Marta Rivera de la Cruz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Marta Rivera de la Cruz
Marta Rivera de la Cruz.jpg
Nome completoMarta Rivera de la Cruz
Nacemento4 de xuño de 1970
 Lugo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónescritora, xornalista, ensaísta, biógrafa, escritora de literatura infantil e política
editar datos en Wikidata ]

Marta Rivera de la Cruz, nada en Lugo en 1970, é unha escritora galega en lingua castelá, ademais de política (deputada de Ciudadanos), colaboradora en diversos medios de comunicación e un dos apoios máis destacados da asociación Galicia Bilingüe.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formación e comezos literarios[editar | editar a fonte]

Filla do xornalista Francisco Rivera Cela. É licenciada en Ciencias da Información e especialista en Comunicación Política pola Universidade Complutense de Madrid. Comezou a súa carreira literaria no ano 1996 coa novela El refugio, que resultou gañadora do II Premio de Novela Corta Joven y Brillante 1996.

Dous anos máis tarde, en 1998, obtivo o Premio Ateneo de Sevilla de Novela Joven coa obra Que veinte años no es nada, na que relataba a paixón irrevogable que Luisa sente por un famoso escritor, Cósimo Herrera, vinte anos maior ca ela. Da obra fixéronse cinco edicións.

No ano 2000 publicou dúas novelas: Linus Daff, inventor de historias e Viajar a Chipre.

Cultiva tamén o xénero do ensaio e en 2001 apareceu Fiestas que hicieron historia. Hotel Almirante foi a súa seguinte novela. Publicada en 2002, xira arredor do descubrimento do cadáver dunha moza nun hotel de luxo. Un ano máis tarde, en 2003, a autora publicou Tristezas de amor, unha incursión no xénero do ensaio, e en 2004 Grandes de España.

Así mesmo, a autora escribiu numerosos relatos, coma "El beso del andén".

Finalista do Planeta[editar | editar a fonte]

En 2006 publica En tiempo de prodigios, que resultou finalista do Premio Planeta de Novela dese mesmo ano. A novela narra a historia de Cecilia, unha muller á que a vida non lle sorrí pero que descobre unha historia que lle vai contando pouco a pouco o avó da súa mellor amiga, Silvio.

A súa novela La importancia de las cosas publicouse en 2009. Nela, o protagonista é un profesor universitario, Mario Menkell, autor dunha única e exitosa novela, que recibe a nova de que o inquilino do seu piso de alugueiro se suicidou. Tras a sorpresa inicial, a partir das pertenzas do individuo, intentará recompoñer a súa historia.

Outros labores[editar | editar a fonte]

Ademais de escritora, Marta Rivera de la Cruz desenvolveu a súa actividade como editora: foi responsable da antoloxía Cuentos de Navidad e da última edición da obra de Alejo Carpentier, La ciudad de las columnas. É colaboradora habitual de diversos medios, coma El País Semanal, El Progreso ou o programa de radio Al sur de la semana da cadena COPE.

Perfil polémico[editar | editar a fonte]

En 2008, Rivera de la Cruz adoptou unha posición firme de apoio público[1][2] ás teses defendidas pola organización Galicia Bilingüe, que, entre outras pretensións, avoga pola derrogación inmediata da Lei de normalización lingüística, garante da igualdade de dereitos entre as linguas galega e castelá no territorio administrativo galego. A escritora luguesa foi unha das caras visíbeis que durante a campaña das eleccións ao parlamento de Galiza en 2009 se manifestou en favor do uso prioritario do castelán no ensino en detrimento do galego.

Obras[editar | editar a fonte]

Novelas[editar | editar a fonte]

  • El Refugio (1996; Gañadora do II Premio Novela Corta Joven y Brillante 1996).
  • Que veinte años no es nada (Algaida Editores, 1998; Gañadora do II Premio Ateneo Joven de Sevilla de Novela 1998).
  • Linus Daff, inventor de historias (Plaza y Janés, 2000).
  • Viajar a Chipre (Plaza y Janés, 2000).
  • Hotel Almirante (Espasa-Calpe, 2002).
  • En tiempo de prodigios (Planeta, 2006; Finalista del Premio Planeta 2006).
  • La importancia de las cosas (Planeta, 2009).

Ensaios[editar | editar a fonte]

  • Fiestas que hicieron historia (Temas de Hoy, 2001).
  • Tristezas de amor (Espasa-Calpe, 2003).
  • Grandes de España (Aguilar, 2004).

Outras colaboracións[editar | editar a fonte]

  • "El beso del andén" (Imagine, 2001; Conto na antoloxía Sobre raíles).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Marta Rivera de la Cruz apoia a Galicia bilingüe"". gznacion.com. 19 de abril de 2008. [Ligazón morta permanente].
  2. "Carta de apoyo de Marta Rivera de la Cruz". Galicia Bilingüe (en castelán). Consultado o 05 de decembro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]