Front Nacional de Catalunya (FNC) foi unha organización política catalá fundada en Perpiñán como fronte patriótica de organizacións políticas nacionalistas catalás no exilio tras a guerra civil española.
A FNC reivindicaba o dereito á autodeterminación, organizou unha sección militar no interior que foi desartellada pola policia en 1946. En 1947 Estat Català retírouse da fronte. En 1960 a FNC definiuse como socialista e na procura da independencia dos países cataláns. En 1968 produciuse a escisión dunha parte da militancia que fundou o Partit Socialista d'Alliberament Nacional. A FNC tivo escaso protagonismo durante a transición e disolveuse formalmente en 1982.