Convergència Democràtica de Catalunya: Diferenzas entre revisións
Liña 30: | Liña 30: | ||
== Coalición con UDC == |
== Coalición con UDC == |
||
En abril de 1978 celebrouse o V Congreso, no que |
En abril de 1978 celebrouse o V Congreso, no que se aproba un ideario nacionalista de contido socialdemócrata para tratar de constituírse en alternativa de centro-esquerda. Así, en maio absorbeu a [[Esquerra Democràtica de Catalunya]] (EDC), o que supón o ingreso no partido de [[Ramon Trias Fargas]] [[Macià Alavedra]] e [[Joan Guitart]]. Do mesmo xeito, o [[Partit Socialista de Catalunya-Reagrupament|PSC-Reagrupament]] preferiu unirse co [[Partit Socialista de Catalunya-Congrés|PSC-Congrés]] para formar o [[Partit dels Socialistes de Catalunya]] (PSC-PSOE). |
||
O [[19 de setembro]] de [[1978]] |
O [[19 de setembro]] de [[1978]] coaligouse con [[Unió Democràtica de Catalunya]] formando "[[Convergència i Unió]]", alianza que o [[2 de decembro]] de [[2001]] se transformou en federación. CiU gañou as primeiras [[Eleccións ó Parlamento de Cataluña (1980)|eleccións autonómicas de Cataluña en 1980]] e gobernou de xeito continuado até o [[2003]]. [[Miquel Roca i Junyent]] participou na elaboración da [[Constitución Española de 1978]], que consideraba como un marco non rematado, dinámico, ambiguo e susceptible de diversas interpretacións. Nas [[eleccións xerais españolas de 1979]] a coalición CiU obtivo 484.154 votos, o que se traduciu en 8 deputados e un senador, que nas [[eleccións xerais españolas de 1982]] aumentaron a 772.673 votos (12 deputados e 5 senadores). |
||
No VII Congreso celebrado en 1985 |
No VII Congreso celebrado en 1985 foi aprobada unha nova estratexia. [[Miquel Roca]] fundou a nivel español o [[Partido Reformista Democrático]] (PRD) de carácter centrista, para participar na política global española (nomeada ''operación Roca''). Nas [[eleccións xerais españolas de 1986]] CiU conseguiu 1.012.054 votos, 18 deputados e 8 senadores, mais o PRD tan só 194.538 e ningún escano. Así e todo, no VIII Congreso de CDC Jordi Pujol foi elixido presidente e Miquel Roca continúa como secretario xeral até o IX Congreso de 1992. |
||
Co retiro de Pujol, [[Artur Mas]] foi proclamado candidato de CiU ([[2002]]). A candidatura da federación foi a que obtivo o maior número de deputados nas [[eleccións ó Parlamento de Cataluña (2003)|eleccións ó Parlamento de Cataluña 2003]] e [[Eleccións ó Parlamento de Cataluña (2006)|2006]], pasando á oposición pola formación do |
Co retiro de Pujol, [[Artur Mas]] foi proclamado candidato de CiU ([[2002]]). A candidatura da federación foi a que obtivo o maior número de deputados nas [[eleccións ó Parlamento de Cataluña (2003)|eleccións ó Parlamento de Cataluña 2003]] e [[Eleccións ó Parlamento de Cataluña (2006)|2006]], pasando á oposición pola formación do pacto [[tripartito]] entre [[PSC]], [[ERC]] e [[ICV]]. |
||
No [[2006]] absorbeu ó [[Bloc Català]], pasando a ser [[Cataluña Norte]] o primeiro territorio |
No [[2006]] absorbeu ó [[Bloc Català]], pasando a ser [[Cataluña Norte]] o primeiro territorio fóra da [[Comunidade Autónoma de Cataluña]] onde se organiza. A súa organización xuvenil é a [[Joventut Nacionalista de Catalunya]]. |
||
== Véxase tamén == |
== Véxase tamén == |
Revisión como estaba o 18 de novembro de 2010 ás 12:47
Convergència Democràtica de Catalunya (CDC) | |
---|---|
Partido político de Cataluña (Norte e Sur) | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Jordi Pujol i Soley (Presidente) Artur Mas i Gavarró (Secretario Xeral) |
