Marta Rivera de la Cruz: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 10: Liña 10:


===Finalista do Planeta===
===Finalista do Planeta===
En [[2006]] publica ''[[En tiempo de prodigios]]'', que resultou finalista do [[Premio Planeta]] de Novela de ese mesmo ano. A novela narra a historia de Cecilia, unha muller á que a vida non lle sorrí neses momentos pero que descobre n nha historia que lle vai contando pouco a pouco o avó da súa mellor amiga, Silvio, o verdadeiro sentido da vida.
En [[2006]] publica ''[[En tiempo de prodigios]]'', que resultou finalista do [[Premio Planeta]] de Novela de ese mesmo ano. A novela narra a historia de Cecilia, unha muller á que a vida non lle sorrí neses momentos pero que descobre unha historia que lle vai contando pouco a pouco o avó da súa mellor amiga, Silvio, o verdadeiro sentido da vida.


A súa última novela ata o momento, ''[[La importancia de las cosas]]'', publicouse en [[2009]]. O protagonista é un profesor universitario, Mario Menkell, autor dunha única e exitosa novela, que recibe a nova de que o inquilino do seu piso de aluguer se suicidou. Tras a sorpresa inicial, a partir das pertenzas do individuo, intentará recompoñer a súa historia.
A súa última novela ata o momento, ''[[La importancia de las cosas]]'', publicouse en [[2009]]. O protagonista é un profesor universitario, Mario Menkell, autor dunha única e exitosa novela, que recibe a nova de que o inquilino do seu piso de aluguer se suicidou. Tras a sorpresa inicial, a partir das pertenzas do individuo, intentará recompoñer a súa historia.

Revisión como estaba o 31 de outubro de 2011 ás 22:07

Marta Rivera de la Cruz, nada en Lugo en 1970, é unha escritora galega en lingua castelá.

Traxectoria

Formación e comezos literarios

É licenciada en Ciencias da Información e especialista en Comunicación Política pola Universidade Complutense de Madrid. Comeza a súa carreira literaria no ano 1996 coa novela El refugio, que resultou gañadora do II Premio de Novela Corta Joven y Brillante 1996.

Dous anos máis tarde, en 1998, obtivo o Premio Ateneo de Sevilla de Novela Joven coa súa obra Que veinte años no es nada, na que relataba a pasión irrevocable que Luisa sinte por un famoso escritor, Cósimo Herrera, vinte anos maior ca ela. Da obra fixéronse cinco edicións.

No ano 2000 publica dúas novelas: Linus Daff, inventor de historias e Viajar a Chipre. Ademais da novela, cultiva tamén o xénero do ensaio e en 2001 aparece Fiestas que hicieron historia. Hotel Almirante é a súa seguinte novela. Publícase no ano 2002 e xira en torno ó misterioso descubrimento do cadáver dunha belísima moza nun hotel de luxo. Un ano máis tarde, en 2003, a autora publica Tristezas de amor, unha nova incursión no xénero do ensaio, e no ano 2004 aparece Grandes de España. Ademais de todas estas publicacións, a autora escribiu numerosos relatos, coma "El beso del andén".

Finalista do Planeta

En 2006 publica En tiempo de prodigios, que resultou finalista do Premio Planeta de Novela de ese mesmo ano. A novela narra a historia de Cecilia, unha muller á que a vida non lle sorrí neses momentos pero que descobre unha historia que lle vai contando pouco a pouco o avó da súa mellor amiga, Silvio, o verdadeiro sentido da vida.

A súa última novela ata o momento, La importancia de las cosas, publicouse en 2009. O protagonista é un profesor universitario, Mario Menkell, autor dunha única e exitosa novela, que recibe a nova de que o inquilino do seu piso de aluguer se suicidou. Tras a sorpresa inicial, a partir das pertenzas do individuo, intentará recompoñer a súa historia.

Outros labores

Ademais de escritora, Marta Rivera de la Cruz tamén desenvolveu a súa actividade como editora: foi responsable da antoloxía Cuentos de Navidad e da última edición da obra de Alejo Carpentier, La ciudad de las columnas. É colaboradora habitual de diversos medios, coma El País Semanal, El Progreso ou o programa de radio Al sur de la semana da cadena COPE.

Perfil polémico

En 2008, Rivera de la Cruz adoptou unha posición firme de apoio público[1] ás teses defendidas pola organización Galicia Bilingüe, de moi escasa implantación na sociedade galega, que, entre outras pretensións, avoga pola derrogación inmediata da Lei de normalización lingüística, garante da igualdade de dereitos entre as linguas galega e castelá no territorio administrativo galego. A escritora luguesa foi unha das caras visíbeis que durante a campaña das eleccións ao parlamento de Galiza en 2009 se manifestou en favor do uso prioritario do castelán no ensino en detrimento do galego, a cal resulta ser a lingua propia de Galiza segundo queda recollido de forma explícita no seu propio Estatuto de autonomía.

Obras

Novelas

  • El Refugio (1996; Gañadora do II Premio Novela Corta Joven y Brillante 1996).
  • Que veinte años no es nada (Algaida Editores, 1998; Gañadora do II Premio Ateneo Joven de Sevilla de Novela 1998).
  • Linus Daff, inventor de historias (Plaza y Janés, 2000).
  • Viajar a Chipre (Plaza y Janés, 2000).
  • Hotel Almirante (Espasa-Calpe, 2002).
  • En tiempo de prodigios (Planeta, 2006; Finalista del Premio Planeta 2006).
  • La importancia de las cosas (Planeta, 2009).

Ensaios

  • Fiestas que hicieron historia (Temas de Hoy, 2001).
  • Tristezas de amor (Espasa-Calpe, 2003).
  • Grandes de España (Aguilar, 2004).

Outras colaboracións

  • "El beso del andén" (Imagine, 2001; Conto na antoloxía Sobre raíles).


Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas