Saltar ao contido

Iniciativa per Catalunya Verds

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «ICV»)
 Iniciativa per Catalunya Verds
 Nome curto
   ICV (ca)   Editar o valor en Wikidata
Logotipo
 Instancia de
 Cargo dirixente
Características
 Posición política
Implicados
 Organización xuvenil
Datas
 Fundación / creación
23 de febreiro de 1987 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
2019 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Sucedido por
Esquerra Verda (pt) Traducir (2021 - ) Editar o valor en Wikidata
 Substituído por
Esquerra Verda (pt) Traducir (2021 - ) Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Número de membros
3.866 (2016)
3.917 (2015)
4.069 (2014)
4.127 (2013)
4.209 (2012)
4.237 (2011)
4.285 (2010)
4.249 (2009)
4.215 (2008)
3.338 (2007)
3.067 (2006)
2.543 (2005)
2.412 (2004) Editar o valor en Wikidata
 Ingresos totais
   3.494.159,27 € (2015) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 País
Códigos e identificadores
VIAF137646810 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/029tss Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: IniciativaperCatalunyaVerds Twitter: iniciativa Instagram: iniciativaverds Youtube: UCwOGxpQBTDGEgIHdhaRAv5g Pinterest: iniciativaverds Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Iniciativa per Catalunya Verds (ICV) foi un partido político ecosocialista catalán que tiña a súa orixe en Iniciativa per Catalunya (IC), unha federación de partidos formada en 1987 polo Partit Socialista Unificat de Catalunya, Entesa dels Nacionalistes d'Esquerra e o Partit dels Comunistes de Catalunya que incorporou personalidades independentes procedentes dos movementos sociais e que pretendía reorganizar o antigo espazo comunista catalán e abrirse ós novos movementos sociais, mantiña acordos electorais e parlamentarios con Izquierda Unida. O seu primeiro dirixente foi Rafael Ribó que procedía do partido maioritario, o PSUC.

Preséntase desde 2003 xunto con Esquerra Unida i Alternativa ás eleccións ao Parlamento de Cataluña (ICV-EUiA).

Características

[editar | editar a fonte]

O discurso da coalición, afastado do comunismo clásico provocou tensións no seu interior e en 1989 o PCC deixou IC, entrementres o PSUC e ENE van cedendo progresivamente a súa soberanía a IC converténdose de feito nun partido político.

En 1995 IC formou con Els Verds (Confederació Ecologista de Catalunya) e o PCC a coalición Iniciativa per Catalunya-Els Verds (IC-V). En 1997 o PCC abandonou a coalición e xunto un sector do PSUC oposto á súa disolución escindido, o PSUC-viu, formou Esquerra Unida i Alternativa que se vinculou a Izquierda Unida, o que provocou que IC dera por finalizados os acordos que mantiña con IU.

Dirixido por Joan Saura, no ano 2002 xa como partido político pasou a denominarse Iniciativa per Cataluña Verds. No 2004 incorporouse a ICV Els Verds-Esquerra Ecologista.

ICV participa no actual goberno catalán, ten 8 deputados no Parlamento de Cataluña e ten representación no Congreso dos Deputados, no Senado e no Parlamento Europeo, 20 alcaldes e 400 concelleiros foron elixidos nas listas de ICV.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]