Saltar ao contido

O hobbit: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: cy:The Hobbit
Liña 78: Liña 78:


{{Link FA|es}}
{{Link FA|es}}
{{Link FA|fr}}
{{Link FA|hu}}
{{Link FA|hu}}



Revisión como estaba o 1 de outubro de 2010 ás 22:37

O hobbit
O outeiro de Hobbiton, onde está a casa de Bilbo Bulseiro
Título orixinalThe Hobbit
Autor/aJ. R. R. Tolkien
Ilustrador/aJ. R. R. Tolkien
OrixeReino Unido
LinguaInglés
Xénero(s)Novela
EditorialEdicións Xerais
Data de pub.1937 (en galego no 2000)
ISBN84-8302-495-0
Seguido porO Señor dos Aneis
Na rede
BNE: XX2035645
editar datos en Wikidata ]

O Hobbit, conto longo de J. R. R. Tolkien, foi publicado o 21 de setembro de 1937. Iniciado entre os anos 1930 e 1931, esta obra de corte infantil, é a primeira que sae á luz pública onde Tolkien explora o universo mitolóxico da Terra Media que máis tarde definirán O Señor dos Aneis e O Silmarillion, perfilándose algúns dos personaxes que logo participarán de forma moi activa en O Señor dos Aneis, como Gandalf ou Bilbo.

Argumento

Moradas dos hobbit

A historia sitúase cronoloxicamente no ano 2941 da TI, poucas decenas de anos antes das aventuras d' O Señor dos Aneis. Narra a viaxe dun hobbit chamado Bilbo Bulseiro (tío de Frodo, un dos protagonistas principais d' O Señor dos Aneis), ó que non lle gustan as aventuras, á Montaña Solitaria en busca do tesouro roubado polo dragón Smaug anos atrás. Todo comeza un inesperado día no que Bilbo recibe a visita de Gandalf o Gris xunto con 13 ananos, entre os que se atopa Thorin Escudo de Carballo, descendente dos propietarios do tesouro roubado. Algúns dos feitos narrados n' O Hobbit influirán nos acontecementos posteriores d' O Señor dos Aneis, como o achado do Anel, que estaba en mans da criatura Gollum, e o seu traslado á Comarca.

Análise

Se ben a análise da obra leva invariablemente á confrontación coa súa "irmá maior", O Señor dos Aneis, non é posible facer unha comparación entre elas, xa que o ton e estilo son completamente distintos, pois estaba destinado por completo a un público infantil. De feito, a obra foi escrita nun principio para os seus fillos, e foi o fillo do editor George Unwin, de dez anos, quen por unha paga (un chelín), escribiu un resumo da obra e aconsellou a súa edición; ese "informe" aínda pode ser consultado.

Debido a que Tolkien non sempre tivo claro o realizar unha continuación desta obra, unha vez creado o Señor dos Aneis, tivo que realizar algúns cambios coa intención de que ambas obras tiveran a coherencia adecuada.

Personaxes principais

Nome Raza Resumo
Bilbo Bulseiro Hobbit Nacido no ano 2980 da Terceira Idade do Sol, Bilbo é fillo de Bungo Bulseiro e Belladonna Tuc. É o protagonista da novela.
Gandalf Maia Chamado Olórin en Aman, foi enviado á Terra Media na Terceira Idade do Sol xunto a outros catro maiar que formaron a Orde dos Istari, cuxo obxectivo era combater a Sauron e protexer del os habitantes da Terra Media. O elfo Círdan, que foi testemuña da sua chegada, entregoulle un dos tres aneis élficos, Narya. Fixo numerosas viaxes e tratou de coñecer todos os pobos da Terra Media, feito que o conduciu á Comarca e a Bilbo, desencadeando así a historia narrada n`O hobbit.
Thorin Anano Fillo de Thráin II e irmán maior de Frerin e Dís, naceu no ano 2746 da Terceira Idade do Sol. Loitou xunto ao seu pobo na batalla de Azanulbizar, onde gañou o alcuño Escudo de carballo por ter combatido e terse defendido coa póla dun carballo. Tras a derrota dos ananos acompañou a seu pai até as Montañas Azuis e, cando este morreu nos calabouzos de Dol Guldur, converteuse no novo rei.
Smaug Dragón É un dos dragóns alados que vivían nas Montañas Grises. Ao ouvir noticias sobre as riquezas de Erebor dirixiuse ao reino, destruíu Esgaroth e expulsou os ananos. Coas xemas do tesouro acoirazou o peito e o ventre do seu corpo.
Ficheiro:Smaug in the lake.jpg
Representación do dragón Smaug caendo ao lago tras atacar Esgaroth

Véxase tamén

Bibliografía

Edición en galego

Bibliografía analítica

  • El Hobbit: Guía de Lectura, por J. R .R. Tolkien. Guía de lectura realizada por Paola Castagno e Leandro Pascual. Editorial: Espasa-Calpe, colección Austral.

Outros artigos

Modelo:Link FA Modelo:Link FA Modelo:Link FA