Mocidades | Joventut Nacionalista de Catalunya |
Historia | |
Fundación | 1978 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Nacionalismo catalán Centrismo Liberalismo |
Representación | |
Representación | 10 diputados (de 350) no Congreso dos Deputados español |
Outros datos | |
Sede | C/ Còrsega, 331-333, 08037 Barcelona |
Publicación | Full Informatiu |
Na rede | |
www.convergencia.cat | |
Convergència Democràtica de Catalunya (CDC) é un partido político liberal progresista e nacionalista catalán fundado en 1974 nunha asemblea celebrada en Monserrat o 17 de novembro, aínda que non se constituíu como partido ata 1976, Jordi Pujol o seu carismático lider foi elixido secretario xeral mentres Miquel Roca tiña o posto de secretario xeral adxunto. Participou nas primeiras eleccións democráticas dentro do Pacte Democràtic per Catalunya. Esquerra Democràtica de Catalunya de Ramón Trias integrouse en CDC en 1978 e nese ano formou unha coalición con Unió Democràtica de Catalunya denominada Convergència i Unió (CIU), alianza que se mantén como federación, e que é a que se presenta ás eleccións. En 1989 Jordi Pujol pasou a ser o presidente de CDC e Miquel Roca o secretario xeral. Entre 1996 e o 2000 o seu secretario xeral foi Pere Esteve e desde entón éo Artur Mas, o candidato á presidencia da Generalitat por CIU.
CIU gañou as primeiras eleccións autonómicas de Cataluña en 1980 e o goberno catalán tivo como partido maioritario a CDC ata o 2003.
Ideoloxía
Convergència Democràtica de Catalunya defínese como un partido liberal progresista e nacionalista catalán. Malia declararse nos seus comezos de centro-esquerda, cos anos evolucionou cara a posicións máis conservadoras. De feito, considerouse a Jordi Pujol influído ideoloxicamente polo personalismo francés de Emmanuel Mounier, polo espiritualismo de Enric Prat de la Riba e o misticismo de Raimon Galí i Herrera, conectando nacionalismo e cristianismo (Charles Péguy) e dándolle importancia á responsabilidade e á ética (Antoine de Saint-Exupéry), co fin de elaborar un nacionalismo humanista e ético.
Fundación
O partido foi fundado na I Asemblea fundacional no Santuari de la Mare de Déu de Montserrat o 15 de novembro de 1974, nunha reunión semiclandestina aproveitando o 75 aniversario do FC Barcelona, organizada por Miquel Sellarès i Perelló e Miquel Esquirol. Nela participaron 125 persoas, entre elas Joan Granados i Duran, Marc Teixonera, Jordi Pujol i Soley e Anton Cañellas, alén dun grupo de persoas próximas a Jordi Pujol, como Jaume Casajoana, Xavier Polo, Rafael Pradas, Oriol Panyella e Lluís Maria Sunyer. A maioría eran profesionais independentes, algúns sindicalistas e membros de movementos confesionais próximos a UDC. Na reunión Jordi Pujol definiu fer país como a formar unha determinada moral, transformar as mentalidades e construír a colectividade catalá, reformar a lingua, expandir a cultura catalá, reformar as tradicións e crear unha nova mentalidade económica. A reunión remata co apoio á defensa da democracia e da liberdade, así como á participación social, ó autogoberno e á proxección europea de Cataluña.
Legalización
En xaneiro de 1975 Jordi Pujol deu unha conferencia en ESADE, onde convidou os seus partidarios a facer política. Así, para xuño adhírense á Asemblea de Cataluña e en novembro celebran a II Asemblea, onde se decide pactar con Convergència Socialista de Catalunya para faceren unha pinza á hora de negociaren co goberno central. En decembro de 1975 ingresan no Consell de Forces Polítiques de Catalunya.
