileña e, máis tarde, nas comisións de Ensino e Investigación tanto do partido coma do Grupo Parlamentario Socialista.
Coa chegada ó Gobierno do PSOE en 1982, Rubalcaba asumiu distintos cargos relacionados coa universidade e a educación. De feito, en 1988 foi nomeado Secretario de Estado de Educación, e entre 1992 e 1993 foi nomeado ministro de Educación e Ciencia. Tralas eleccións xerais de 1993, o daquela presidente do Goberno, Felipe González, nomeouno ministro da Presidencia e de Relacións coas ortes (carteira de nova creación), cargo no que se mantivo ata as Eleccións xerais de 1996.
Nas xerais de marzo de 1996, que o PSOE perdeu fronte ó PP, Rubalcaba resultou elixido deputado por Madrid.
Un ano máis tarde, no XXXIV Congreso do PSOE, foi elixido membro da Executiva e secretario de Comunicación. A súa inclusión nas listas do partido por parte do por entón secretario xeral do PSOE, Joaquín Almunia, veu a refrendar a súa notable importancia no Partido na nova etapa. De feito, o actual ministro do Interior foi un dos principais encargados de mantr contactos co goberno popular sobre ETA a raíz da tregua de 1999.
No XXXV Congreso socialista, no que José Luis Rodríguez Zapatero foi elixido novo secretario xeral do PSOE, Rubalcaba entrou a formar parte do Comité Federal do partido. Nesta etapa, encabezou a delegación socialista que acordou co PP o denominado Pacto polas Liberdades e contra o Terrorismo, asinado en decembro de 2000.
Nas eleccións xerais de marzo de 2004, Rubalcaba foi responsable da Estratexia Electoral do PSOE, e máis tarde foi nomeado voceiro do Grupo Socialista no Congreso de los Diputados. Desde o 11 de abril de 2006 substitúe a José Antonio Alonso á fronte da Carteira de Interior. Este relevo produciuse tralo "alto ao fogo" da banda terrorista ETA.
Cargos actuais
- Vicepresidente Primeiro do Goberno
- Ministro do Interior.
- Voceiro do Goberno
- Vogal doa Deputación Permanente do Congreso.
- Adscrito á Comisión de Interior.
- Vogal da Comisión de Regulamento.
- Presidente da Delegación española na Asemblea da Unión Interparlamentaria (UIP).
Predecesor: Javier Solana |
Ministro de Educación e Ciencia 1992 - 1993 |
Sucesor: Gustavo Suárez Pertierra |
Predecesor: Javier Moscoso del Prado y Muñoz |
Ministro da Presidencia 1993 - 1996 |
Sucesor: Francisco Álvarez Cascos |
Predecesor: José Antonio Alonso |
Ministro do Interior 2006 - |
Sucesor: No cargo |
Predecesor: María Teresa Fernández de la Vega |
Vicepresidente Primeiro do Goberno 2010 - Actualidade |
Sucesor: no cargo |
Predecesor: María Teresa Fernández de la Vega |
Voceiro do Goberno 2010 - Actualidade |
Sucesor: no cargo |
|}