Músculo abdutor longo do polgar: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
{{Músculos do membro superior}}
Sen resumo de edición
Liña 5: Liña 5:


== Función ==
== Función ==
Abduce o [[dedo polgar]], ao abducir a articulación entre o primeiro metacarpiano e o [[carpo|trapecio]]. Tamén funciona coma extensor acesorio do [[dedo polgar]].
Abduce o [[dedo polgar]], ao abducir a articulación entre o primeiro metacarpiano e o [[carpo|trapecio]]. Tamén funciona coma extensor accesorio do [[dedo polgar]].


== Inervación ==
== Inervación ==

Revisión como estaba o 20 de abril de 2011 ás 22:56

O músculo abdutor longo do polgar é un músculo do membro superior humano pertencente ao compartimento posterior do antebrazo.

Orixe e insercións

A súa orixe áchase na superficie posterior das partes proximais de radio e cúbito e extende febras á membrana interósea. O seu tendón aparece entre o músculo extensor dos dedos e o músculo extensor radial curto do carpo, para inserirse na superficie lateral da base do primeiro metacarpiano. O tendón forma parte do bordo lateral da tabaqueira anatómica no pulso.

Función

Abduce o dedo polgar, ao abducir a articulación entre o primeiro metacarpiano e o trapecio. Tamén funciona coma extensor accesorio do dedo polgar.

Inervación

É inervado polo nervio interóseo posterior.