O 16 de xaneiro de 1976 constituíuse como partido político, da unión do Grup d'Acció al Servei de Catalunya de Jordi Pujol i Soley, do Grup d'Independents de Miquel Roca i Junyent e do grupo Acció Obrera. Para marzo celebraron a III Asemblea, onde se aprobou un programa socialdemócrata de centro esquerda e nacionalista. Jordi Pujol foi elixido secretario xeral e Miquel Roca secretario xeral adxunto. O ideario do partido abandona o federalismo para centrarse no feito nacional e no dereito de autodeterminación, coa pretensión de converterse no referente do nacionalismo catalán.
En xaneiro de 1977 celébrase o IV Congrés, no que se decide a presentarse ás primeiras eleccións democráticas xerais españolas, o 15 de xuño de 1977 forma parte da coalición Pacte Democràtic per Catalunya, xunto con Esquerra Democràtica de Catalunya (EDC) de Ramon Trias Fargas e o PSC-Reagrupament de Josep Verde i Aldea, recibindo tamén o apoio do Front Nacional de Catalunya e de Estat Català. A coalición obtivo 522.060 votos, 11 deputados e 5 senadores. Jordi Pujol e Pere Pi-Suñer incorpóranse ó Consello Executivo da Generalitat Provisional de Josep Tarradellas, que voltara do exilio para reactivar as institucións.
Coalición con UDC
En abril de 1978 celebrouse o V Congreso, no que se aproba un ideario nacionalista de contido socialdemócrata para tratar de constituírse en alternativa de centro-esquerda. Así, en maio absorbeu a Esquerra Democràtica de Catalunya (EDC), o que supón o ingreso no partido de Ramon Trias Fargas Macià Alavedra e Joan Guitart. Do mesmo xeito, o PSC-Reagrupament preferiu unirse co PSC-Congrés para formar o Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC-PSOE).
O 19 de setembro de 1978 coaligouse con Unió Democràtica de Catalunya formando "Convergència i Unió", alianza que o 2 de decembro de 2001 se transformou en federación. CiU gañou as primeiras eleccións autonómicas de Cataluña en 1980 e gobernou de xeito continuado até o 2003. Miquel Roca i Junyent participou na elaboración da Constitución Española de 1978, que consideraba como un marco non rematado, dinámico, ambiguo e susceptible de diversas interpretacións. Nas eleccións xerais españolas de 1979 a coalición CiU obtivo 484.154 votos, o que se traduciu en 8 deputados e un senador, que nas eleccións xerais españolas de 1982 aumentaron a 772.673 votos (12 deputados e 5 senadores).
No VII Congreso celebrado en 1985 foi aprobada unha nova estratexia. Miquel Roca fundou a nivel español o Partido Reformista Democrático (PRD) de carácter centrista, para participar na política global española (nomeada operación Roca). Nas eleccións xerais españolas de 1986 CiU conseguiu 1.012.054 votos, 18 deputados e 8 senadores, mais o PRD tan só 194.538 e ningún escano. Así e todo, no VIII Congreso de CDC Jordi Pujol foi elixido presidente e Miquel Roca continúa como secretario xeral até o IX Congreso de 1992.
Co retiro de Pujol, Artur Mas foi proclamado candidato de CiU (2002). A candidatura da federación foi a que obtivo o maior número de deputados nas eleccións ó Parlamento de Cataluña 2003 e 2006, pasando á oposición pola formación do pacto tripartito entre PSC, ERC e ICV.
No 2006 absorbeu ó Bloc Català, pasando a ser Cataluña Norte o primeiro territorio fóra da Comunidade Autónoma de Cataluña onde se organiza. A súa organización xuvenil é a Joventut Nacionalista de Catalunya.