Thomas Jefferson: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
LucienBOT (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (bot Engadido: an:Thomas Jefferson
Sen resumo de edición
Liña 23: Liña 23:
De [[1797]] a [[1800]] ocupou a vicepresidencia baixo o [[Federalismo|federalista]] [[John Adams]]. As eleccións dese ano (1800) produciron unha rotunda vitoria para o [[Partido Republicano]]. O Congreso elixiuno terceiro presidente dos [[EUA]] ([[1801]]-[[1804]]), cargo para o que foi reelixido ([[1805]]-[[1809]]).

A súa importancia na historia vén dada por que foi o principal autor da [[Declaración de Independencia dos Estados Unidos]] de [[1776]]. Jefferson foi un dos ''Pais Fundadores'' máis influíntes, coñecido pola súa promoción dos ideais do [[republicanismo]] e do [[liberalismo]] nos [[Estados Unidos]]. Visulizou a América como a forza detrás dun gran "imperio da liberdade" <ref>Robert W. Tucker, e David C. Hendrickson, ''Empire of Liberty: The Statecraft of Thomas Jefferson'' (1990)</ref> que promovese a [[democracia]] e a loita contra o [[imperialismo]] británico.
A súa importancia na historia vén dada por que foi o principal autor da [[Declaración de Independencia dos Estados Unidos de América]] de [[1776]]. Jefferson foi un dos ''Pais Fundadores'' máis influíntes, coñecido pola súa promoción dos ideais do [[republicanismo]] e do [[liberalismo]] nos [[Estados Unidos]]. Visulizou a América como a forza detrás dun gran "imperio da liberdade" <ref>Robert W. Tucker, e David C. Hendrickson, ''Empire of Liberty: The Statecraft of Thomas Jefferson'' (1990)</ref> que promovese a [[democracia]] e a loita contra o [[imperialismo]] británico.

Os principais acontecementos que tiveron lugar durante a súa presidencia inclúen a Compra da [[Luisiana (Nova Francia)|Luisiana]] ([[1803]]) e a [[Expedición de Lewis e Clark]] ([[1804]]-[[1806]]), así como a escalada de tensións con [[Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda|Gran Bretaña]] e [[Primeiro Imperio francés|Francia]], que conduciron á guerra con Gran Bretaña en [[1812]], despois de deixar o cargo.

Revisión como estaba o 11 de maio de 2011 ás 22:06

Modelo:Infpolitico

Thomas Jefferson, nado en Shadwell (Virginia) o 13 de abril de 1743 e finado en Charlottesville (Virginia) o 4 de xullo de 1826, foi o segundo vicepresidente e o terceiro presidente dos Estados Unidos.

Foi embaixador en Francia de 1785 a 1789. Secretario de Estado (ministro de Exteriores) de Washington de 1790 a 1793, cargo do que demitiu polas súas desavinzas con Alexander Hamilton.

De 1797 a 1800 ocupou a vicepresidencia baixo o federalista John Adams. As eleccións dese ano (1800) produciron unha rotunda vitoria para o Partido Republicano. O Congreso elixiuno terceiro presidente dos EUA (1801-1804), cargo para o que foi reelixido (1805-1809).

A súa importancia na historia vén dada por que foi o principal autor da Declaración de Independencia dos Estados Unidos de América de 1776. Jefferson foi un dos Pais Fundadores máis influíntes, coñecido pola súa promoción dos ideais do republicanismo e do liberalismo nos Estados Unidos. Visulizou a América como a forza detrás dun gran "imperio da liberdade" [1] que promovese a democracia e a loita contra o imperialismo británico.

Os principais acontecementos que tiveron lugar durante a súa presidencia inclúen a Compra da Luisiana (1803) e a Expedición de Lewis e Clark (1804-1806), así como a escalada de tensións con Gran Bretaña e Francia, que conduciron á guerra con Gran Bretaña en 1812, despois de deixar o cargo.

Referencias

  1. Robert W. Tucker, e David C. Hendrickson, Empire of Liberty: The Statecraft of Thomas Jefferson (1990)

Véxase tamén

Predecesor:
John Jay
 Secretario de Estado dos Estados Unidos de América 
1790 - 1793
Sucesor:
Edmund Randolph
Predecesor:
John Adams
 Vicepresidente dos Estados Unidos de América 
1797 - 1801
Sucesor:
Aaron Burr
Predecesor:
John Adams
 Presidente dos Estados Unidos de América 
1801 - 1809
Sucesor:
James Madison

Modelo:Link FA Modelo:Link FA Modelo:Link FA